"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

martes, 22 de noviembre de 2011

DON ÁLVARO E OS NENOS



Ilustración de Xavier Vázquez Sánchez Puga

Xa dixen moitas veces que non creo nas casualidades. Pois ben, hoxe caeu nas miñas mans un libriño ben curioso. Prestoumo un compañeiro de traballo e amigo, que coñeceu persoalmente ao autor. Titúlase Jordán escondido y otros cuentos e nel recóllense tres contos en castelán de Don Álvaro adicados aos fillos dun amigo seu, o notario Alberto Casal , quen aporta tamén outros tres relatos a este libriño, ilustrado por diversos autores.
No prólogo, delicioso, de Paula Casal , a afillada de Cunqueiro comparte as súas lembranzas infantís e nos obsequia cun retrato moi tenro do escritor. Conta Paula que Álvaro, que era un máis desta familia e compartía con eles as comidas dos domingos e festivos ,recibía ás veces a estes nenos na súa casa vestido de Merlín para celebrar "congresos astronómicos". Os irmáns, disfrazados de meigas e magos para a ocasión, ían así vestidos nun taxi ao seu piso da Rúa Marqués de Valladares, que estaba sempre cheo de mazás e limóns por tódolos currunchos,tamén polo chan, porque , segundo Cunqueiro, servían de trampas para ladróns. E alí estaba Chis-Pún, así chamado porque de xoven era moi fraco e alto, como os cohetes das feiras. Abríalles a porta co seu disfraz de Merlín Cunqueiro e nada máis chegar, ofrecíalles doces variados ,bombóns de licor e un feixe de historias imaxinadas sobre estrelas imposibles ou planetas sen gravidade habitados por seres voadores , con corpos blandos coma vermes.
Sobra dicir que os contiños son marabillosos. O meu preferido é "Historia de una isla llamada Brenda". Se cadra , tamén o traio a lúa.





(LAMENTO MOITÍSIMO A PUBLICIDADE QUE LEVA ESTE REPRODUCTOR, PERO NON CONCIBO ESTE BLOG SEN MÚSICA, E COMO SABEDES, LISTEN GO ESTÁ DENUNCIADA POLAS PRODUCTORAS MUSICAIS. BAIXADE O SON DURANTE DEZ SEGUNDOS QUE É O QUE DURA O ANUNCIO)

3 comentarios:

  1. Si algún día llegamos a encontrarnos en el mundo "real" vamos a celebrar un Congreso astronómico de meigas/brujas, cada cual con su escoba, su sombrero y su varita...sería maravilloso!!!!
    Me encanta la ropa de Merlín, toda estrellada!!!!!
    Besos.

    ResponderEliminar
  2. Hecho.
    Adoro disfrazarme. Tanto como cuando era (¿?) niña.
    Cómo me habría gustado que en mi infancia también hubiera un Álvaro contador de historias. Aunque, bueno, yo ya me las contaba a mí misma, igual que en la actualidad. Me inventaba mundos, hacía mis teatritos, mis decorados, mis fabulaciones y mis aquelarres infantiles.
    Los de ahora sí que tienen peligro. Y te dejo que hierve la marmita y los ojos de sapo tienen un tiempo de cocción. Si se pasan, la pócima ya no funciona.
    Besos ameigados.

    ResponderEliminar
  3. Buscando información dos personaxes de Álvaro Cunqueiro atopeime con este relato marabilloso. Graciñas por compartir.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.