"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

miércoles, 1 de mayo de 2013

ἐνέργεια II (Decálogo)


Ultimamente penso moito na enerxía e na  súa perda,  e hoxe, "casualmente", atopei isto. 
Moitas destas pautas son demasiado obvias pero por iso mesmo , as esquecemos facilmente.
 Desde hoxe vou pegalas cun imán na neveira. (grazas, A.)

1- Deixa ir a persoas que só chegan para compartir queixas, problemas, historias desastrosas, medo e xuízo dos demais. Se alguén busca un cubo para botar o seu lixo, procura que non sexa na túa mente.

2- Paga as túas contas a tempo. Ao mesmo tempo cobra a quen te debe ou elixe deixalo ir, se xa é imposible cobrarlle. As débedas non caducan co tempo, aínda que a lei te protexa; se responsable, é mellor facer un prazo de céntimo a céntimo, que perder a túa prezada enerxía e a túa palabra.

3- Cumpre as túas promesas. Se non cumpriches, pregúntate por que tes resistencia. Sempre tes dereito a cambiar de opinión, a desculparte, a compensar, a renegociar e a ofrecer outra alternativa cara a unha promesa non cumprida; aínda que non como costume. A forma máis doada de evitar non cumprir con algo que non queres facer, é dicir NON dende o principio.

4- Elimina no posible e delega aquelas tarefas que non prefires facer e dedica o teu tempo a facer as que si gozas. Aínda que non debes de fuxir de responsabilidades e non todo o tempo é factible, moitas veces por puro control ou por non nos dar o permiso, seguimos perdendo tempo en nimiedades e abandonando o verdadeiramente significante nas nosas vidas.

5- Date permiso para descansar se estás nun momento que o necesitas e  para actuar, se estás nun momento de oportunidade. A natureza, ten ritmos e a túa vida tamén. Non actuar no momento erróneo quítate enerxía e non parar cando o necesitas, tamén.

6- Tira, recolle e organiza, nada che toma máis enerxía que un espazo desordenado e cheo de cousas do pasado que xa non necesitas. Un por un, toma cada papel, cada recordo e ata cada sono e elixe.

7- Dá prioridade á túa saúde, sen a maquinaria do teu corpo traballando ao máximo, non podes facer moito. Toma sol polas tardes, medita, respira báñate no mar, fai exercicio na natureza, escoita o teu corpo e elimina as toxinas. Fai unha cita médica e mira se che faltan minerais ou vitaminas. Aliméntate con comidas orgánicas (sen pesticidas) e frescas; traballa na prevención para evitar a crise dunha enfermidade (un aviso un corpo sen enerxía).

8- Enfronta as situacións tóxicas que estás a tolerar, dende rescatar un amigo ou un familiar, ata tolerar accións negativas dunha parella; e toma a acción necesaria. Resignarte a unha situación e sentir que non tes control, só conseguirá drenarte.

 9- Acepta. Non é resignación, pero nada  fai perder máis enerxía que o resistir e pelexar contra unha situación que non podes cambiar.

10-Perdoa, deixa ir unha situación que che estea a causar dor, sempre podes elixir deixar a dor do recordo.


4 comentarios:

  1. Gostei do decálogo, agora vou ver se tento ponhê-lo em práctica e depois digo-che se funciona :-D...
    Mas o que mais gosto é de toda a arte que há sempre neste blogue!!!

    ResponderEliminar
  2. E H.L.?
    ¿que me dis?
    Teremos que falalo no noso "locus amoenus" recén descuberto.
    Hoxe era un día perfecto para estar alí.
    Ese lugar si que ten arte.

    Bicos, anónima/o do meu corasón

    ResponderEliminar
  3. Vaia! temos un lugar "SEGREDO" para contar segredos.

    ResponderEliminar
  4. Salenas, maravillosa Cronopia de mares lejanos. Cada vez que vengo a zambullirme en tu espacio salgo llena de sueños. En esta ocasión me has maravillado con la 3a parte del universo Cunqueiro y los poemas de Jorge Eduardo Eielson. Y bueno, ni qué decir de las imágenes: siempre de una belleza indescriptible. Monikiña mia, este decálogo es estupendo. Creo saber quien te lo compartió, pero no estoy muy segura. En fin, lo que quierop preguntarte es si lo tienes en español y, si no es mucha molestia, me lo podrías prestar para tenerlo conmigo y para compartirlo? Mientras me llega tu respuesta , te dejo millones de besos y abrazos.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.