LALUNAQUESEMECETERNAMENTE. Fotografías de Manuel L.
Debuxos de Claudia.
Obras e delirios de Mónica.
Fotografías e debuxos orixinais polo tanto
NON SE PODEN UTILiZAR SEN CONSENTEMENTO DOS AUTORES.
"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade" C.G.Jung
“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”. “En consecuencia estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”. J.E. Cirlot
Para Nuno e Martiño. ¡Benvido ao mundo, Nuno! Que o teu sorriso anxelical nunca te abandone.
O Bolimarte é algo así como unha salamanquesa; outros din que o que semella é un alacrán. Ten crista roxa, coma de galo, na cabeza. Medirá unha media cuarta e o máis do seu corpo é rabo. Pon un ovo cada sete anos, e precisamente no niño do moucho; os ovos de moucho son brancos e o do Bolimarte é mouro, pero o moucho non se decata. Cando o Bolimarte nace o primeiro que fai é xantar as crías do moucho. O Bolimarte vese poucas veces, pero cando se ve é porque vai haber un eclipse de sol. O Bolimarte tenlle medo ás fin do mundo e nas ocasións bótase a procura da campaña do home. Para que un home o reciba na casa en vispera do eclipse total de sol, o Bolimarte dá calquera cousa, é decir dá ouro ou di onde o hai. Recibido na casa, hai que alimentalo ben: dous pitos por día. Abonda con desplumalos que os come crus. Un amigo qué me conta do Bolimarte, dime que sabe más dunha familia, que se fixo rica dando de comer o Bolimarte, e cama cando ten medo. O Bolimarte por enriba do corpo trae unha camiseta, entre a camiseta e o corpo, ouro en fío, este dállo a quen o serve, pero non hai que tocar o fio de ouro deica unha hora que queima. E como di que hai ouro o Bolimarte? Moi ben! Brinca unha fiestra e desde alí cospe forte, como unha tira-bolas de estopa, onde cae o cuspe fai un pouquiño de lume. Cando chegas co ouro, o Bolimarte ponse nas patas traseiras, e asubía.
"- O herdeiro da China, que é un rapaciño algo curto, queríase casar, e seu pai, contra costume, deixoulle escoller muller. Amén de algo curto tiña pouca saúde, pintaba froles e paxaros, e tódalas noites, na súa cámara do pazo das Cen Veledas, soñaba que aloumiñaba limós redondos. Mandou o herdeiro que de todo o Imperio lle mandasen os retratos pintados en longas bandas de seda, das máis fermosas doncelas, e pasábase as mañáns i as seráns mirando para eles, e ningún atopaba do seu sabor, i ás noites seguía soñando que as súas mans pousábanse nun cestiño de pruma no que alguén tiña posto dous limós redondos… Chegou un correo da máis lonxana de tódalas provincias, e traguía ao señor príncipe herdeiro setenta retratos, e tódalas retratadas eran rapazas que sorrían, incrinando timidamente as xentís cabeciñas. E desenrolando o volume en que viñan as rapazas retratadas, co seu nome i a súa condición estofada ao marxe, atopouse o príncipe diante da gracia dunha neniña que ergueu pra il o rosto, abriu os verdes ollos, i as súas perfebas eran tan longas e mouras coma os pelos do pincel con que se pinta a primeira letra do nome do Dragón. Ambos miráronse longamente, i a rapariga, voltando ao acougo da pintada seda, púxose colorada. Mandou o príncipe herdeiro, fai agora once semáns, que lla trouxeran, e casou co ela, i as bodas alí fanse cunha linterna de papel pintado, i están os noivos agardando a que se consuma a veliña, e cando a linterna se apaga, a boda é feita. Regalouna o herdeiro con dúas sombrillas, un colar de pérolas, un caracol de prata e dez uñas de ouro, e cando rematadas as reverencias, quedáronse soios na cámara do pazo das Cen Veledas, o príncipe perguntoulle á esposa por que se puñera colorada na tela pintada. “El é, dixo a recén casada, que eu son ises limós redondos que as túas mans aloumiñaban na noite”. I o príncipe, que xa engordou catro libras cantonesas, cambioulle o nome á súa muller, co consello dos mandaríns, e todos puxeron por escrito naquelas súas letras tan aliñadas que a señora princesa chámase “O limón que sorrí na noite”".
Entre os demachiños dos que por aquí se fala, está Sorisco. Quen o viu asegura que Sorisco terá o tamaño dunha botella de coñac "Tres Cepas", viste casaca morada e calza zocos. Sorisco entra na casa na que se dispón a pasar o inverno nove días despois de San Martiño e antes de acordar que fica acolá, ha ver se hai leña dabondo para todo o inverno e a clase de castañas que comen naquela casa. Vaise para o faiado, axota as arañas que haxa nun recuncho, e alí fai a cama, co pelo que arrinca ó gato doméstico, cando este está a durmir a carón do lume. Sorisco pasa o tempo rillando castañas, tirándolle dos bigotes ó gato, volcando baldes de auga, saltando por derriba das vacas, paseándose de corno a corno - e escoitase na noite o golpe da sola de madeira dos zocos descontra a corna- e varrendo. Cando, polas noites, a xente da casa está na cociña, Sorisco métese en medio, e fala. O seu xogo é falar ó tempo que os seus hóspedes, imitando as voces, e indo un pouco retrasado no diálogo, fai coma eco. Parece que este parrafeo é o que máis lle gusta na vida. Sorisco , se hai na casa algunha moza, vai visitala á cama, cando está durmida. Déitase na almofada e fálalle ao ouvido. Dille que é un mozo rico que vive a tres leguas de Meira, ou un escolante novo ou de pelo roibo que ten escola en Ribadeo, ou un dependente de comercio, moi guapo, que a despacha en Lugo. cando a moza vai ó mercado, etc,etc. A moza en soños cre que o tal citado a pretende e namora, e cando esperta, a mañá seguinte, non dubida de que todo o soprado ó seu ouvido por Sorisco non sexa verdade, e namórase ela de vez, e anda ida e socalada, inventando ir a Meira á feira, a Lugo ó mercado, a Ribadeo ó dentista ou ó fotógrafo, por ver de atoparse co pretendente. E atopa o amor, e este nin a coñece mim garda para ela, ou anda con outra. E entón a moza amurría, adoece, non come nin dorme, e algunha rapaza houbo que se volveu tola... Para que Sorisco non escolla unha casa na que entrou hai que cocer castañas con saldiguera. Sorisco vén famento, e os primeiros días anda devecido polas castañas cocidas: ergue a tapadeira da pota e mete os dedos. Come ata estoupar. A saldiguera fai o seu traballo. E así catro ou cinco días seguidos. Sorisco ponse a morrer, non fai o eco na cociña, deixa en paz ó gato, non verque auga, non brinca nos cornos das vacas. Túmbase na súa cama, no faiado, e di que vai morrer . Pasa dous días sen xantar, toma algo de forzas, e vaise daquela casa, á procura de novos hóspedes. Enfraqueceu, e a casaca morada vénlle ancha. Cáseque non pode cos zocos. Non fai máis que cuspir, anoxa as castañas, busca as derradeiras amouras nas silveiras. E si hai por alí algunha cabra pacendo nun cómaro, mama nela.E entón escóitaselle que di : -¡Vaites, vaites, que un home principal caia tan baixo! E as máis das veces deixa o país, e despois, en Francia ou en Tarragona, anda cos amigos falando mal de nós. A. Cunqueiro; Escola de menciñeiros
(Debuxo de Julian Lennon aos catro anos que inspirou esta canción)
Xa dixen moitas veces que non creo nas casualidades. Pois ben, hoxe caeu nas miñas mans un libriño ben curioso. Prestoumo un compañeiro de traballo e amigo, que coñeceu persoalmente ao autor. Titúlase Jordán escondido y otros cuentos e nel recóllense tres contos en castelán de Don Álvaro adicados aos fillos dun amigo seu, o notario Alberto Casal , quen aporta tamén outros tres relatos a este libriño, ilustrado por diversos autores. No prólogo, delicioso, de Paula Casal , a afillada de Cunqueiro comparte as súas lembranzas infantís e nos obsequia cun retrato moi tenro do escritor. Conta Paula que Álvaro, que era un máis desta familia e compartía con eles as comidas dos domingos e festivos ,recibía ás veces a estes nenos na súa casa vestido de Merlín para celebrar "congresos astronómicos". Os irmáns, disfrazados de meigas e magos para a ocasión, ían así vestidos nun taxi ao seu piso da Rúa Marqués de Valladares, que estaba sempre cheo de mazás e limóns por tódolos currunchos,tamén polo chan, porque , segundo Cunqueiro, servían de trampas para ladróns. E alí estaba Chis-Pún, así chamado porque de xoven era moi fraco e alto, como os cohetes das feiras. Abríalles a porta co seu disfraz de Merlín Cunqueiro e nada máis chegar, ofrecíalles doces variados ,bombóns de licor e un feixe de historias imaxinadas sobre estrelas imposibles ou planetas sen gravidade habitados por seres voadores , con corpos blandos coma vermes. Sobra dicir que os contiños son marabillosos. O meu preferido é "Historia de una isla llamada Brenda". Se cadra , tamén o traio a lúa.
(LAMENTO MOITÍSIMO A PUBLICIDADE QUE LEVA ESTE REPRODUCTOR, PERO NON CONCIBO ESTE BLOG SEN MÚSICA, E COMO SABEDES, LISTEN GO ESTÁ DENUNCIADA POLAS PRODUCTORAS MUSICAIS. BAIXADE O SON DURANTE DEZ SEGUNDOS QUE É O QUE DURA O ANUNCIO)
Teodora: Serea grega que foi a Miranda tinguir a cola de loito por un vizconde portugués, e á que Merlín lle botou as procramas de Ponte Matilde co gallo de profesar nun mosteiro de Lucerna .
Creo que desisto, polo momento, de ilustrar o Merlín. Recordei que hai anos xa o fixo un vello amigo e amor da adolescencia, Fausto Isorna, cun resultado fantástico (MILLOR QUE DECILA FORA PINTALA. 50 AÑOS CON MERLIN E FAMILIA 1955-2005, Edit. Galaxia, ilustracións de Fausto Isorna).
Aquí vos deixo algunhas daquelas ilustracións. Mágoa que as imaxes que aparecen en internet teñen un tamaño moi pequeno e perden calidade na ampliación.
E xa de paso, e mentres remato o meu último debuxo, déixovos un vídeo moi interesante sobre a vida e a obra do "Incerto señor Cunqueiro".
Graciela, vai por ti.
O castelo de Belvis
Dona Xenebra: raíña da Bretaña e moi nobre señora á que Merlín lle tiña moito respecto e cortesía. Prendía algo na fala e pasaba o tempo bordando no salón, cun algo de tristura nos ollos.
Signorina Carla. primadona dunha compañía de ópera italiana que cedeu, en Braga, aos favores de don Esmeraldino, o galo de Portugal. Din que era loira e de ollos verdes e gostaba das xoias.
Condesiñas de Folgar: Vivían no pazo de Belvís, preto de Miranda. Gostaban do requeixo e das fitas de París e tiñan un cadelo que asubiaba unha alborada, como lle ensinara don Merlín.
Merlín
(MILLOR QUE DECILA FORA PINTALA. 50 AÑOS CON MERLIN E FAMILIA 1955-2005, Edit. Galaxia, ilustracións de Fausto Isorna.)
Seguimos coa fauna máxica de Don Álvaro. Tócalle o turno ao tordavisco : O TORDAVISCO
"A pedra de afiar as agullas" coa que os xastres burlentos chiflan nos aprendices que saen algo parvos, non é tal pedra senón o ovo dun paxaro que chaman o tordavisco. O tordavisco é coma un galo e non hai quen o mire, que de día é verde de noite é mouro e cando neva branco é. É o máis listo de tódolos paxaros: tanto é así que cando o cuco se ergue, polas mañanciñas de cedo, vai o tordavisco e métese na súa cama, e aproveita que a deixou quente o cuco.
O ovo do tordavisco é verde e fala. Asusta aos nenos que andan velando niñadas nas silveiras, dicindo a grandes berros :
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.
Álvaro Cunqueiro, Escola de menciñeiros
Cando eu era nena e mexaba na cama, non era o o gatipedro o causante da "catástrofe" . Eu tiña un soño recurrente : soñaba que me transformaba nunha botella de auga mineral, concretamente Auga de Sousas, que era a que ,naquel entonces , se consumía na casa familiar. Algún adulto abría a botella (ou sexa, a min mesma) e.......... psssssssssssss....... a húmida catástrofe era inminente. ambiental - musica celta
"Há um tempo em que é preciso abandonar as roupas usadas, que já tem a forma do nosso corpo, e esquecer os nossos caminhos, que nos levam sempre aos mesmos lugares. É o tempo da travessia: e, se não ousarmos fazê-la, teremos ficado, para sempre, à margem de nós mesmos." Pessoa
Non me gusta novembro. Nunca me gustou. Se cadra pola escuridade, a brevidade dos días, os cemiterios, os defuntos... Comeza un novo ciclo e unha se recolle , mira cara atrás e pensa en moitas cousas, sobre todo , na vida que pasa... Quédome como as árbores no outono, núa, sen follas , reconcentrada en min mesma.
Levo xa varias entradas impregnadas do aroma que este mes ten para min: que si sombra Rosaliana, que si nacer e morrer o único argumento desta obra, que si peixes-cronos devorándome...
É o momento de facer limpeza de armarios e procurar que flúa a enerxía estancada. De feito niso estou estes días, en sentido real e figurado. Desfacerse do que xa non é útil, do que xa non teña sentido gardar. Desfacerse dos lastres, dos pensamentos negativos, mortecinos , debilitantes e pouco productivos. Deixar de acumular trastos ,emocións e sentimentos inservibles.
Na nosa casa todo isto se acumula nun soto. Algúns din que isto simboliza desorden nas lembranzas e experiencias acumuladas no subconsciente e non integradas. É posible. O feng-shui recomenda reorganizar estos espazos polo menos unha vez ao ano. Só debería quedar o que é necesario e reporta algún tipo de beneficio. Pois ben, aí , entre a roupa e os trastos vellos, perdido e esquecido, estaba el: Cunqueiro e a súa Escola de menciñeiros. A súa relectura é autocurativa e está conseguindo que novembro sexa menos novembro para min, e así poder seguir gozando desta vida tan extraña e tan fermosa á que tanto teño que agradecer, tamén en novembro, o mes da morte e dos mortos, que está a piques de nacer.
Para os que se "afrixoan" nesta época do ano :
Cunqueiro, Escola de menciñeiros;
BORRALLO DE LAGOA
"Os que en neloutras partes chaman alganados ou ensumidos, por Terra de Miranda e Pastoriza dinlles afrixoados. Xente é que entrista, enfraca, cánsase, desavece a comida, e morre aborrecida e calada nun recuncho, a pel da cor da cera, e por veces queixándose dun punto frío que lles vaga polo corpo, cando no peito, cando na espiña. Borrallo estaba especializado, que el mesmo fora un afrixoado e autocurouse. Parte da terapéutica consistiu en adeprender a ler; vendeu unha terra e foi pasar un mes a Ourense. Volveu novo."
LAMAS VELLO
"Tralo exame (o doente) era obrigado a ollarse, durante un tempo, en silencio, no espello de Lamas Vello. -¿Acórdaste como eras hai dez anos?¿El que te atopas agora de novas feitas? O enfermo dicía os cambios que atopaba na súa fisonomia. Lamas vello, novo Hans Kaspar Lavater(1), atopábaos todos moi significativos. Ouvíalle ó doente toda a súa enfermidade e toda a súa vida. Tiña , como tódolos curadores que eu coñecín, unha postura de amigable escoitar, de garimoso confesor. -A enfermidade non cha botou ninguén-acostumaba a dicir ó doente. A súa tese era que as doenzas adentrámolas en nós mesmos. Un soño, poño por caso, pode dar unha doencia, o mesmo que unha anguria, un mal pensamento, un desexo insatisfeito, a envexa que lle temos a Fulano ou Mengano, a mala teima que pomos en aqueloutro. Unha persoa humildosa, calada, amiga, esmoleira, está inmunizada contra moitas doenzas. Os soberbios, avaros, chufóns, irados, sobresaltan o sangue, e adoitan o corpo para que lles veña unha doenza. Tódalas doenzas teñen un nome humano, que os médicos non saben; os médicos sábennlles ás doenzas en xeral un nome científico, e por eso precisan dunha ciencia para curar, con menciñas científicas."
(1)Johann Caspar Lavater (Zúrich, 15 de noviembre de 1741- 2 de enero de 1801) fue un teólogo y escritor protestante suizo de lengua alemana.
Alcanzó notoriedad sobre todo gracias a su obra sobre la fisionomía: El arte de conocer a los hombres por la fisionomía (1775-1778).
Goethe, que fue amigo suyo, era un gran admirador de su obra. Hay que considerarle fundador de la fisionomía y de la morfopsicología. Madeleine Peyroux - Les feuilles mortes
¿Qué es esa sombra que inunda, rodea, agobia y atenaza implacablemente el alma de Rosalía, y, al mismo tiempo, la fascina y la deslumbra, y de la cual de ninguna manera puede desprenderse?
"Muchas respuestas se han dado a esta pregunta y es natural porque estamos ante una de las aportaciones poéticas más acertadas de la poetisa gallega, como es el empleo del símbolo en toda su pureza. En palabras de Marina Mayoral, “en la naturaleza misma del símbolo está el aludir de forma vaga e indeterminada a la realidad a la cual se refiere. La diferencia entre símbolo y metáfora radica, precisamente, en la distinta manera de referirse al término real. En la metáfora hay una correspondencia exacta entre término real y término imaginario. (Cuando Miguel Hernández dice: ‘un manotazo duro, un golpe helado, / un hachazo invisible y homicida, / un empujón brutal te ha derribado’, no cabe duda de que se está refiriendo a la muerte); por el contrario, el símbolo alude a una esfera de realidades, pero sin precisar: el buitre que devora las entrañas de Unamuno no podemos decir que sea el símbolo de su ansia de inmortalidad o de la lucha entre la fe y la razón. Representa un sentimiento de tipo doloroso que el autor siente como un desgarro interior. Y no podemos precisar más”.3
Así, pues, el misterioso poema rosaliano se centra en una presencia obsesiva e inquietante que por lo borroso y enigmático de su interpretación es un símbolo polisémico interpretado de muy diversas maneras por los numerosos eruditos que se han visto atraídos por él.
Domingo García Sabell le da una interpretación metafísica a la luz de la filosofía heideggeriana. Para él la negra sombra representa la conciencia existencial, al expresar Rosalía el descubrimiento de la nada del ser. Debido al reinado tiránico y absoluto de la Nada, su vida entera queda esclavizada por el espejo negro del no-ser y por la obsesión dramática en la lucha denodada de escapar a su feroz hegemonía.4
Para Fermín Bouza Brey, en los dieciséis versos de “Negra sombra” están condensados los hondos pesares de muchas generaciones poéticas gallegas, de muchos espíritus lacerados que han sentido la zarpa de la “umbrosa soledad”. La sombra del poema representa “la saudade”, el dolor sombrío del alma gallega, acumulado durante siglos y que en el poema rosaliano halló forma definitiva.5
Para Ricardo Carballo Calero, “Negra sombra” supone la culminación de un motivo lírico esencial, y expresa y simboliza con enorme fuerza poética el sentimiento y el pensamiento de la propia angustia de Rosalía, y concreta que la “sombra” es un recuerdo, un mal recuerdo del pasado,6 en alusión, tal vez y entre otras cosas, al nacimiento ilegítimo de la poetisa, hija de un sacerdote, y a la triste infancia, alejada de su madre por conveniencias sociales y marginada en aquella sociedad puritana.
Marina Mayoral, después de haber estudiado las diferentes categorías de sombras, tan frecuentes y desperdigadas en la obra poética de Rosalía, las clasifica en tres grupos fundamentales: las sombras como elementos decorativos o retóricos, herencia del Romanticismo; las sombras personales y familiares, que, “esperando a los que aman”, existen en un misterioso mundo de ultratumba, y esta “negra sombra” simbólica con la que en este poema “se expresa de manera concentradísima la trayectoria espiritual de Rosalía ante el descubrimiento del Dolor”, y así, “la negra sombra es el símbolo del dolor existencial”.7
Estas y otras muchas interpretaciones ha originado el poema de Rosalía y lo único que está fuera de duda es que el símbolo de la “Negra Sombra” alude a vivencias de signo doloroso, ya sea un mal recuerdo, la angustia existencial, la tristeza, el “dolorido sentir”, la soledad o la saudade... En fin, algo misterioso e indefinible que embargaba de manera dolorosa e inconmensurable el alma de la poetisa."
A realidade estase volvendo tan complexa ,tan difícil de valorar, analizar e comprender... Nun mesmo día ETA abandona as armas e Gadafi é brutalmente asasinado. E todo pasa a velocidade de vértigo. Entón mírome ao espello na percura de calma e comprensión de, polo menos, o que teño máis cerca, esa imaxe que o espello devolve, esa extensión do que eu son en realidade... e alí no fondo do lago aparece él: o PEIXE CRONOS, feroz e terrible, con ansias de devorarnos.
SYLVIA PLATH; EL ESPEJO
Soy de plata y exacto. No tengo prejuicios. Todo lo que veo lo trago de inmediato tal y como es, sin la turbiedad del amor o de la antipatía. No soy cruel, solo veraz- el ojo de un diosecillo con cuatro esquinas-. La mayor parte del tiempo medito sobre la pared de enfrente. Es rosada. Con manchas. La he mirado tanto que creo que forma parte de mi corazón. Pero se mueve. Caras y oscuridad nos separan una y otra vez.
Ahora soy un lago. Una mujer se asoma sobre mí, buscando en mi extensión lo que ella es en realidad. Luego se vuelve hacia esas embusteras, las velas o la luna. Veo su espalda y la reflejo con fidelidad. Me recompensa con lágrimas y gesticula con las manos. Soy importante para ella. Viene y va. Cada mañana es su cara lo que sucede a la oscuridad. En mí ha ahogado una muchacha, y desde mí una mujer mayor se eleva hacia ella día tras día, como un pez terrible.
Adoro o estado líquido. Esta lúa está chea de "liquideces": cidades líquidas, laberintos líquidos, mares, ríos , lagos, fontes e regatos. E agora tamén de revolucións líquidas. Así lle chama Zygmunt Bauman, filósofo e sociólogo polaco, o vivido por moitos de nós o 15 de outubro.
"Bauman califica a este movimiento, como es bien evidente, de “emocional” y, en su parecer, “si la emoción es apta para destruir resulta especialmente inepta para construir nada. Las gentes de cualquier clase y condición se reúnen en las plazas y gritan los mismos eslóganes. Todos están de acuerdo en lo que rechazan, pero se recibirían 100 respuestas diferentes si se les interrogara por lo que desean”. (...)
La emoción es (¿cómo no?) “líquida”. Hierve mucho pero también se enfría unos momentos después. “La emoción es inestable e inapropiada para configurar nada coherente y duradero”. De hecho, la modernidad líquida dentro de la cual se inscriben los indignados posee como característica la temporalidad, “las manifestaciones son episódicas y propensas a la hibernación”. (...)
La emoción es apta para destruir, pero inepta para construir nada
El movimiento crece y crece pero “lo hace a través de la emoción, le falta pensamiento. Con emociones solo, sin pensamiento, no se llega a ninguna parte”. El alboroto de la emoción colectiva reproduce el espectáculo de un carnaval que acaba en sí mismo, sin consecuencia. “Durante el carnaval todo está permitido pero terminado el carnaval vuelve la normativa de antes”.
El movimiento no aceptaría un líder. Su potencia es su horizontalidad
Puede decirse, declara el profesor, que “nos hallamos en una fase especialmente interesante, como en un laboratorio de acción social nuevo”. Tarde o pronto la crisis terminará y, sin duda, las cosas serán diferentes pero ¿de qué modo?
“No me pida que sea profeta”, implora Bauman. “En algunos lugares, no en todos, el movimiento ha logrado conquistas importantes pero no es extensible a todos los países”. Lo líquido sigue siendo válido para la previsión del porvenir. La modernidad líquida se expresa, obviamente, en su falta de solidez y de fijeza. Nada se halla lo suficientemente determinado. Ni las ideas, ni los amores, ni los empleos, ni el 15-M. Por eso teme que tal arrebato acabe también, finalmente, “en nada”. No es seguro, pero siendo líquido, ¿cómo no pensar en la evaporación?
El país, hoxe.
Ben , e que? I
Isto invalida a forza de miles de persoas na rúa unidas por unha emoción común?
Existe ou existiu algunha revolución onde non fose a emoción a forza propulsora dos cambios?
A realidade é demasiado sólidae a fluidez deste movemento enche e ilumina as esperanzas nun cambio posible.
Cara onde?
Cara onde van os ríos, as augas das fontes ou dos regatos?
Temos que fluír e sentir dentro de nós a importancia de poder vivir este momento.
Admito incluso, como din algúns, que haxa intereses pouco claros detrás, que isto sexa un experimento de enxeñería social, como resposta o panfleto de Hessel.
Pero a indignación é sólida e os males que a orixinan tamén o son. Vivimos nunha sociedade secuestradapor poderes fácticos non elexidose os aparentes "poderes políticos"preséntanse como meros títeres , representando unha pantomima para encubriros verdadeiros factótums que están detrás do escenario. Por iso , o desencanto continúa: cambian os colares pero os cans sempre son os mesmos.Vivimos nunha democracia pero non é real. A tarefa é facer REAL esa democracia.
E falando de democracia, isto é o que está pasando agora no berce da DEMOCRACIA. Isto estase a poñer moi, moi feo... DA AUGA AO LUME, DO LÍQUIDO AOS GASES INCANDESCENTES
"Se envía a la gente a Guantánamo para imponer la ley y el orden, y por lo mismo se blanquea dinero en las islas Caimán. Este movimiento (por el 15-O) no tiene nada que ver con la destrucción de la ley, sino con su construcción".
e agora ...a ver que fan os políticos.
"La inacción del pasado, propia de sociedades anestesiadas, ha dado paso a una más positiva reacción social que exige, sin embargo, grandes dosis de organización y mucho civismo. Los altercados de ayer en Roma son una grave rémora para un movimiento reivindicativo cargado de razones al que los políticos deberían atender con más atención. La salud de nuestras democracias depende en gran parte de ello. Limitarse a hacer guiños a los manifestantes desde los estrados en busca de votos es un burdo recurso con el que algunos políticos se equivocan estrepitosamente."Editorial de El país, hoxe.
"Otra cosa que este movimiento hace bien: Os habéis comprometido con la no violencia. Os habéis negado a regalar a los medios las imágenes de ventanas rotas y luchas callejeras que ansían con tanta desesperación. Y esa tremenda disciplina ha significado que, una y otra vez, la historia ha sido la escandalosa y no provocada brutalidad policial. De la que vimos aún más anoche. Mientras tanto, el apoyo a este movimiento crece cada vez más. Más sabiduría." Naomi Klein
ROMA
¿QUEN LLES PAGA A ESTES?¿ OU SERÁN POLIS INFILTRADOS COMO XA PASOU EN BARCELONA?
Black block ? Camicie neri? Lo mismo me da que me da lo mismo.
"¡Globalicemos la Plaza Tahrir! ¡Globalicemos la Puerta del Sol!" Intelecuales como Naomi Klein, Noam Chomsky y Eduardo Galeano firman un manifiesto global de apoyo a las marchas del 15-O
PÚBLICO.ES Madrid 15/10/2011 01:00
Los intelectuales Naomi Klein, Vandana Shiva y Noam Chomsky y Eduardo Galeano se han sumado a un manifiesto global impulsado por los organizadores de las marchas que mañana saldrán en todo el mundo en el que exigen una "democracia global: un gobierno global del pueblo y para el pueblo".
Inspirados en las revueltas árabes de Túnez, Egipto, Libia, Siria, Bahrain, lo que ocurren entre Palestina e Israel, la ocupación de Wall Street, las protestas en Chile y en los recortes en España y Grecia, en el texto exigen además "un cambio de régimen global". "En las palabras de Vandana Shiva, la activista india, exigimos el remplazo del G8 por la humanidad completa: el G7.000.000.000".
Los firmantes abogan por un cambio en las "instituciones internacionales no democráticas" como "el FMI, OMC, el comercio internacional, los bancos multinacionales, el F8/G20 y el Consejo de Seguridad de la ONU", que son, según el manifiesto, el "Mubarak global". "Nuestro Assad mundial, nuestro Gaddafi internacional", señala. Demandan así que todas ellas actúen con el consentimiento del pueblo, o de lo contrario, advierten, "deben ser derrocadas".
"Exigimos el cambio del G8 por la humanidad completa: el G7.000.000.000"
Denuncian además que son las "fuerzas globales" las que determinan las vidas de las personas. "Nuestros trabajos, nuestra salud, nuestra vivienda, nuestra educación y nuestras pensiones están controladas por los bancos internacionales, el mercado, los paraísos fiscales, las corporaciones y las crisis financieras", lamentan. Por ello, aseguran que "esto debe terminar" y añaden que, de hecho, "va a terminar". Concluyen el texto con una referencia a los indignados españoles: "Como los indignados españoles decimos '¡Democracia real ya!' Democracia global real ya. Hoy hacemos un llamado a los ciudadanos del mundo: ¡Globalicemos la Plaza Tahrir! ¡Globalicemos la Puerta del Sol!".
El manifiesto se ha elaborado después de cuatro meses de trabajo, en los que se han realizado consultas entre los grupos, activistas y asambleas de países como Egipto, Túnez, Reino Unido, Alemania, España, EEUU, Palestina, Israel, Brasil, México, Uruguay, Argentina, India y Australia. El manifiesto
El 15 de octubre, unidos y unidas en nuestra diversidad por un cambio global, exigimos democracia global: un gobierno global del pueblo y para el pueblo. Inspirados en nuestros hermanos y hermanas en Túnez, Egipto, Libia, Siria, Bahrain, Palestina-Israel, España, Chile y Grecia, también exigimos un cambio de régimen: un cambio de régimen global. En las palabras de Vandana Shiva, la activista india, exigimos el remplazo del G8 por la humanidad completa- el G7,000,000,000.
Las instituciones internacionales no democráticas son nuestro Mubarak global, nuestro Assad mundial, nuestro Gaddafi internacional. Estas incluyen: el FMI, OMC, el comercio internacional, los bancos multinacionales, el G8/G20 y el Consejo de Seguridad de la ONU. Como Mubarak y Assad, no permitiremos que dirijan nuestras vidas sin nuestro consentimiento. Todos nacimos iguales, pobre o rico, mujer o hombre. Africanos y Asiáticos son iguales a Europeos y Americanos. Nuestras instituciones deben reflejar esto o ser derrocadas.
Hoy, más que nunca, fuerzas globales determinan nuestras vidas. Nuestros trabajos, nuestra salud, nuestra vivienda, nuestra educación y nuestras pensiones están controladas por los bancos internacionales, el mercado, los paraísos fiscales, las corporaciones y las crisis financieras. Nuestro medio ambiente está siendo destruido por contaminación en otros continentes. Nuestra seguridad la determinan las guerras y el comercio de armas, drogas y recursos naturales que benefician a personas fuera de nuestras fronteras. Estamos perdiendo el control sobre nuestras vidas. Esto debe terminar. Esto va a terminar. Los ciudadanos del mundo debemos recuperar el control sobre las decisiones que nos afectan a todos los niveles – de global a local. Esto es democracia global. Esto es lo que hoy exigimos. [Este párrafo fue agregado siguiendo las sugerencias de las asambleas]
Como los zapatistas mexicanos, hoy decimos “¡Ya basta! Aquí el pueblo manda y el gobierno obedece” - ¡Ya basta! Aquí el pueblo manda y las instituciones globales obedecen. Como los indignados españoles decimos “¡Democracia real ya!”- Democracia global real ya.
Hoy hacemos un llamado a los ciudadanos del mundo: ¡Globalicemos la Plaza Tahrir! ¡Globalicemos la Puerta del Sol!
Celebro si. Celebro todo. Celebro estar viva e celebro este pequeno curruncho de laios e alegrías que é este espazo lunático. Brindo con todos e todas os que vos achegades a este caderno de anotar a vida.
20.000 visitas. ¡que redondez!
Moitas grazas por vir. Pouco novo teño que ofrecer ultimamente. Estou nun momento de inflexión, reflexión e cambio. Se cadra por iso dóuseme por mirar cara atrás e recuperar obras do pasado , e de paso lembrar a moitos amigos e amigas que posúen un anaquiño da miña alma. Pero coa mirada posta ao frente, cun rebumbio interior que xa está empezando a saír en forma de novos debuxos, collages e experimentos varios. Afortunadamente Manuel segue pegado a súa cámara ( e a mín) e sorpréndeme cada día con novas e impactantes imaxes que gozo compartindo con vós. A cronopia pequena, xa non é tan pequena e non lle apetece tanto mostrar as súas obras. Reclama o seu propio espazo, como é natural.
E ben, o tempo pasa :
Todo pasa y todo queda, pero lo nuestro es pasar, pasar haciendo caminos, caminos sobre el mar.
Al andar se hace camino y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar.
Pois iso, pasemos e gocemos desta cousa extraña que nos pasa, que é a vida.
Apple en china: “condiciones de trabajo occidentales”
Albert Sales i Campos Rebelión
24 de septiembre de 2011. La organización china SACOM (Students & Scholars Against Corporate Misbehaviour) organiza una protesta en el acto de inauguración de la tienda Apple del centro financiero de Hong Kong. Este colectivo de activistas denuncia las sucesivas violaciones de los derechos laborales de las personas que trabajan en la cadena de suministro de la empresa estadounidense. Detrás de los innovadores productos Apple, hay factorías donde miles de obreros y obreras se enfrentan a largas jornadas laborales, bajo una gran presión y expuestos a productos tóxicos sin la protección adecuada.
En 2009, 137 trabajadores de Wintek (Suzhou) sufrieron intoxicaciones por n-hexane. Un año después, 8 obreros de Yun Heng Metal (que se dedicaban a pulir los logos de Apple) también resultaron gravemente enfermos por intoxicación por la misma sustancia. Ya en 2011, una explosión en una fábrica de Foxconn, en Chengdu, que produce iPads, mató a tres personas y provocó graves heridas a 15 más. Ante estos acontecimientos, Apple se mantuvo en silencio. La prensa occidental también.
Precisamente en Foxconn, se produjeron los primeros meses de 2010 una serie de suicidios de personas trabajadoras que se encontraban bajo una presión insoportable. La situación extrema tuvo cierta repercusión en medios internacionales y los principales clientes de Foxconn, Apple y HP, aseguraron que se tomarían medidas para mejorar las condiciones laborales. Un año después la situación no sólo no ha cambiado, sino que la empresa china ha trasladado parte de la producción a nuevas fábrica en zonas más alejadas de los antiguos polos industriales de Chengdu, hacia el interior. SACOM ha documentado acumulaciones de entre 80 y 100 horas extraordinarias mensuales, el cálculo a la baja sistemático de los salarios, la desprotección de las obreras y los obreros que trabajan con sustancias tóxicas, y unas estrategias de reclutamiento militares con folletos publicitarios que prometen a quien quiera incorporarse a Foxconn "condiciones laborales occidentales".
Apple no es ni la mejor ni la peor de las marcas de electrónica que invaden el planeta con sus productos. La explotación y la exposición de trabajadores a sustancias tóxicas es una constante del sector que sufre niveles de precariedad equiparables a los del sector global de la moda y la confección. HP, Dell o Samsung también se encuentran entre las empresas denunciadas por campañas internacionales y organizaciones asiáticas. Apple, no obstante, pretende asociar su marca a unos valores corporativos muy lejanos a la triste realidad de las fábricas. Mientras esta información sea enterrada en una espiral de silencio mediático y continuemos entronizando a empresas, marcas y gurús de la posmodernidad, la vulneración de los derechos laborales más fundamentales continuará extendiendos imparable.
En el actual sistema productivo internacional, parece que la innovación y visión de futuro no son suficientes para construir un gran imperio. Steve Jobs descansa en paz. Esperamos que los obreros y las obreras de Foxconn encuentren descanso en vida.
“No puedes conectar los puntos hacia adelante, sólo puedes hacerlo hacia atrás. Así que tenéis que confiar en que los puntos se conectarán alguna vez en el futuro. Tienes que confiar en algo, tu instinto, el destino, la vida, el karma, lo que sea. Porque creer que los puntos se unirán te dará la confianza de confiar en tu corazón. Esta forma de actuar nunca me ha dejado tirado, y ha marcado la diferencia en mi vida.”
“A veces, la vida te golpea en la cabeza con un ladrillo. No perdáis la fe. Estoy convencido de que la única cosa que mantuvo en marcha fue mi amor por lo que hacía. Tenéis que encontrar que es lo que amáis. Y esto vale tanto para vuestro trabajo como para vuestros amantes. El trabajo va a llenar gran parte de vuestra vida, y la única forma de estar realmente satisfecho es hacer lo que consideréis un trabajo genial. Y la única forma de tener un trabajo genial es amar lo que hagáis. Si aún no lo habéis encontrado seguid buscando. No os conforméis. Como en todo lo que tiene que ver con el corazón, lo sabréis cuando lo hayáis encontrado. Y como en todas las relaciones geniales, las cosas mejoran y mejoran según pasan los años. Así que seguid buscando hasta que lo encontréis. No os conforméis.“