"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

Mostrando entradas con la etiqueta Fotografías de Claudia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografías de Claudia. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de junio de 2011

O TRÍO HIPOTENUSA

Por fin a Cronopia pequena da sinais de vida. Non da abasto: entre a fotografía, a música , os estudios...É moi difícil ser unha cronopia renacentista. Levo tempo pedíndolle debuxos sen éxito ningún. Hoxe cedeume estas fotografías.
Paixón de nai, xa sei, pero penso que son deliciosas.











Michael Nyman - The Piano [OST] - The scent of love






viernes, 8 de octubre de 2010

CHOVE EN SANTIAGO

Para Amelia, para que lle poñas proa ó teu camiño

En 1935 a Editorial Nós editou un libriño titulado Seis poemas galegos. O autor, Federico García Lorca.

Un destes poemas titúlase Madrigal á cibdá de Santiago, porque Lorca quedou enfeitizado por esta cidade.
Eu nacín aquí, aínda que hai xa moito tempo que non resido en Compostela. Vou con frecuencia a visitar á familia , e de cada vez procuro que a miña mirada sexa nova, déixome enfeitizar , como Lorca pola " camelia branca do ar que brila entebrecida ó sol".

Esta vez é a mirada de Claudia a que nos provoca o encantamento, acompañada da voz de Rosa Cedrón, cantando o poema lorquiano.








Luar na Lubre - Chove en Santiago







Chove en Santiago (Federico Garcia Lorca)

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.