"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

miércoles, 3 de febrero de 2016

EMMA

 "Os meus debuxos son para o século 21. Converten a composición e a forma en dimensión, ritmo, símbolo e transformación dos números e os principios." E. Kunz


Emma Kunz viviu desde 1892 ata 1963 na parte xermanofalante de Suiza. Foi recoñecida en vida como sanadora. Hoxe en día goza dunha gran reputación internacional polo seu traballo artístico.

Cando tiña 18 anos, empezou a usar as súas habilidades de telepatía, adivinación e como curandeira, e comezou a valerse do seu péndulo.

 Logrou éxito a través cos seus consellos e tratamentos que ela  atribuía á capacidade de utilizar e activar  poderes que se atopan latentes en cada un de nós . Non menos importante foi o seu descubrimento en 1941 do poder curativo da roca de Würenlos que denominou AION A.

A partir de 1938, Emma Kunz creou debuxos a gran escala en papel cuadriculado.

 Como artista visionaria legounos unha fascinante colección de obras de arte que codifican un coñecemento inconmensurable. Os seus debuxos son probablemente a forma máis directa de comprender a personalidade de Emma Kunz.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.