"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

miércoles, 19 de enero de 2011

MULLER ETÉREA E CAN SEMI AFUNDIDO



Goya, Can semiafundido



Redon; Homenaxe a Goya




Unha das miñas pinturas preferidas, desde que a descubrín, é este can semiafundido de Goya. Fun ó Prado só para velo e o impacto foi tremendo. O meu carácter hiperbólico coincide con Antonio Saura en consideralo o "cadro máis fermoso do mundo".Canogar o chama "poema visual". Tamén o é : arrepiantemente lírico.
A miña pretensión non é comentalo como se eu fose crítica de arte (nada máis lonxe, non sabería ) entre outras cousas porque carezo da metalinguaxe para facelo . Só quero compartir as sensacións que me desperta: vacuidade, vertixe ante o absoluto, soidade, angustia ante a inconmensurable misterio da existencia, pánico, medo, fume, sombra, po, nada... a nada, nadísima.

Buscando e rebuscando obras de Redon, atopei por azar (nen sequera estou segura de que sexa el o autor) esta cabeza de muller flotando no aire. Semella o particular homenaxe de Redon á pintura de Goya. Parece un cadro inacabado e as sensacións que provoca non son as mesmas. Unha cabeza separada do corpo, a mirada elevada cara o ceo, e expresión plácida, a liña do horizonte non oblicua como no de Goya, senón horizontal, polo que non transmite inquietude nin desasosego senón equilibrio e levedade. A muller parece sentirse felizmente absorbida polo infinito , esquecendo a súa corporeidade.Estraña pintura , tamén, preñada de significado simbólico.

Ultimamente síntome así : como unha cabeza sen corpo, de tanto como ferven os pensamentos nela. Pensamentos absurdos, inconsistentes ,confusos, en absoluto sublimes nen brillantes e quizáis por iso empezo a precisar un pouco de silencio mental.

As miñas fillas queren unha nai completa, non un corpo sen cabeza. Tamén o meu querido compañeiro, os meus alumnos/as, a miña nai,as miñas amigas e amigos demandan o regreso da cabeza o seu sitio orixinal, xustamente enriba dos ombreiros. Así que vou intentar facer calar pensamentos e emocións. Vou meter a cabeza na neveira un tempo a ver se arrefría e a procurar un pouco de silencio. Cando falo de un tempo, falo de un período variable. Pode que non aguante máis que tres minutos calada , tres días ou tres semanas. Farei un esforzo pero non prometo nada.


Blake, Redon e Goya. Visionarios. Xa os teño aos tres aquí, conmigo, neste humilde caderno de anotar a vida. Xa podo descansar un rato, escoitando unha das miñas cancións preferidas na versión de Cassandra Wilson.

SILENCIO E ATA PRONTO (¿ata mañá? é posible. Son unha muller de palabra)


Redon; Silencio



(Tista,my friend, vai por ti )

3 comentarios:

  1. Xa vexo que Cassandra se está convertindo na musa de moita xente, e non só dos tolos que pululan pola Cova! Thanks pola dedicatoria, unha vez máis, e noraboa por este espectáculo de blog.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, asesor tecnolóxico e musical.
    E sí, isto empeza a parecer un circo: a muller sen cabeza, a muller barbuda, o home araña...

    ResponderEliminar
  3. para a desesperación de algúns
    ás veces perdo a miña cabeza
    é bo
    e
    é necesario ...

    ;)

    Amei ver o meu Goya preferido!

    bicos

    ResponderEliminar

Moitas grazas.