"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 11 de junio de 2012

XUÑO

"Nunca é alto o prezo a pagar polo privilexio de pertencer a sí mesmo..." Nietzsche
 
Kroke - T 4.2

































Se fiel á túa natureza e a ti mesmo,
Non temas nin esperes fama e oprobio,
Abonde para ti a pequena voceciña
Que clama no teu oído interior.


Busca o aplauso da túa autoaprobación
O que os homes non saben, ti sábelo!
Despreza todo ídolo que levanten os outros
Inclínate ante o teu propio ideal.


Se o teu propio Deus: faite libre,
Libre como o aire que xira,
Que o teu pensamento sexa o empíreo para ti,
Rompe todo ferrollo e barra que te encarcere.


Non alimentes o teu pensamento con pensamentos;
Nin deixes de mirar ao sol e á luz para observar
Claustros escuros pavimentados de tumbas
Onde se podrecen os ósos de días pasados.


"Non morras de pena", din os sabios;
"Nin gardes loito ao pasado, o pasado enterrado,"
Fai o que debas, se forte e valente,
E, como a estrela, sen présa e sen pausa.
Deixa xa de queixarte e de inquietarte:
Se valente na aflición, puro na fortuna;
Fai o ben, pois é bo facer o ben:
Rexeita o suborno do ceo e a ameaza do inferno (...)


Agora segue o teu camiño coa face serena,
Non temas contar a túa humilde historia:
Os murmurios do vento do deserto:
O ruído da campá do camelo.


Sir Richard Burton ; Casida 






 

6 comentarios:

  1. Que bonito, Richard...casémonos de nuevo, mi amor.
    Elizabeth Taylor reencarnada en JU.

    P.D.
    É o meu lado feminino. Ciao.

    ResponderEliminar
  2. Non é é ese Richard,nin é ese Burton, pero vale, Liz, tomo nota.

    Sir Richard Burton foi un personaxe carismático e peculiar da época victoriana: explorador, científico, militar, antropólogo, escritor e traductor.
    Pero , sobre todo, un gran buscador.

    ResponderEliminar
  3. unhas fotos moi fermosas

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. O alcohol consérvanos tan ben que seguimos viviñxs e coleando. A inmortalidade cinematográfica crea monstruos.
    Algo sabía do R. Burton que falas, dalle a tantas cousas e supoño que o seu nome será alí, como eiquí Antonio Fernández. Ciao.

    ResponderEliminar
  5. Fascinante este Burton. Collín este libro por equivocación e estou atopando as fontes do Nilo.

    A biografía e a obra deste individuo é máis que sorprendente.

    "Tal vez haya sido uno de los más grandes exploradores de todos los tiempos. No obstante, Richard F. Burton, militar, filólogo y prolífico escritor, fue antes que nada, un rebelde por antonomasia. Autor de una famosa traducción al inglés de Las mil y una noches ( muy estimada por el gran escritor J.L. Borges), en 1856, fue designado por la Real Sociedad Geográfica, de Londres, para encabezar la expedición para hallar las fuentes del Nilo, Burton tenía 35 años y su nombre ya era famoso en todo el mundo. A esa edad era un individuo inquieto, extravagante, audaz y terriblemente brillante. A los 18 años ya dominaba media docena de idiomas. Y en total llegó a hablar y escribir correctamente 29 lenguas, además de varios dialectos hasta sumar 40. A los 21 años comenzó su carrera de trotamundos haciéndose expulsar de la Universidad de Oxford, donde era considerado un genio."

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Aldabra, pero o fotógrafo só é o notario da beleza do real.
    M.L.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.