"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

Mostrando entradas con la etiqueta Debuxo Mónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Debuxo Mónica. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de noviembre de 2011

O LIMÓN QUE SORRÍ NA NOITE


O HERDEIRO DA CHINA


"- O herdeiro da China, que é un rapaciño algo curto, queríase casar, e seu pai, contra costume, deixoulle escoller muller. Amén de algo curto tiña pouca saúde, pintaba froles e paxaros, e tódalas noites, na súa cámara do pazo das Cen Veledas, soñaba que aloumiñaba limós redondos. Mandou o herdeiro que de todo o Imperio lle mandasen os retratos pintados en longas bandas de seda, das máis fermosas doncelas, e pasábase as mañáns i as seráns mirando para eles, e ningún atopaba do seu sabor, i ás noites seguía soñando que as súas mans pousábanse nun cestiño de pruma no que alguén tiña posto dous limós redondos… Chegou un correo da máis lonxana de tódalas provincias, e traguía ao señor príncipe herdeiro setenta retratos, e tódalas retratadas eran rapazas que sorrían, incrinando timidamente as xentís cabeciñas. E desenrolando o volume en que viñan as rapazas retratadas, co seu nome i a súa condición estofada ao marxe, atopouse o príncipe diante da gracia dunha neniña que ergueu pra il o rosto, abriu os verdes ollos, i as súas perfebas eran tan longas e mouras coma os pelos do pincel con que se pinta a primeira letra do nome do Dragón. Ambos miráronse longamente, i a rapariga, voltando ao acougo da pintada seda, púxose colorada. Mandou o príncipe herdeiro, fai agora once semáns, que lla trouxeran, e casou co ela, i as bodas alí fanse cunha linterna de papel pintado, i están os noivos agardando a que se consuma a veliña, e cando a linterna se apaga, a boda é feita. Regalouna o herdeiro con dúas sombrillas, un colar de pérolas, un caracol de prata e dez uñas de ouro, e cando rematadas as reverencias, quedáronse soios na cámara do pazo das Cen Veledas, o príncipe perguntoulle á esposa por que se puñera colorada na tela pintada. “El é, dixo a recén casada, que eu son ises limós redondos que as túas mans aloumiñaban na noite”. I o príncipe, que xa engordou catro libras cantonesas, cambioulle o nome á súa muller, co consello dos mandaríns, e todos puxeron por escrito naquelas súas letras tan aliñadas que a señora princesa chámase “O limón que sorrí na noite”".

A.Cunqueiro; Merlín e familia





(asesor musical, a sus órdenes)

miércoles, 23 de noviembre de 2011

SORISCO FALADOR



Entre os demachiños dos que por aquí se fala, está Sorisco. Quen o viu asegura que Sorisco terá o tamaño dunha botella de coñac "Tres Cepas", viste casaca morada e calza zocos. Sorisco entra na casa na que se dispón a pasar o inverno nove días despois de San Martiño e antes de acordar que fica acolá, ha ver se hai leña dabondo para todo o inverno e a clase de castañas que comen naquela casa. Vaise para o faiado, axota as arañas que haxa nun recuncho, e alí fai a cama, co pelo que arrinca ó gato doméstico, cando este está a durmir a carón do lume.
Sorisco pasa o tempo rillando castañas, tirándolle dos bigotes ó gato, volcando baldes de auga, saltando por derriba das vacas, paseándose de corno a corno - e escoitase na noite o golpe da sola de madeira dos zocos descontra a corna- e varrendo. Cando, polas noites, a xente da casa está na cociña, Sorisco métese en medio, e fala. O seu xogo é falar ó tempo que os seus hóspedes, imitando as voces, e indo un pouco retrasado no diálogo, fai coma eco. Parece que este parrafeo é o que máis lle gusta na vida.
Sorisco , se hai na casa algunha moza, vai visitala á cama, cando está durmida. Déitase na almofada e fálalle ao ouvido. Dille que é un mozo rico que vive a tres leguas de Meira, ou un escolante novo ou de pelo roibo que ten escola en Ribadeo, ou un dependente de comercio, moi guapo, que a despacha en Lugo. cando a moza vai ó mercado, etc,etc. A moza en soños cre que o tal citado a pretende e namora, e cando esperta, a mañá seguinte, non dubida de que todo o soprado ó seu ouvido por Sorisco non sexa verdade, e namórase ela de vez, e anda ida e socalada, inventando ir a Meira á feira, a Lugo ó mercado, a Ribadeo ó dentista ou ó fotógrafo, por ver de atoparse co pretendente. E atopa o amor, e este nin a coñece mim garda para ela, ou anda con outra. E entón a moza amurría, adoece, non come nin dorme, e algunha rapaza houbo que se volveu tola...
Para que Sorisco non escolla unha casa na que entrou hai que cocer castañas con saldiguera. Sorisco vén famento, e os primeiros días anda devecido polas castañas cocidas: ergue a tapadeira da pota e mete os dedos. Come ata estoupar. A saldiguera fai o seu traballo. E así catro ou cinco días seguidos. Sorisco ponse a morrer, non fai o eco na cociña, deixa en paz ó gato, non verque auga, non brinca nos cornos das vacas. Túmbase na súa cama, no faiado, e di que vai morrer . Pasa dous días sen xantar, toma algo de forzas, e vaise daquela casa, á procura de novos hóspedes. Enfraqueceu, e a casaca morada vénlle ancha. Cáseque non pode cos zocos. Non fai máis que cuspir, anoxa as castañas, busca as derradeiras amouras nas silveiras. E si hai por alí algunha cabra pacendo nun cómaro, mama nela.E entón escóitaselle que di :
-¡Vaites, vaites, que un home principal caia tan baixo!
E as máis das veces deixa o país, e despois, en Francia ou en Tarragona, anda cos amigos falando mal de nós.

A. Cunqueiro; Escola de menciñeiros




(Debuxo de Julian Lennon aos catro anos que inspirou esta canción)

sábado, 28 de mayo de 2011

OS GARDIÁNS DE TESOUROS

Ábrete, ábrete pequena folla verde;
ábrete, ábrete gran porta de pedra.
Leonora Carrington




Leonora Carrington, Forbidden Fruit 1969

















Quizabes seña iste o máis misterioso dos misterios que hai arredor dos tesouros. Pois, como veredes neste libro do Cunqueiro, os tesouros están sempre gardados por seres máxicos, principalmente por gnomos ou por mouros. Tamén por nereidas ou por fadas, ou por hamadriadas. Xentes todas das que convén gardarse , pois poden exercer sobor de nós os seus maleficios. Xentes ás veces de color escura , case negra, mouros ou xenios sotarregos, con aspeito malino ou maléfico ou tebregoso. Os tesouros están gardados- xa o dixen antes- por ises seres que na psicoloxía junguián se conocen como “sombra”, ou seña por unha parte de nós mesmos que é aveseda, tebregosa, á que non nos é grato reconocer como nosa. Sería demasiado sinxelo decir que son a parte “mala” do ser do home. Istes criterios do “malo” ou de “bon” nas profundidás do subconsciente non fan máis que embrollar as cousas. Moitas destas partes sombrías gardan- como os gardiás do tesouro- cualidás estimabilísimas i as veces tamén o segredo da fecundidade, da capacidade de creación.

Rof Carballo, prólo a Tesouros novos e vellos de Álvaro Cunqueiro


musica celta - Madredeus