"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 15 de junio de 2014

MOURAS

Incantation by Loreena McKennitt on Grooveshark



Para Raquel Miragaia
Con amor de moura.
Agardando os teus tesouros.











lunes, 2 de junio de 2014

O LIBRO DE KELLS

Miscellany: Theme from Tristan and Isolde/Súisín Ban/The Gal by The Chieftains on Grooveshark












O Libro de Kells (Leabhar Cheanannais en irlandés; Book of Kells en inglés), tamén coñecido como a Grande Evanxeo de San Columba, é un manuscrito ilustrado con motivos ornamentais, feito por monxes celtas cara o ano 800 d.C, no estilo coñecido por arte insular.
Peza principal do cristianismo irlandés e da arte hiberno-saxónica[1], constitúe, malia non estar concluído, un dos máis suntuosos manuscritos iluminados que restan da Idade Media.
Pola súa gran beleza e a excelente técnica do seu acabado, este manuscrito é considerado por moitos especialistas como un dos máis remarcábeis[1] vestixios da arte relixiosa medieval. Escrito en latín, o Libro de Kells contén os catro evanxeos do Novo Testamento, asi como notas preliminares e explicativas, e numerosas ilutracións e miniaturas coloreadas. Na actualidade o libro está exposto de maneira permanente na biblioteca do Trinity College de Dublín (Irlanda), baixo a referencia MS 58.

O Libro de Kells é o mais ilustre representante dun grupo de manuscritos coñecido por estilo insular producidos entre o final do século VI e o inicio do IX, nos mosteiros de Irlanda, Escocia e do norte de Inglaterra. Están entre eles o Cathach de San Columba, o Ambrosiana Orosius, un fragmento de evanxeo na biblioteca da catedral de Durham (todos do inicio do século VII), e o Libro de Durrow (da segunda metade do século VII). No comezo do século VIII foran producidos os Evanxeos de Durham, os Evanxeos de Echternach, os Evanxeos de Lindisfarne e os Evanxeos de Lichfield. Todos estes manuscritos presentan semellanzas dende o punto de vista do estilo artístico, da escrita e das tradicións escritas, as cales teñen posibilitado reagrupalos na mesma familia. O estilo plenamente conseguido das coloracións coloca ao Libro de Kells entre as obras máis tardías desta serie, arredor de finais do século VIII ou comezos do IX, ou sexa, na mesma época do Libro de Armagh. A obra respecta a maioría das normas iconográficas e estilísticas presentes nestes escritos máis antigos: por exemplo, a forma das letras decoradas que inician cada un dos catro Evanxeos é moi semellante entre todos os manuscritos das Illas Británicas compostos nesta época. Compare a páxina introdutoria do Evanxeo segundo San Mateo nos Evanxeos de Lindisfarne coa do Libro de Kells. Ambas posúen intrincados deseños decorativos no interior dos contornos das letras iniciais do texto.
O Libro de Kells debe o seu nome á abadía de Kells, situada en Kells, no condado de Meath, Irlanda. A abadía, onde conservouse o manuscrito duranten un longo período da Idade Media, foi fundada a comezos do século IX, na época das invasións viquingas. Os monxes eran orixinarios do mosteiro de Iona, unha das illas Hébridas situada fronte á costa oeste de Escocia. Iona posuía unha das comunidades monásticas máis importantes da rexión dende que San Columba, o grande evanxeizador de Escocia, a convertera no seu principal centro de evanxelización no século VI. Cando a multiplicación das incursións viquingas acabou tornando a illa de Iona demasiado perigosa, a maioría dos monxes partiran para Kells, que converteuse así no novo centro das comunidades fundadas por Columba.
A determinación exacta do lugar e da data da produción do manuscrito ten sido fonte de numerosos debates. Segundo a tradición, o libro data da época de San Columba (tamén coñecido como San Columcille), talvez escrito por el mesmo en persoa. Con todo, estudos paleográficos teñen demostrado que esta hipótese non é verdadeira, unha vez que o estilo caligráfico usado no Libro de Kells desenvolveuse posteriormente á morte de Columba.[2] Hai evidencias que amosan que o Libro de Kells foi escrito arredor do ano 800.[3] Hai outra tradición, con maior aceptación polos estudosos irlandeses, que suxire que fora creado por ocasión do aniversario de 200 anos da morte do santo.[4]
Producíronse, polo menos, cinco teorias diferentes sobre a orixe xeográfica do manuscrito. Na primeira, o libro podería ter sido escrito en Iona e traído ás presas para Kells, o que explicaría a razón de que nunca se tivese concluído.
Na segunda, a súa redacción podería terse iniciado en Iona antes de seren continuado en Kells, onde tería sido interrompida por algún motivo ignorado. Outros pesquisadores aventuran que o manuscrito podería ter sido totalmente escrito no Scriptorium de Kells. Unha carta hipótese sitúa a creación orixinal da obra no norte da Inglaterra, posibelmente en Lindisfarne, antes de ser levada até Iona e despois para Kells. O Libro de Kells, finalmente, podería ter sido producido nun mosteiro descoñecido na Escocia. Malia que a cuestión da exacta localización da produción do libro probabelmente nunca sexa respostada de maneira concluínte, a segunda teoría baseada na dobre orixe de Kells e Iona é actualmente a máis amplamente aceptada. Por outro lado, sen querer determinar cal é a hipótese correcta, o certo é que o Libro de Kells foi producido por monxes pertencentes a unha das comunidades de San Columba, que mantiñan estreitas relacións co mosteiro de Iona.

Galipedia


http://pelis.us/animacion/The-Secret-of-Kells-vos.html