"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 30 de julio de 2012

Érase unha vez...

Couperin - Solo de arpa  

Hai moitos anos, antes de que o tempo fora tempo e cando as cousas podían ser ou non ser, unha meiga , chamada Mari Crono ,vivía , casi feliz, nunha antiga e fermosa árbore. 

Foi herdanza dos seus antepasados que durante séculos tiveron alí a súa morada. Mari Crono coidaba a súa casa con esmero , gozaba e agradecía todo o que a árbore lle podía ofrecer. 
Pero desde nena tiña unha inquedanza: gardaba nunha caixiña nacarada aquel anaco de mapa que a súa nai lle entregara antes de morrer e tódolos días lembraba con emoción as súas últimas palabras: 

“Querida filla, teño que partir. Só quero que sempre conserves esta caixiña. A árbore na que ti agora vivirás, oculta un tesouro. Deberás atopar os outros anacos dispersos polo mundo e unha vez que os xuntes poderás conseguir o tesouro e vivirás feliz para sempre”.

 Maricrono pediu axuda aos páxaros que voaron por todo o mundo espallando a mensaxe. 

Un día , cando a meiga varría as follas secas, chegou pola porta unha morea de  personaxes pintorescos . Todos traían unha caixiña de nácar, similar á que Maricrono posuía. Cada un deles tiña un anaco daquel mapa. Decidiron celebrar aquel encontro cunha gran festa baixo a árbore.

 De súpeto , todos e todas sentiron nos seus corazóns unha profunda ALEGRÍA. 
Non foi necesario abrir as caixiñas e compoñer o plano. Alí estaba o tesouro.

Cando despertaron , o tesouro seguía alí.

 
Mari Crono seducindo ao príncipe de Bichimelandia.


A meiga Mari Crono despois do bico desenfeitizante que a converte en fada
A duquesa de "Míramenonmetoques" charlando amistosamente co mago de Xerusalén. No espello, as fadas Coralia e Maruxa , unidas polo reflexo, observan a escena.

O cabaleiro "Ferdinand Corazón de León" acariciando ¿amorosamente? ao meigo de Xerusalen. Desde o espello, unha mirada baixo un sombreiro observa todo.




.
As fadas Maruxa e Coralia a piques de saír voando entre libélulas e volvoretas . En direccións opostas pero cara a un único destino: ELAS mesmas.

O mago de Xerusalén namorando á nínfula dos bosques.
A nínfula dos bosques,  despois de aceptar as proposicións deshonestas do meigo de Xerusalén.
"As rexoubonas" seguen observando desde o outro lado do espello.

A autora espiritual deste relato en pleno proceso creativo.


Cando despertaron, o tesouro aínda estaba alí.








martes, 24 de julio de 2012

Azul adriático

Elis Regina - Os Argonautas



































 
-->
HrVatsKa
HvAr
TrOgiR
SpLit
DuBrovNik
CaVtaT
ArborEtUm
StOn
KrKA
KorKula
SkRaDin

Preciso escribir os nomes para non esquecer o inesquecible.