Couperin -
Hai moitos anos, antes de que o tempo fora tempo e cando as cousas podían ser ou non ser, a meiga Cronopiana , vivía , casi feliz, nunha antiga e fermosa árbore.
Foi herdanza dos seus antepasados e Cronopiana coidaba a súa casa con amor e gozaba e agradecía todo o que a árbore lle ofrecía.
Desde nena tiña unha inquedanza: gardaba nunha caixiña un anaco de mapa que a súa nai lle entregara antes de morrer e tódolos días lembraba con emoción as súas últimas palabras:
“Querida filla, marcho que teño que marchar. Só quero que sempre conserves esta caixiña. A árbore na que ti agora vives, oculta un tesouro. Deberás atopar os outros anacos dispersos polo mundo e unha vez que os xuntes poderás conseguir o tesouro e vivirás feliz para sempre”.
Cronopiana pediu axuda aos paxaros que voaron por todo o mundo espallando a mensaxe.
Un día , cando a meiga varría as follas secas, chegaron pola porta unha morea de personaxes extravagantes . Traían unha caixiña de nácar, similar á que ela posuía.
Decidiron celebrar aquel encontro cunha gran festa baixo a árbore.
De súpeto , todos e todas sentiron nos seus corazóns unha profunda ALEGRÍA.
Non foi necesario abrir as caixiñas e compoñer o plano.
Alí estaba o tesouro.
Cando despertaron , o tesouro seguía alí.

|  | 
| Cronopiana seducindo ao príncipe de Bichimelandia. | 
|  | 
| A meiga Cronopiana despois do bico desenfeitizante que a converte en fada | 
|  | 
| A duquesa de "Míramenonmetoques" charlando amistosamente co mago de Xerusalén. No espello, as fadas Coralia e Maruxa , unidas polo reflexo, observan a escena. | 
|  | 
| O cabaleiro "Ferdinand Corazón de León" acariciando ¿amorosamente? ao meigo de Xerusalen. Desde o espello, unha mirada baixo un sombreiro observa todo.  | 
| . | 
|  | 
| As fadas Maruxa e Coralia a piques de saír voando entre libélulas e volvoretas . En direccións opostas pero cara a un único destino: ELAS mesmas. | 

|  | 
| O mago de Xerusalén namorando á nínfula dos bosques. | 
|  | 
| A nínfula dos bosques,  despois de aceptar as proposicións deshonestas do meigo de Xerusalén. "As rexoubonas" seguen observando desde o outro lado do espello. | 
|  | 
| A autora espiritual deste relato en pleno proceso creativo. | 
|  | 
| Cando despertaron, o tesouro aínda estaba alí. | 

 























































