LALUNAQUESEMECETERNAMENTE. Fotografías de Manuel L.
Debuxos de Claudia.
Obras e delirios de Mónica.
Fotografías e debuxos orixinais polo tanto
NON SE PODEN UTILiZAR SEN CONSENTEMENTO DOS AUTORES.
"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade" C.G.Jung
“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”. “En consecuencia estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”. J.E. Cirlot
VIVE NO DEBAIXO DO MAR E CADA VEZ QUE SE LEVANTA VAI TOMAR O SOL Á AREA. LEVA POR DIANTE UN BABEIRO PARA CANDO COME CACAHUETES E ALGAS, AS ALGAS DOCES SON AS QUE MÁIS LLE GUSTAN. USA A COLA PARA COLLER PEIXES, CANDO PASAN POLO LADO ENRÓSCAA PARA CAZALOS. TEN MOITAS ALETAS POLA ESPALDA PARA QUE POIDA BUCEAR. POLOS LADOS TEN UNS BURATOS PARA QUE POIDA RESPIRAR DEBAIXO DA AUGA.
É UNHA SEREA QUE BOTA FUME VERMELLO POLO NARIZ.
POLOS LADOS E POR DIANTE TEN MOITAS BARRIGAS PORQUE COME MOITA AUGA. VIVE NA PRAIA E CANDO TEN SEDE OU FAME VAI AO MAR.
AS CUNCHAS DA ESPALDA ÚSAAS PARA FLOTAR.
É UNHA SERPE MARIÑA CON ÁS PARA QUE POIDA VOAR DENTRO DA AUGA. TEN DÚAS BOCAS E MAIS UNHA. AS GRANDES ÚSAAS PARA COMER TIBURÓNS. NECESITA DÚAS PARA COMER TIBURÓNS : GRANDES POR UNHA E PEQUENOS POR OUTRA. SE SÓ TIVESE UNHA, ESCAPARÍAN MOITOS TIBURÓNS. COA BOCA PEQUENA COME TIBURÓNS PEQUENOS. TEN UNHA BUFANDA PARA QUE NON TEÑA FRÍO DEBAIXO DO MAR. POR RIBA BOTA AUGA MOI, MOI ALTO E POLOS LADOS ESCUMA. E AO XUNTARSE FAI BURBULLAS, QUE LLAS BOTA AOS PEIXES, AOS NENOS E Á XENTE QUE BUCEA. BÓTALLES AS BURBULLAS PARA QUE ESCAPEN. PARA PESCAR ESTA SERPE MARIÑA HAI QUE COLLELA POLOS RULOS QUE TEN ATRÁS E ESTIRALOS. NO MAR HAI DEZ SERPES MARIÑAS, E A MIÑA É A NÚMERO UN.
POLAS ORELLAS BOTA GLOBOS PARA VERA E PARA NAIRA. TEN UNHA GORRA NA CABEZA QUE CANDO ESTÁ NO MAR LLE CAE. TAMÉN TEN UN CHICHO PARA AGUANTAR, COMA TEÑO EU (VERA). TEN UN MANDILÓN DE REDE, COMA EU. COME OUTROS MONSTROS MARIÑOS. É PEQUENIÑO E BUENIÑO.
A estas alturas xa sabedes que adoro os AMORES IMPOSIBLES: Casiopeos e Sereas, Batracios e Princesas,Artistas e Seres de auga ,Amelies e Ninos, Anxos e Demos...
Non vos perdades o próximo serial titulado Polifemo e Galatea, baseado en feitos reais.
Neste periplo que acabo de realizar coa miña minitripulación, ademáis de sereas, gazafellos, aluxes e minicronopios, atopamos varios cíclopes.
Esta é a historia dun deles.(co permiso de Góngora , Cortázar e do mismísimo Polifemo)
Aquí vai un anticipo:
Me miras, de cerca me miras, cada vez más de cerca y entonces jugamos al cíclope, nos miramos cada vez más de cerca y nuestros ojos se agrandan, se acercan entre sí, se superponen y los cíclopes se miran, respirando confundidos... (capítulo VII, Rayuela)
Pero ata que empece este relato, aínda temos que ver algúns minicronopios máis. Xa anunciei que isto é só publicidade.
" É UN CABALIÑO DE MAR QUE TEN MOITOS OLLOS PARA PODER VER TODOS OS PEIXES DO MAR.
TAMÉN TEN TRES BOCAS PORQUE TEN MOITA FAME E ASÍ PODE COMER TRES PEIXES Á VEZ.
AS MANS LLE SERVEN PARA COLLER PEIXES E POÑELOS NAS BOCAS.
TEN TRES PÉS PORQUE LLE GUSTA TER MOITOS. CON ELES PISA TIBURÓNS PEQUENOS E OS GRANDES OS MACHACA COAS SÚAS PERNAS.
TEN O PELO RIZADO COMA MIN E CU, PORQUE FAI CACA POLO CU.
VIVE NO MAR DOS PEIXES, MOI ABAIXO, E ÁS VECES SAE DO MAR E VAI CORRENDO PORQUE TEN PERNAS.
NO MAR NADA CO RABO ENROLLADO."
As profesoras compañeiras de viaxe acordan con Malaguzzi, que traballar cos nenos/as deste xeito é unha tarefa con poucas certezas e moitas incertidumes. Trátase de desenvolver a capacidade creativa, deixalos ser eles mesmos, fomentar a súa autonomía.
O importante é a VIAXE, o proceso de realización, a investigación constante dos rapaces /as na búsqueda de solucións creativas. E as mestras, coas súas grandes orellas, escoitando , observando e guiando a estes nenos e nenas ,CAPACES de tomar decisións e de expresarse coas súas CEN LINGUAXES.
Deixando tódolos medos es as inseguridades en terra, ¡aí vamos! ,en busca de cíclopes, gazafellos, lestrigóns, aluxes,sereas, cronopios e minicronopios
Antes de empezar a crear, somerxímonos nos fondos mariños e deleitámonos coas augamares, as estrelas de mar, os corais, as sereas , os aluxes , os gazafellos (que son gamusinos galegos) , os cronopios e os minicronopios...
Len contos, ven películas, proxéctanse imaxes relacionadas co mar.
Previo ó traballo coas texturas, debuxan criaturas mariñas, deseñan murais, familiarízanse cos novos materiais, modelan, pintan augamares, cunchas e peixes.
Xa desde o comezo non paran de investigar, curiosar e descubrir.
Comeza a aventura. Metida xa de cheo no meu papel de Capitana Atelierista , Serea Capitana ou Acróbata de Chagall, desprego a carta mariña e poño rumbo ó noso destino.
O vento é favorable , as velas inchadas e o ánimo entusiasta.
PROPOÑO unha viaxe artística a través dos sentidos.
AFIRMO que o gran problema do noso sistema educativo é o de primar ó hemisferio esquerdo ( verbal, racional , temporal, análitico, lóxico) descoidando o outro medio (intuitivo, holístico,irracional,atemporal,subxectivo)
SOSTEÑO que non se pode expresar artísticamente nada que antes non pasara pola percepción sensorial, que é necesario estimular a sensibilidade dos nenos, que deberíamos darlle maior protagonismo o noso hemisferio dereito, que temos que crear e cultivar a atmosfera que propicie a creación artística.
SUXIRO traballar coa realidade máis cercana a eles e a min : O MAR. O MAR A TRAVÉS DOS SENTIDOS.
As mestras levan ós nenos a praia para que ulan, vexan, toquen e escoiten o mar.
ANIMO a realizar exercios de relaxación cos ollos tapados para que escoiten , toquen e ulan diversas realidades mariñas e agudicen así , a súa percepción antes de emprender a aventura creativa.
TACTO E VISTA serán os dous sentidos protagonistas no noso traballo (TEXTURAS E COR)
Ilustracións de Aka Louise (El baúl que no tenía mi abuela) Fotografías das profesoras que traballaron no proxecto.
REGGIO EMILIA. Algo escoitara algunha vez, pero só de pasada.
Investigo, busco , rebusco. Móveme a ansiedade de saber qué se espera de mín . Consigo averigüar que eu serei a ATELIERISTA, que na filosofía da Escola Reggio Emilia, é unha persoa relacionada coas artes plásticas (artista ou artesán) que traballa no atelier, e que da o seu apoio e asesoramento ós mestres no desnvolvemento dun proxecto.
Seguidamente a miña búsqueda concrétase en dous conceptos : as/os profes/as como GRANDES ORELLAS e AS CEN LINGUAXES DOS NENOS/AS. Trátase de remover os cimentos da escola : trátase de FALAR menos e de de ESCOITAR máis."A gran orella " fai referencia a escoita física, pero vai máis alá. É unha escoita atenta das POTENCIALIDADES OCULTAS dos nenos e nenas. Nacen con elas , pero precisan de contextos apropiados para desenvolverse. As potencialidades convértense nas CEN LINGUAXES .
A realidade da escola hoxe é que cada vez hay máis contido teórico e menos xogo, menos coidado polo vínculo, polo emocional. Como dicía Malaguzzi:
" As veces sucede que, canto máis hai na mochila, menos hai na cabeza”
Ilustracións de Deco, artista italiano, ilustrador e debuxante de cómics. (El baúl que no tenía mi abuela http://klimtbalan.blogspot.com/)
Dedicado as profesoras e os nenos e nenas protagonistas deste proxecto, con todo o meu respeto e admiración porque están creando unha NOVA ESCOLA que xa non separa a cabeza do corpo. Parabéns.
Vouvos contar unha experiencia marabillosa que tiven a sorte de vivir este curso.
Sábado pola tarde do mes de outubro .
- RRRRRINGGGGGGG...
- Sí?
- Ola, está Mónica?
- Sí , son eu.
-Ola eu son Chefa, profesora de infantil. Estamos formando un grupo de traballo para realizar un proxecto no que necesitamos contactar cun /cunha artista, que nos asesore. ¿Gustaríache?
-SÍ, pero eu non son ARTISTA, senón SEREISTA, fago sereas. ¿vale igual?.
-Por suposto.
-Moi ben. Estamos en contacto. Chao
- Chao.
¡Ufff!, non teño nin idea no que me acabo de meter, pero seguro que ha de traer algo bo.
E como todo o que chega así, inesperadamente , cun rumor de cascabeis, e arrecendo a lavanda recén cortada, trouxo moitas cousas, moitas sensacións, moitos descubrimentos, moitas satisfaccións...
Xa non había marcha atrás. O barco estaba a punto de partir, e eles , os tolos baixiños, agardaban , con ansiedade, a que eu fora a súa capitana.
¿Vostede oíu falar do doutor Nóvoa Santos? Non Era unha persona de moito interese. Espuxo a teoría da realidade intelixente. Sinto non coñecelo. Non se preocupe. Case ninguén o recorda, empezando pola maioría dos médicos. A realidad intelixente, si, señor. Todos soltamos un fío, como os vermes da seda. Roemos e disputamos as follas da moreira, pero ese fío, de se cruzar con outros, de se entrelazar, pode facer un fermoso tecido, un pano inesquecible.