"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

Mostrando entradas con la etiqueta Mónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mónica. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de junio de 2010

ÍTACA. MINICRONOPIOS MARIÑOS: O MONSTRO MARIÑO DE VERA



O MONSTRO MARIÑO DE VERA
 
POLAS ORELLAS BOTA GLOBOS PARA VERA E PARA NAIRA.
TEN UNHA GORRA NA CABEZA QUE CANDO ESTÁ NO MAR LLE CAE. TAMÉN TEN UN CHICHO PARA AGUANTAR, COMA TEÑO EU (VERA).
TEN UN MANDILÓN DE REDE, COMA EU.
COME OUTROS MONSTROS MARIÑOS.
É PEQUENIÑO E BUENIÑO.


O leaozinho - Caetano Veloso






Intermedio publicitario: Polifemo e Galatea


ODILON REDON: Polifemo e Galatea

A estas alturas xa sabedes que adoro os AMORES IMPOSIBLES: Casiopeos e Sereas, Batracios e Princesas,Artistas e Seres de auga ,Amelies e Ninos, Anxos e Demos...

Non vos perdades o próximo serial titulado Polifemo e Galatea, baseado en feitos reais.

Neste periplo que acabo de realizar coa miña minitripulación, ademáis de sereas, gazafellos, aluxes e minicronopios, atopamos varios cíclopes.

Esta é a historia dun deles.(co permiso de Góngora , Cortázar e do mismísimo Polifemo)

Aquí vai un anticipo:

Me miras, de cerca me miras, cada vez más de cerca y entonces jugamos al cíclope, nos miramos cada vez más de cerca y nuestros ojos se agrandan, se acercan entre sí, se superponen y los cíclopes se miran, respirando confundidos... (capítulo VII, Rayuela)

Pero ata que empece este relato, aínda temos que ver algúns minicronopios máis.
Xa anunciei que isto é só publicidade.


facto delafe y las flores azules - gigante






viernes, 18 de junio de 2010

Capítulo IV: A VIAXE (1ª parte)





"Cando emprendas a túa viaxe cara a Ítaca

debes rogar que a viaxe sexa longa,

chea de peripecias, chea de experiencias.

Non has temer nin aos lestrigóns nin aos cíclopes,

nin á cólera do airado Poseidón".

Ítaca ; Konstantinos Kavafis (Grecia, 1863 – 1933)


As profesoras compañeiras de viaxe acordan con Malaguzzi, que traballar cos nenos/as deste xeito é unha tarefa con poucas certezas e moitas incertidumes. Trátase de desenvolver a capacidade creativa, deixalos ser eles mesmos, fomentar a súa autonomía.

O importante é a VIAXE, o proceso de realización, a investigación constante dos rapaces /as na búsqueda de solucións creativas. E as mestras, coas súas grandes orellas, escoitando , observando e guiando a estes nenos e nenas ,CAPACES de tomar decisións e de expresarse coas súas CEN LINGUAXES.

Deixando tódolos medos es as inseguridades en terra, ¡aí vamos! ,en busca de cíclopes, gazafellos, lestrigóns, aluxes,sereas, cronopios e minicronopios





martes, 15 de junio de 2010

Capítulo III : NO FONDO DO MAR, MATARILERILERILE, NO FONDO DO MAR, MATARILERILERÓN...





Antes de empezar a crear, somerxímonos nos fondos mariños e deleitámonos coas augamares, as estrelas de mar, os corais, as sereas , os aluxes , os gazafellos (que son gamusinos galegos) , os cronopios e os minicronopios...

Len contos, ven películas, proxéctanse imaxes relacionadas co mar.

Previo ó traballo coas texturas, debuxan criaturas mariñas, deseñan murais, familiarízanse cos novos materiais, modelan, pintan augamares, cunchas e peixes.
Xa desde o comezo non paran de investigar, curiosar e descubrir.






Debussy, Claude - Arabesque No 1






Capítulo II: VENTO EN POPA A VELA CHEA...

Comeza a aventura.
Metida xa de cheo no meu papel de Capitana Atelierista , Serea Capitana ou Acróbata de Chagall, desprego a carta mariña e poño rumbo ó noso destino.

O vento é favorable , as velas inchadas e o ánimo entusiasta.

PROPOÑO unha viaxe artística a través dos sentidos.











AFIRMO que o gran problema do noso sistema educativo é o de primar ó hemisferio esquerdo ( verbal, racional , temporal, análitico, lóxico) descoidando o outro medio (intuitivo, holístico,irracional,atemporal,subxectivo)

SOSTEÑO que non se pode expresar artísticamente nada que antes non pasara pola percepción sensorial, que é necesario estimular a sensibilidade dos nenos, que deberíamos darlle maior protagonismo o noso hemisferio dereito, que temos que crear e cultivar a atmosfera que propicie a creación artística.



SUXIRO traballar coa realidade máis cercana a eles e a min : O MAR.
O MAR A TRAVÉS DOS SENTIDOS.

As mestras levan ós nenos a praia para que ulan, vexan, toquen e escoiten o mar.




ANIMO a realizar exercios de relaxación cos ollos tapados para que escoiten , toquen e ulan diversas realidades mariñas e agudicen así , a súa percepción antes de emprender a aventura creativa.





TACTO E VISTA serán os dous sentidos protagonistas no noso traballo (TEXTURAS E COR)

Ilustracións de Aka Louise (El baúl que no tenía mi abuela)
Fotografías das profesoras que traballaron no proxecto.


Yann Tierssen - El otro vals de Amelie






martes, 8 de junio de 2010

PRÓLOGO :DIÁLOGO ARTÍSTICO COS TOLOS BAIXIÑOS DO PAÍS DE NUNCA XAMAIS


Ilustracións de Deco, artista italiano, ilustrador e debuxante de cómics. (El baúl que no tenía mi abuela http://klimtbalan.blogspot.com/)

Dedicado as profesoras e os nenos e nenas protagonistas deste proxecto, con todo o meu respeto e admiración porque están creando unha NOVA ESCOLA que xa non separa a cabeza do corpo.
Parabéns.







Vouvos contar unha experiencia marabillosa que tiven a sorte de vivir este curso.

Sábado pola tarde do mes de outubro .

- RRRRRINGGGGGGG...

- Sí?

- Ola, está Mónica?

- Sí , son eu.


-Ola eu son Chefa, profesora de infantil.
Estamos formando un grupo de traballo para realizar un proxecto no que necesitamos contactar cun /cunha artista, que nos asesore. ¿Gustaríache?

-SÍ, pero eu non son ARTISTA, senón SEREISTA, fago sereas. ¿vale igual?.

-Por suposto.

-Moi ben. Estamos en contacto. Chao

- Chao.

¡Ufff!, non teño nin idea no que me acabo de meter, pero seguro que ha de traer algo bo.


E como todo o que chega así, inesperadamente , cun rumor de cascabeis, e arrecendo a lavanda recén cortada, trouxo moitas cousas, moitas sensacións, moitos descubrimentos, moitas satisfaccións...

Xa non había marcha atrás. O barco estaba a punto de partir, e eles , os tolos baixiños, agardaban , con ansiedade, a que eu fora a súa capitana.






Vainica Doble - Nana en Re






jueves, 3 de junio de 2010

O FARO DE ALEXANDRÍA









(Mónica : Faro (¿l?) coa lúa)

martes, 25 de mayo de 2010

É ELA. É LAILA _LILAS


É Ela .
É Laila_lilas.
Leliadoura, Cronopia e Contadora de historias.
Como a serea Mariña, pertence a unha antiga estirpe de narradores emparentados con Sherezade. Pero Ela non é serea , senón muller que soña con transformarse en Cronopia algún día.

Laila_lilas non podía faltar neste "CADERNO DE ANOTAR A VIDA". Somos moi distintas pero un día descubrimos que sabíamos de memoria os mesmos parágrafos de Rayuela . Iso uniunos para sempre.

Ela non escribe, fai encaixe de palillos coas palabras. Ler a miña amiga é un pracer comparable a comer chocolate: é delicioso e engorda...a sensibilidade.

Só traballamos xuntas unha vez: hai tres anos fíxenlle este cartel para presentar o seu novo libro .

Agardo poder ilustrar algunha das súas historias no futuro.


"Sou eu

Sou fraca, as estações abanam-me e levam-me a onde querem. Se é outono amorrinho no sofá com copa de vinho, talvez charuto e sempre livro. Um espectáculo, um quadro, um tópico mais duma vida cheia de tópicos. Se é inverno faço o mesmo mas com um cobertor encima. E no canto de copo de vinho farto-me de antidepressivo chocolate.

Na primavera, a gente sabe, é um vir e ir continuo. Uns dias no cumio do monte, a gritar a felicidade porque não cabe dentro; outros, fazendo mergulho pola nostalgia e lamentando ter o que tenho e não ter o que desejo. Outro quadro tão parecido consigo mesmo. Outro tópico de entre os tópicos.

Sou forte, dou-lhe sempre a volta as estações. Sou capaz de gritar a felicidade no inverno e amorrinhar no verao. Apanhar a nostalgia aí bem onde lhe doi, olhá-la bem enfrente com a confiança que dão os muitos anos compartidos e ensinar-lhe os dentes. Não lhe tenho medo.

Sou tão predezível. Não é que sempre faça o mesmo ou que sempre tenha os mesmos pensamentos, dúvidas, confortos... Não. É que tenho o de toda a gente. Já li o roteiro em milheiros de filmes e em centos de livros. Já sei o que sucede. Agora são os 34 e toca sentir desta maneira, desfazer as malas por fim e guardar a roupa. Talvez deixar o saco-cama no carro para agarrar-me um tempo mais à juventude. Mas depois dos 34 virão os 35 e será... como toda a gente.

Não, não sou nada original. Mas olho-me no espelho e sou capaz de suster-me a olhada. Há algo nessa imagem que me satisfaz, algo de repetido, de visto, de predezível.

Sou eu... tão humana."

Se queredes comer máis chocolate : http://geografiaoral.blogs.sapo.pt/



Marful - Menina






martes, 18 de mayo de 2010

O ALBATROS




















L'Albatros

Souvent, pour s'amuser, les hommes d'équipage
Prennent des albatros, vastes oiseaux des mers,
Qui suivent, indolents compagnons de voyage,
Le navire glissant sur les gouffres amers.

À peine les ont-ils déposés sur les planches,
Que ces rois de l'azur, maladroits et honteux,
Laissent piteusement leurs grandes ailes blanches
Comme des avirons traîner à côté d'eux.

Ce voyageur ailé, comme il est gauche et veule!
Lui, naguère si beau, qu'il est comique et laid!
L'un agace son bec avec un brûle-gueule,
L'autre mime, en boitant, l'infirme qui volait!

Le Poète est semblable au prince des nuées
Qui hante la tempête et se rit de l'archer;
Exilé sur le sol au milieu des huées,
Ses ailes de géant l'empêchent de marcher.

— Charles Baudelaire

EL ALBATROS

Por distraerse, a veces, suelen los marineros
Dar caza a los albatros, grandes aves del mar,
Que siguen, indolentes compañeros de viaje,
Al navío surcando los amargos abismos.
Apenas los arrojan sobre las tablas húmedas,
Estos reyes celestes, torpes y avergonzados,
Dejan penosamente arrastrando las alas,
Sus grandes alas blancas semejantes a remos.
Este alado viajero, ¡qué inútil y qué débil!
Él, otrora tan bello, ¡qué feo y qué grotesco!
¡Éste quema su pico, sádico, con la pipa,
Aquél, mima cojeando al planeador inválido!
El Poeta es igual a este señor del nublo,
Que habita la tormenta y ríe del ballestero.
Exiliado en la tierra, sufriendo el griterío,
Sus alas de gigante le impiden caminar.


Judy Collins - Albatross








miércoles, 5 de mayo de 2010

BONECA- PATACA










Para Bea e Candela , que xunto con miña nai, inspiraron este microconto.

Miña nai foi unha nena da posguerra.
Anos da fame.
Cando era pequena os Reis Magos deixáronlle unha boneca feita cunha pataca.
Foi moita a inquietude que provocou nela aquela difícil decisión:

"¿Cómoa ou xogo con ela?"


Madeleine Peyroux - La vie en rose






jueves, 29 de abril de 2010

EPÍLOGO A HISTORIA XAMÁIS CONTADA DE MAN DE CAMELLE

OITO ANOS DESPOIS: GOLFO DE MÉXICO

N U N C A
M Á I S



martes, 20 de abril de 2010

CAPÍTULO X: NEGRA SOMBRA




LA VOZ DE GALICIA

* 14 de noviembre del 2002


TRAGEDIA EN EL MAR

Los tanques del «Prestige» pueden reventar al hundirse

La sombra de destrucción de la marea negra amenaza de nuevo las costas gallegas. Una vía de agua en el costado de estribor del petrolero de las Bahamas Prestige puso ayer de nuevo en estado de máxima alerta a los equipos de Salvamento Marítimo. El buque, que lanzó el SOS a las 15.15 horas a sólo 28 millas (50 kilómetros) al oeste del cabo Fisterra, amenaza con irse a pique en cualquier momento con las 77.000 toneladas de fuel que lleva en sus tanques. La carga podría llegar al litoral gallego si los tanques revientan tras el hundimiento, hipótesis que ha cobrado peso con el paso de las horas.



ALGÚNS SERES DE AUGA CONSEGUIMOS FUXIR CANDO A GRAN ONDA NEGRA CHEGOU.
MARUXAINA , NON.

QUEDOU ATRAPADA NAQUELA MASA PEGAÑENTA E VISCOSA.A SÚA COLA NON TIÑA FORZA BASTANTE PARA PODER FUXIR.TÓDOLOS INTENTOS DESESPERADOS DE MAN POR RESCATALA DAQUELA MORTE NEGRA FORON INÚTILES.

sábado, 17 de abril de 2010

CAPIÍTULO VII: DE PROFUNDIS

AQUELA MAÑÁ , MAN SOMERXEUSE NAS AUGAS COMO O VIÑA FACENDO DESDE QUE CHEGARA A CAMELLE.

ALÍ , NAS PROFUNDIDADES AGRADABÁMOLO NÓS, OS SEUS AMIGOS, ALIADOS E CONFIDENTES.

ALÍ, XUNTO A MIN, TAMÉN ESTABA ELA, A SEREA MUTILADA.

OLLÁRONSE, E DESDE ESE MOMENTO O SEU AMOR FOI TAN PROFUNDO COMO O SEU DESTINO.




jueves, 15 de abril de 2010

CAPÍTULO VI: O REINO DE MAN











MAN RECOLLÍA TODO O QUE MAR VOMITABA:CUNCHAS,PEDRAS,ESPIÑAS DE BALEAS,REDES,CORDAS,RESTOS DE NAUFRAXIOS,ESQUELETOS DE SEREAS...

CON TODO ISTO FOI CREANDO O SEU MUNDO, UN REINO ONÍRICO A IMAXE E SEMELLANZA DO SEU PLANETA DE ORIXE.
TAMÉN PINTABA OBSESIVAMENTE CÍRCULOS DE CORES NAS MEDIANEIRAS DAS CASAS, NOS BALOS OU NOS MONTES QUE RODEAN CAMELLE.
SEN DÚBIDA ERAN MENSAXES SECRETAS PARA OS SEUS IRMÁNS CASIOPEOS, POR SE ALGÚN ATERRABA NA COSTA DA MORTE.

miércoles, 14 de abril de 2010

CAPÍTULO IV: MAN E OS SERES DE AUGA




MAN INSTALOU O SEU REINO PECULIAR ENTRE O MAR E A TERRA, NAS ROCHAS DO PORTO DE CAMELLE, NUN ESPAZO DE TODOS ( SERES HUMANOS E MARIÑOS) E DE NINGUÉN.
ALÍ CONSTRUIU A SÚA CASA E CREOU A SÚA OBRA.

A SÚA RELACIÓN CON NÓS, OS SERES DA AUGA, SEMPRE FOI MOI BOA.
CABALIÑOS DE MAR, ESTRELAS, AUGAMARES, BALEAS E SEREAS FOMOS OS SEUS MELLORES AMIGOS, ALIADOS E CONFIDENTES. EU MESMA PRESENTEILLE Ó SEU ÚNICO E INFORTUNADO AMOR , A SEREA MARUXAINA.

TIÑA POR COSTUME SUMERXIRSE A DIARIO NAS FRÍAS AUGAS DO MAR DE CAMELLE, FOSE INVERNO OU VERÁN.SENTÍASE COMO PEIXE NA AUGA. FALABA O NOSO IDIOMA E MOVÍASE NO MUNDO SUMERXIDO COMO SE FOSE UN DE NÓS.O MEDIO MARIÑO FOI O GRAN INSPIRADOR DA SÚA OBRA.

lunes, 12 de abril de 2010

CAPÍTULO III: MAN DE CAMELLE


EU , MARIÑA, SER DE AUGA,VIN O QUE A MAIORÍA DOS HUMANOS NUNCA PODERÁ VER. MAN SURCOU O UNIVERSO PARA CHEGAR ATA AQUÍ.NAVEGOU POR ESA NEGRA NOITE ENXOIADA DE OLLOS QUE SON AS ESTRELAS. PROCEDÍA DUN PLANETA DA CONSTELACIÓN DE CASIOPEA.ESTO NON É NADA RARO. AS VISITAS DOS SERES DE FÓRA ESTÁN REXISTRADAS NOS LIBROS MÁIS ANTIGOS. OS AMORES ENTRE SERES MARIÑOS E SIDERAIS, TAMÉN.
DIN QUE OS PEIXES NON TEMOS MEMORIA, PERO MENOS TEÑEN OS HUMANOS QUE XA NON LEMBRAN AS ANTIGAS APARICIÓNS DE SERES DO ALÉN (¿ANXOS ?) NOS SEUS VIMANAS OU MER-KA-BAS.


MAN VIAXOU ATA AQUÍ EXCITADO POLAS NARRACIÓNS DOUTROS CASIOPEOS QUE LLE FALABAN DUN PLANETA AZUL MARABILLOSO (CHAMADO TERRA E NON AUGA COMO SERÍA O NATURAL) ,UN PLANETA CHEO DE VIDA ,DE SERES DIVERSOS E FASCINANTES TAN ENTRELAZADOS ENTRE SÍ QUE SEMELLAN UN FERMOSO TAPIZ CHEO DE INFINITOS DETALLES.
O SEU ESPÍRITU AVENTUREIRO TROUXOO ATA AQUÍ.
CAMELLE FOI A SÚA ÍTACA E AQUÍ DECIDIU QUEDARSE.

PARA DISIMULAR A SÚA CONDICIÓN ALIENÍXENA, CHAMOUSE A SÍ MESMO MAN (O HOME UNIVERSAL). O SEU CORPO FOISE ADAPTANDO AS CONDICIÓNS DE VIDA NA TERRA .

A IMAXE QUE APARECE AQUÍ DELATA CLARAMENTE A SÚA VERDADEIRA NATUREZA.¿VEDES AS ÁS NAS SÚAS COSTAS?SON A PROBA IRREFUTABLE DA SÚA CONDICIÓN ALIENÍXENA.


CESAR ANTONIO MOLINA APÓRTANOS A SÚA VERSIÓN DE CÓMO NACEU ESTA IMAXE :

"Un día le invadieron su territorio. Las máquinas, para construir el muelle de abrigo, arrojaron hormigón y cemento. ¿Cómo podía luchar un artista contra estos monstruos? Se colocó pacíficamente delante de ellas, luego tumbó su cuerpo desnudo sobre la masa gris, aún blanda, y garabateó: Man (Hombre). ¿Puede existir alguna performance más inquietante, original y verdadera? Con este gesto Manfred construyó una obra maestra: su autorretrato y el autorretrato de la humanidad. Pocas obras de arte me emocionan tanto".

Man, un artista sin mérito
VIVIR SIN SER VISTO

domingo, 11 de abril de 2010

BÚSCASE



RESPONDE Ó NOME DE MARIÑA, MARIÑA DE SÁLVORA. DESAPARECIDA NA MADRUGADA DO DÍA 10 DE ABRIL.

METADE MULLER, METADE PEIXE.OLLOS VIOLETAS. A COR DOS SEUS CABELOS VARÍA EN FUNCIÓN DA LUZ: AZUIS, VERDES, LARANXAS...

É FUXIDÍA, FEITICEIRA.
AÍNDA QUE É UN SER DE AUGA, ADOITA TER SEMPRE MOITOS PAXAROS NA CABEZA. PERTENCE A UNHA ANTIGA ESTIRPE DE NARRADORES EMPARENTADOS CON SCHEREZADE. OS SEUS CANTOS E CONTOS ENGAIOLAN ÓS QUE OS ESCOITAN, DE XEITO QUE QUEDAN PARA SEMPRE ENCADEADOS.

SE ALGUÉN A VE, POR FAVOR, PÓÑASE EN CONTACTO COA CRONOPIA NAI.É MOI URXENTE.
NECESITAMOS SEGUIR ESCOITANDO A HISTORIA XAMAIS CONTADA DE MAN DE CAMELLE.


R E C O M P E N S A R A S E

BUSCANDO A MARIÑA DESESPERADAMENTE



- ¿Pasou por aquí a serea Mariña?
-Pois non, hai tempo que non a vemos.
-Vaia!. Deixounos sen rematar a historia de Man. ¿será posible?.Esta Mariña é tremenda...
En fin , non teño máis remedio que seguir buscandoa.
MARIÑAAAA....,MARIÑAAAA ¿ONDE ESTÁS?
VOLVE. NON NOS DEIXES ASÍ.
MARIÑAAAAAA

sábado, 10 de abril de 2010

CAPÍTULO II : MAN










MAN CHEGOU A CAMELLE ALÁ POLOS ANOS 60.A XENTE DO POBO DICÍA QUE O VERDADEIRO NOME DE MAN ERA MANFRED E QUE PROVIÑA DE ALEMAÑA.COMENTÁBASE QUE ERA MOI CULTO E DE FAMILIA ACOMODADA E QUE, CANDO CHEGOU, ERA UN HOME APARENTEMENTE CONVENCIONAL,QUE VESTÍA DE TRAXE E ÍA Á MISA OS DOMINGOS.

A XENTE DI TAMÉN QUE A CAUSA DA SÚA "LOUCURA" FOI O DESAMOR. TIÑA UNHA MOI BOA RELACIÓN COA MESTRA DO POBO QUE MÁIS TARDE CASOU CUN CAPITÁN DE BARCO. O DESENGANO E A DOR FOI TAN GRANDE QUE MAN DESAPARECEU UN TEMPO: SEGUNDO DIN AS XENTES, TOLEOU E FOISE A VIVIR Ó MONTE .CANDO REGRESOU Ó POBO, CUN ASPECTO TOTALMENTE DIFERENTE (CABELOS E BARBAS LONGAS E TAPARRABOS)INSTALOU O SEU REINO NAS ROCHAS DO PORTO DE CAMELLE.

EU, MARIÑA, A SEREA DE SÁLVORA, COÑEZO A OUTRA HISTORIA, A HISTORIA XAMAIS CONTADA .

OS SERES DA AUGA PODEMOS AFONDAR NA REALIDADE, DESCORRER O VEO DO APARENTE E IR MÁIS ALÁ.

CAPÍTULO I. COSTA DA MORTE .CAMELLE


GALLAECIA ESTÁ RODEADA DE MAR.
HAI UNHA LOITA PERMANENTE ENTRE A TERRA E O MAR. UNHA PARTE DESTA COSTA CHÁMASE "COSTA DA MORTE".FORON MOITOS OS NAUFRAXIOS (60 NAVÍOS EN POUCO MÁIS DE CEN ANOS) E SON MOITAS AS LENDAS E AS HISTORIAS MÍTICAS QUE XURDEN NESTES ACANTILADOS DO FIN DO MUNDO.

CIDADES SOLAGADAS COMO VALVERDE OU DUIO, FONTES DE AUGA SANADORA, PEDRAS CON PODERES MÁXICOS...

CAMELLE ESTÁ AQUÍ , NA COSTA DA MORTE.
AQUÍ CHEGOU MAN,COMO ULISES, DESPOIS DUN LONGO PERIPLO.