"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

Mostrando entradas con la etiqueta ex-kulturas Mónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ex-kulturas Mónica. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de marzo de 2012

LILITH











Lilith, boceto en barro para escultura (versión libérrima)
¡Pero que Lilith máis panoli me saiu, por Deus! Non se pode ser máis pánfila.
Esta feiticeira alada da noite non semella nin voluble , nin perversa senon libre e inocente, como Lilith!)





O RETORNO DE LILITH

Eu son Lilith, a deusa de dúas noites que volve do seu exilio.

Son Lilith, a muller destino. Ningún macho escapa á miña sorte e ningún macho quixera escapar.

Son as dúas lúas Lilith.
A negra non está completa senón pola branca, xa que a miña pureza é a faísca do desenfreo e a miña abstinencia, o inicio do posible.
Son a muller-paraíso que caeu do paraíso, e son a caída-paraíso.

Son a virxe, rostro invisible da desvergonza, a nai-amante e a muller-home. A noite, pois son o día; a costa dereita, pois son a esquerda; e o Sur, pois son o Norte.

Son a muller festín e os convidados ao festín.
Chámanme a feiticeira alada da noite, a deusa da tentación e do desexo.
Nomeáronme patroa do pracer gratuíto e da masturbación e liberáronas da condición de nai para que sexa o destino inmortal.

Son Lilith, a dos brancos seos. Irresistible é o meu encanto, pois os meus cabelos son negros e longos e de mel son os meus ollos. A lenda conta que fun creada da terra para ser a primeira muller de Adán, pero non me sometín.

Son Lilith que retorna do calabozo do esquecemento branco, leoa do señor e deusa de dúas noites.
Eu reúno aquilo que non pode ser reunido na miña copa e béboo xa que son a sacerdotisa e o templo.
Esgoto toda embriaguez para que non se pense que me podo saciar.
Fágome o amor e reprodúzome para crear un pobo da miña liñaxe, xa que mato os meus amantes para dar paso aos que aínda non me coñeceron.

Son Lilith, a muller selva.
Non souben de espera desexable, pero si de leóns e de especies puras de monstros. Fecundo todos os meus flancos para fabricar o conto.
Reúno as voces nas miñas entrañas para que se complete o número de escravos.
Devoro o meu corpo para que non se me diga famélica e bebo a miña auga para nunca sufrir de sede.
As miñas trenzas son longas para o inverno e as miñas maletas non teñen cuberta.
Nada me satisfai nin me sacia e aquí estou de regreso para ser a raíña dos extraviados no mundo.

Son a gardiá do pozo e o reencontro dos opostos.
Os bicos sobre o meu corpo son as feridas daqueles que trataron.
Dende a frauta das coxas ascende o meu canto, e dende o meu canto a maldición expándese en auga sobre a terra.

Son Lilith, a leoa sedutora.
A man de cada servente, a ventá de cada virxe.
O anxo da caída e da conciencia do sono lixeiro.
Filla de Dalila, de María Magdalena e das sete fadas.
Non hai antídoto contra a miña maldición.
Pola miña luxuria elévanse as montañas e ábrense os ríos.
Regreso para penetrar cos meus fluxos o veo do pudor e para limpar as feridas da falta co aroma do desenfreo.

Dende a frauta das coxas ascende o meu canto
e pola miña luxuria ábrense os ríos.
Como podería non haber mareas
cada vez que entre os meus labios verticais brilla un sorriso?

Porque son a primeira e a última
A cortesá virxe
O cobizado temor
A adorada repudiada
E a reunión nua,
Porque son a maldición do que antecede,
O pecado desapareceu dos desertos cando abandonei a Adán.
El equivocouse por completo, esnaquizou a súa perfección.
Fíxeno descender a terra, e para el iluminei a flor da figueira.

Son Lilith, o segredo dos dedos que insisten.
Perforo o sendeiro, divulgo os sonos, destrúo cidades de homes co meu diluvio. Non reúno dous de cada especie para a miña arca. Máis ben transfórmoos a todos para que o sexo se purifique de toda pureza.

Eu, versículo da mazá, os libros escribíronme aínda que vostedes non me lesen. O pracer desenfreado, a esposa rebelde, a realización da luxuria que conduce á ruína total. Na loucura entreábrese a miña vestimenta. Os que me escoitan merecen a morte e os que non me escoitan morrerán de despeito.

Non son remisa nin a egua dócil,
son o estremecemento da primeira tentación.

Non son remisa nin a egua dócil,
Son o esvaecemento do último pesar.

Eu, Lilith, o anxo desvergonzado. A primeira egua de Adán e a corruptora de Satán. O imaxinario do sexo reprimido e o seu máis alto berro.

Tímida, pois son a ninfa do volcán; celosa, pois a doce obsesión do vicio. O primeiro paraíso non me puido soportar. E botáronme del para que semente a discordia sobre a terra, para que dirixa nos leitos os asuntos dos que a min se someten.

Son Lilith, o destino dos coñecedores e a deusa de dúas noites. A unión do sono e da vixilia. Eu, a poeta feto, perdéndome gañei a miña vida. Regreso do meu exilio para ser a esposa dos sete días e as cinzas de mañá.

Eu a leoa sedutora regreso para cubrir de vergoña ás submisas e reinar sobre a terra. Regreso para sandar a costela de Adán e liberar cada home da súa Eva.

Eu son Lilith
E volvo do meu exilio
Para herdar a morte da nai que criei.




Joumana Hadda

viernes, 27 de enero de 2012

MENDEL


¿Que clase de criatura alberga o ventre da serea?




¿Que aspecto terá este ser, froito híbrido do amor entre dous híbridos?


- ¿Unha serea con cornos?

- ¿Un minotauro con cola de peixe?

- ¿Unha troita cornúpeta?

- ¿Un manoxo de grelos?

- ¿Un home completo?

- ¿Unha muller completa?

- ¿Un repolo?

- ¿Unha berenxena?

Sospeito que aquí non gobernan as Leis de Mendel senón as da Imaxinación.











"Híbrido", boceto en barro para escultura









As persoas reais están repletas de seres imaxinarios.
Graham Green









Etta JAMES - Imagine






sábado, 17 de diciembre de 2011

A SOLDADURA DA PRINCESIÑA DE PLATA


"Ánimus/ánima"
"A muller serpe"
Estas pezas inacabadas teñen a súa historia, que non relaterei eu, senón o cuentista maior do reino, porque como dicía aquela canción de Vainica Doble", "Todo, todo, todo está en Cunqueiro".






"—No barras y siéntate— me dijo el señor a m o —, y atiende, que estoy en un caso de muchas albóndigas, y quiero cumplir como debo con aquel noble anciano que me trajo en procesión esta caja. En ella está, en cuarenta pedazos y el mayor como un dedal, una señora princesa de Inglaterra, del título del pazo de Marduffe, llamada doña Tear,que quiere decir "lágrima" en nuestro hablar. Y te digo yo que no es fácil la soldadura de estas princesas, y no sé por dónde voy a principiar a añadir las partes, si por la cabeza o por los pies, perdonando. (...)

El señor Merlín se encerraba en el horno, y nada decía de cómo iba la soldadura, y ya iba pasada una semana cuando me mandó que llamase a mestre Flute, y con aquella gravedad y franqueza que mi señor amo tenía, le explicó cómo no era fácil soldar aquella princesa.

Todo lo que pude soldar fueron los cinco dedos de la mano izquierda y la oreja derecha, pero pasarían cien años y no llegaría á recomponerla detodo, y en aquel jardín de Roma se debió perder por lo menos la punta de la nariz y alguna luz de sus ojos.

A. Cunqueiro; Merlín y familia, "A soldadura da princesiña de plata"


Pois isto foi, a grandes rasgos, o que me pasou con estas pezas. Despois dun longo proceso de modelado en barro, molde en escaiola, e acabado en cemento, ámbalas dúas escacharon en cuarenta pedazos, igual que a princesiña da soldadura de plata. Non me quedou outra que convertirme en Merlín, e con moita paciencia, intentar recompoñelas. Niso estou agora, intentando recuperar a luz dos seus ollos.

Grazas, Maruxa, por meterme o" gusanillo "da escultura.

Coralia

What goes up from Lacey on Vimeo.