"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

viernes, 5 de octubre de 2018

ÉRASE UNHA VEZ ( revisado , porque nada aguantano paso do tempo. Nin sequera os contos )


Couperin - Solo de arpa










Hai moitos anos, antes de que o tempo fora tempo e cando as cousas  podían ser ou non ser, a meiga  Cronopiana , vivía , casi feliz, nunha antiga e fermosa árbore. 



Foi herdanza dos seus antepasados e  Cronopiana coidaba a súa casa con  amor e gozaba e agradecía todo o que a árbore lle ofrecía. 

Desde nena tiña unha  inquedanza: gardaba nunha caixiña un anaco de mapa que a súa nai lle entregara antes de morrer e tódolos días lembraba con emoción as súas últimas palabras: 

“Querida filla, marcho que teño que marchar. Só quero que sempre conserves esta caixiña. A árbore na que ti agora vives, oculta un tesouro. Deberás atopar os outros anacos dispersos polo mundo e unha vez que os xuntes poderás conseguir o tesouro e vivirás feliz para sempre”.



 Cronopiana pediu axuda aos paxaros que voaron por todo o mundo espallando a mensaxe. 



Un día , cando a meiga varría as follas secas, chegaron pola porta unha morea de  personaxes extravagantes . Traían unha caixiña de nácar, similar á que ela posuía.
 Decidiron celebrar aquel encontro cunha gran festa baixo a árbore.

 De súpeto , todos e todas sentiron nos seus corazóns unha profunda ALEGRÍA. 

Non foi necesario abrir as caixiñas e compoñer o plano.
Alí estaba o tesouro.




Cando despertaron , o tesouro seguía alí.













 Cronopiana seducindo ao príncipe de Bichimelandia.







A meiga  Cronopiana despois do bico desenfeitizante que a converte en fada



A duquesa de "Míramenonmetoques" charlando amistosamente co mago de Xerusalén. No espello, as fadas Coralia e Maruxa , unidas polo reflexo, observan a escena.





O cabaleiro "Ferdinand Corazón de León" acariciando ¿amorosamente? ao
 meigo de Xerusalen. Desde o espello, unha mirada baixo un sombreiro
observa todo.














.



As fadas Maruxa e Coralia a piques de saír voando entre libélulas e volvoretas . En direccións opostas pero cara a un único destino: ELAS mesmas.








O mago de Xerusalén namorando á nínfula dos bosques.



A nínfula dos bosques,  despois de aceptar as proposicións deshonestas do meigo de Xerusalén.

"As rexoubonas" seguen observando desde o outro lado do espello.





A autora espiritual deste relato en pleno proceso creativo.







Cando despertaron, o tesouro aínda estaba alí.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.