"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 1 de febrero de 2016

HILMA


 http://cultura.elpais.com/cultura/2013/03/03/actualidad/1362327525_302300.html


Hilma af Klint (26 de outubro de 1862 - 21 de outubro de 1944), artista sueca e pioneira da arte abstracta.

Hilma af Klint naceu en Solna, municipio integrado no área metropolitana de Estocolmo (Suecia). Desde 1882 a 1887 asistiu á Real Academia Sueca das Artes. Uns anos máis tarde, a academia puxo un estudo a Hilma e outros dous compañeiros no barrio artístico e bohemio de Estocolmo, o Kungstraedgaarden, para que desenvolvesen o seu talento. Alí, Klint realizou tanto retratos como paisaxes de estilo naturalista.

A partir de 1896 Hilma af Klint comezou a frecuentar grupos espiritistas e ocultistas. Xunto a outras catro amigas formaron un grupo chamado As Cinco. Klint e as súas amigas pintaban e escribían en estado de transo. En 1906 empezou unha das súas series artística emblemáticas: Os cadros para o templo. En 1908 coñeceu a Rudolf Steiner, membro destacado da Sociedade Teosófica e fundador da Antroposofía.

Hilma af Klint suspendeu o seu traballo para asistir á súa nai dependente, período no cal abandonou o barrio de Kungstraedgaarden. Non retomou o seu labor pictórica cos cadros para o templo ata 1912, traballo que concluíu en 1915. Un ano despois, pintou baixo os lineamientos da geometría abstracta a serie Parsifal e en 1917, a serie Átomo.

En 1920, ano en que morreu a súa nai, viaxou a Suiza, onde se reencontrou con Rudolf Steiner. Alí uniuse á Sociedade Teosófica e estudou os seus textos. No pictórico, realizou unha serie de pinturas sobre as grandes relixións do mundo.

En 1925, abandonou a pintura por completo para dedicarse aos estudos teosóficos. Morreu nun accidente en 1944.

Foi unha innovadora radical dun tipo de arte que daba as costas á realidade visible. Desde 1906 desenvolveu unha linguaxe abstracto. A obra de Hilma af Klint non é unha abstracción real da cor e a forma en si mesmos, senón que trata de modelar o invisible. Isto sucedeu anos antes de que aparecese a obra de Wassily Kandinsky, Piet Mondrian e Kazimir Malevitj, que aínda son tratados como os precursores da arte abstracto a principios do século XX.

Tras abandonar a linguaxe figurativa naturalista, Hilma af Klint parte da base que existe unha dimensión espiritual na existencia e quere facer visible o contexto que existe máis aló do que o ollo pode ver. Do mesmo xeito que outros dos seus contemporáneos, ela está moi influída polas correntes espirituais da época, particularmente o espiritismo, a teosofía e a antroposofía. Ten a conciencia de que cando pinta mantén un nexo de unión cun coñecemento superior que envía unha mensaxe a través dela. A súa pintura explora a existencia húmana en diferentes dimensións.

Hilma af Klint realizou máis de 1000 traballos, entre pinturas e obra en papel. En vida, expuxo a súa obra temprana e figurativa, pero nunca a abstracta. No seu testamento redactou que a súa obra abstracta non se expuxese en público ata vinte anos logo da súa morte, dado que estaba convencida de que ata entón non se podería valorar e comprender a súa obra na súa xusta medida.


"A obsesión por dicir quen veu primeiro, non me parece interesante. Pero que ela pintase así, anos antes que o fixese Kandinsky invalida os estereotipos sobre as mulleres artistas. Dicíase que eran capaces de copiar, pero non de abrir novos camiños. Hilda demostra que é totalmente falso" Iris Müller-Westermann




























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.