"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

viernes, 22 de octubre de 2021

ILUSIÓN E REALIDADE. Cunqueiro and me.



ÁS veces as ilusións fanse realidade.

Outras, non.

 

 

Un día recibín por sorpresa unha proposta tan ilusionante como irreal....

 

Alguén veu nas redes os meus debuxos de persoaxes de Cunqueiro e gustou deles. 

A proposta consistía en participar, coas miñas ilustracións, nun proxecto de musealización da casa natal de Cunqueiro en Mondoñedo. A equipa estaba integrada por un arquitecto, unha catedrática de literatura, un deseñedor gráfico e , por último, servidora e as súas criaturas inspiradas nas obras de Don Álvaro.

Sentía que aquilo quedábame grande. Tamén sentía que non merecía tal agasallo do destino, habendo , como hai en Galiza, tan bos ilustradores e ilustradoras e artistas en xeral. Pero é tal a paixón que sinto por este autor e a súa obra que aceptei , inxenuamente, formar parte deste grupo de traballo e deste marabilloso proxecto. 

Foi a concurso e despois de moito tempo agardando a resolución do mesmo, a  teimuda realidade impuxo a súa tiranía e alí quedou, no caixón dos soños incumpridos.

 

 

Días pasados quixen ir alí. Ver que fora da miña ilusión...

 ...Pois UNHA ENORME DESILUSIÓN . 

Non me gustou nada o resultado. Por moitas razóns , pero sobre todo , porque non se respira Cunqueiro por ningures. Un resultado  gris, carente de imaxinación . 

A casa é moi bonita, cunhas vistas extraordinarias á praza e á catedral pero a atmosfera orixinal na que Cunqueiro desenvolveu a súa actividade literaria tamén  está ausente .

Se cadra fora preferible respetar os espazos da intimidade creadora do escritor , fieles ao que foron na realidade ( onde por suposto non pintan nada nin  un restaurante nin unha cafetería) e adicar outro espazo diferente  ao inagotable universo de Cunqueiro.

Non o sei  .

Só sei que o Gatipedro, o bolimarte, o sorisco falador, a serea Venadita, o tordavisco, Tristán, o emperador da China, Sari e Sinbad, e demais familia,  saímos da Casa Museo de Cunqueiro tristocos e co rabiño entre as pernas.

Literatura e intereses partidistas non casan ben.














 





https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/03/01/cesar-cunqueiro-acude-hoy-inauguracion-15763243.html



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.