"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 24 de julio de 2011

MÁIS DE AVILÉS: Cántico de anguria e esperanza

CÁNTICO DE ANGURIA E DE ESPERANZA PRA ARROLA-LO MEU NENO
Eu vin un ceo novo e unha terra nova porque o primeiro ceo e a primeira terra desapareceran, e o mar xa non existe. Apocalipse, XXI-1


Meu fillo: meu carballo pequeno, gomo da canle vertebral,
semente miña aberta na saudade.
Qué tempo de vivir ferozmente se aproxima ó teu ollar inda abraiado e puro! Qué tempo nuclear, aqueloutrado, meu capitán, vei se-la túa vida.
Días virán abanear teu sangue, días de aceiro e lóstrego e carraxe.
Acaso a pomba aniñe proxeitís bombas de alto poder, morte alxebraica:

e sinto o berro do teu pequeno corazón -o eco da miña voz multiplicada- na tua gorxa feita para o canto.
Meu fillo, meu amor, miña cobiza, quero falar contigo docemente
semear no teu peito a miña espranza os meus soños de home a miña terra -esa terra lonxana que non unxe
a túa fronte americana- a terra que me queima fondamente eido dos teus avós por parte miña.
(E digo este cantar na seguranza de que ha de conforta-la túa loita esta palabra “terra” semellante a abrir coiteladas a ledicia)
Veño meu fillo dun país sinxelo de homes a cada paso soñadores,
criaturas de man encalecida e a peito aberto homes de mar que esculcan horizontes, labregos investidos pola melancolía.
Decir patria ten algo de sabor a centeo de nai pedindo auxilio ós catro ventos, camaradas perdidos no abrazo derradeiro.
Todo isto que encontras na calor do meu peito, o rumor do granito, da chuvia, da morriña, é a voz da miña patria que te ampara, a ti nado na ausencia a ti miña semente en terra allea tan inocente e xa crucifixado.
De min non terás nunca herdanza mais segura que este ouvear de lobo no camiño da vida, e esta terra lonxana que che ofrezo que é unha ferida que hai que ir abrindo sempre.

Tempo de profecía vas a vivir meu fillo -a besta ceibe o fogo desbordado- espadas de dous gumes no verbo dos arcanxos pranto a xenreira e odio e temporais
que queimarán o mar, ai do navío!
Tempo tamén para o amor mais forte o dos abandeirados do futuro,
alicerce da paz e da campá da feliz moradía, da promesa.
Cando sexas un mozo, meu capitán, e síntas o sangue axionllarse nos canles do cerebro -o megatón é un mostro que arrepía de medo- volve ó eido que un día teu pai abandonara, á terra simple a esa hostia incólume e acouga meu amor, descansa. Durme.








MÉDICOS SIN FRONTERAS NECESITAN QUE SE DIFUNDA ESTE ENLACE CON URGENCIA:
https://www.msf.es/colabora/do​nativos-socios/refugiados5?gcl​id=CKHc_aKbi6oCFcxzfAodSk_-zg




UNICEF NECESITA QUE SE DIFUNDA ESTE ENLACE CON URGENCIA:
http://www.unicef.es/cooperaci​on-internacional/donar-ong/hac​er-donacion/emergencia-nutrici​onal-en-el-cuerno-de-africa



cancion de cuna sefardi - nani nani






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.