"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 26 de abril de 2012

O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO

"Teño razóns ben serias para crer que o planeta de onde viña o principiño é o asteroide B 612. Este asteroide non foi visto máis que unha vez, con axuda do telescopio, por un astrónomo turco, no ano 1909.


O dito astrónomo fixera entón unha gran demostración do seu descobrimento nun Congreso Internacional de Astronomía. Pero ninguén lle creu por culpa do seu vestido. As persoas maiores son así.

Felizmente para o asteroide B 612, un dictador turco impuxo ó seu pobo, baixo pena de morte, a obrigación de se vestir á europea. O astrónomo informou de novo sobre o seu descubrimento, no ano 1920. Ía vestido dun xeito moi elegante e todo o mundo aceptou a súa demostración."

 







  Imos facer un alto nesta viaxe creativa para repostar , recobrar forzas e reanudar o camiño nas próximas entradas . E que mellor que nutrirnos de libros.

Invitámosvos a visitar esta mostra : leva por título "O principiño arredor do mundo"  e trátase dunha colección de principiños, propiedade da  Fundación Carlos Casares .

   O escritor Carlos Casares sentía unha enorme  paixón  polo libro de Saint-Exupéry, polo que el  mesmo traduciu a obra ao noso idioma en 1972. A partir daquel momento foi mercando calquera edición que atopaba nas súas viaxes polo mundo e todas elas forman parte desta interesante exposición.




"A bufanda cósmica", montaxe realizado polo equipo da Biblioteca sobre "Le petit price Leliadourado" de Mónica Montero.

Linguas xermánicas

Linguas túrquicas




Principiño negro e loiro, debuxado por un neno orfo de Burundi.



Linguas romances


Linguas eslavas




Pódese visitar esta mostra na biblioteca do IES Leliadoura ata o 14 de maio.



Fotografías de Camila Mora Torres, 4ºC de ESO.


Kroke - time 4 time










domingo, 22 de abril de 2012

CREATIVIDADE II : "O PRINCIPIÑO E O HEMISFERIO DEREITO DO CEREBRO"

"As persoas maiores aconselláronme abandonar o debuxo de serpes boas, xa fosen abertas ou pechadas, e poñer máis interese na xeografía, a historia, o cálculo e a gramática. Deste xeito á idade de seis anos abandonei unha magnífica carreira de pintor. Quedara desilusionado polo fracaso dos meus debuxos número 1 e número 2. As persoas maiores nunca poden comprender algo por si soas e é moi aburrido para os nenos ter que darlles unha e outra vez explicacións. " 

 

 

 

(Figura realizada en cartón pedra por Mónica)


(Cartaz realizado por unha alumna de 4º de diversificación curricular sobre unha ilustración dunha nena de Educación Infantil)
 
-->
COMO NACE ESTE PROXECTO?

Este traballo nace da colaboración entre profesorado de secundaria e profesorado de educación infantil. É posible que sexa un dos poucos proxectos no que traballen xuntas dúas etapas educativas tan diferentes, por iso resulta tan motivante e enriquecedor.
Non é a primeira vez que docentes do IES Leliadoura colaboran con profesorado de infantil. Os dous cursos pasados, dúas compañeiras deste centro coordinaron proxectos como “atelieristas” seguindo a filosofía das escolas Reggio Emilia. O primeiro ano centrámonos no MAR “Sentindo o mar” . O curso seguinte, a TERRA, en concreto ás árbores e os bosques.
Este curso miraremos cara o CEO e intentaremos abordar o tema partindo dun clásico da literatura universal: O principiño de Saint-Exupéry. A intención e que todo o traballo desemboque nunha exposición común durante a semana cultural que se celebrará no mes de maio no IES Leliadoura.

Non deixa de ser un experimento.
As conclusións chegarán ao final (se chegan), cando levemos á práctica as nosas intuicións sobre o tema.


viernes, 20 de abril de 2012

CREATIVIDADE I

"Nos momentos de crise, só a imaxinación é máis importante que o intelecto" A. Einstein

Inauguro con esta entrada, unha serie de reflexións e experiencias concretas sobre creatividade e educación, tema que me ocupa e preocupa particularmente.

Estamos en primavera e as ansias por buscar novos camiños , as ideas lixeiras como volvoretas e as intuicións multicolores,  agroman como as margaritas nos campos.

Durante todo este curso foi fermentando este proxecto e agora, chega o momento de sacalo a luz. Probablemente só teña transcendencia para min e non sirva para ninguén máis . Se cadra é outro mais dos meus delirios. Pero ao mellor a alguén lle aporta algo e este é o motivo de traelo aquí.

Poñerei a funcionar o meu hemisferio esquerdo (que sempre está de vacacións) e intentarei explicar con orde e  o maior rigor posible, en que consiste este "delirio".
O proxecto leva por título : "O PRINCIPIÑO E O HEMISFERIO DEREITO DO CEREBRO" e nel estamos implicados moitos departamentos didácticos do  IES onde traballo, pero tamén dous centros de Educación Infantil .


E polo momento, "ata aquí podo ler". En próximas entradas  intentarei explicar e mostrar polo miúdo o proceso de traballo  e  cara onde queremos chegar (se é que chegamos a algures).

Para irnos ambientando, uns cantos vídeos motivadores que seguro, xa coñecedes.




 





miércoles, 18 de abril de 2012

MÁIS DE-LIRIOS, RETRATOS, CRONOPIAS E OUTRAS FLORES DO CAMIÑO

Camiño a Fisterra,
14 de abril de 2012 (tamén)













































3

martes, 17 de abril de 2012

COS MEUS PROFUNDOS DE 4º D

Para a miña alumna Lucía, falecida o 14 de abril de 2012 en accidente de tráfico.

Lucía, levaremos o teu nome gravado na gamela do noso corazón.




Collage realizado por Lucía sobre unha greguería de Gómez de la Serna.



miércoles, 11 de abril de 2012

BICOS

Un beixo ou bico é unha caricia que unha persoa proporciona a outra aplicando os seus beizos sobre calquera parte do corpo desta, máis habitualmente as meixelas ou os beizos. Nas situacións de maior intimidade é común que os beixos se produzan entre as bocas das dúas persoas, que se acarician reciprocamente. Dada a cantidade de terminacións nerviosas presentes na zona dos beizos, os bicos son un modo extraordinariamente eficaz de provocarlle sensacións á persoa bicada, en particular as que teñen unha carga de tipo afectivo ou erótico. Galipedia

Hai moitos tipos de bicos, tantos como estrelas no ceo. Aquí vos traio algúns:

Bico voador de Chagall



Bico velado de Magritte




Bico dourado de Klimt



Bico cubista de Picasso




Bico pétreo de Brancusi



Bico entre a multitude de Oosterwijk



Bicos de cine



Bicos devezosos de Catulo á súa Lesbia

Viuamus, mea Lesbia, atque amemus,
rumoresque senum seueriorum
omnes unius aestimemus assis.
Soles occidere et redire possunt:
nobis, cum semel occidit breuis lux,
nox est perpetua una dormienda.
Da mi basia mille, deinde centum,
dein mille altera, dein secunda centum,
deinde usque altera mille, deinde centum.
Dein, cum milia multa fecerimus,
conturbabimus illa, ne sciamus,
aut nequis malus inuidere possit,
cum tantum sciat esse basiorum.

Bicos berlineses






POIS ISO, QUE MOITOS ÓSCULOS PARA TODOS E TODAS OS QUE VOS ABALADES NESTA LÚA, A QUE SE ABALA ETERNAMENTE, QUE ACABA DE CUMPLIR DOUS ANOS DE EXISTENCIA.

Un bico especial para Melibea de parte de Calisto, Celestina, Areúsa e Elicia.


Diana Krall - Besame Mucho