Para Lucía
ÍTACA ÍÍTACA
Cando
emprendas a túa viaxe cara a Ítaca
debes
rogar que a viaxe sexa longa,
chea
de peripecias, chea de experiencias.
Non
has temer nin aos lestrigones nin aos cíclopes,
nin
á cólera do airado Poseidón.
Nunca
tales monstros acharás na túa ruta
se
o teu pensamento é elevado,se unha exquisita
emoción
penetra na túa alma e no teu corpo.
Os
lestrigones e os cíclopes
e
o feroz Poseidón non poderán atoparche
se
ti non os levas xa dentro, na túa alma,
se
a túa alma non a conxura diante túa.
Debes
rogar que a viaxe sexa longa,que
sexan moitos os días de verán;
que
che vexan arribar con gozo, alegremente,
a
portos que ti antes ignorabas.
Que
podes deterche nos mercados de Fenecia,
e
comprar unhas belas mercadorías:
madreperlas,
coral, ébano e ámbar,
e
perfumes pracenteiros de mil clases.
Acode
a moitas cidades do Exipto para aprender,
e
aprender de quen sabe.
Conserva
sempre na túa alma a idea de Ítaca:
chegar
alí, velaquí o teu destino.
Mais
non fagas con présas o teu camiño;
mellor
será que dure moitos anos,
e
que chegues, xa vello, á pequena illa,
rico
de canto gañarías no camiño.
Non
has de esperar que Ítaca che enriqueza:
Ítaca
proporcionouche xa unha fermosa viaxe,
sen
ela, xamais partirías;
mais
non ten outra cousa que ofrecerche.
e
se a atopas pobre, Ítaca non che enganou,
e
sendo xa tan vello, con tanta experiencia,
sen
dúbida saberás xa que significan as Ítacas.
Konstantinos Kavafis