"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 15 de marzo de 2012

INQUIETANTE DINO VALLS

"Unha obra de arte pesa tanto como o volume de inconsciente que desaloxa." Dino Valls











"O que fago como artista é afondar na parte máis escura e descoñecida de ser humano. A miña pintura viría a ser un xeito de manchar o branco." Dino Valls


yan tiersen - monochrome







... E con nova figuración queremos dicir pintura inquietante e fermosa, ateigada de conceptualidade e de desasosego. Demostra o seu dominio do debuxo, a artesanía transcendida na arte do óleo, o oficio de mirar. Dino Valls viaxa, dende a claridade e a conciencia, cara á escuridade que nos habilita e nos conforma intimamente. Desvela estados psíquicos, angustias, visións dobres que irrompen dende o fondo do espello, e avísanos de que baixo as roupaxes da beleza, tras a pel do desexo, se oculta a fraxilidade e a turbiedade, mulleres de mirada ferida, criaturas que combaten a insoportable melancolía do sono. Velaquí un pintor extraordinario e inadvertido, rigoroso cos materiais e consigo mesmo, que transcende a realidade e nos sitúa no bordo do abismo, no albor mesmo da dor e do calafrío.

Antón Castro
Exposición Retrospectiva 1990-2000, Pazo de Sástago, Zaragoza, xaneiro 2001.

2 comentarios:

  1. 1, 2 polemizando...Bon dibuxo, inquedantes olladas, Cómix, demasiada información nalgún lenzo, case fotográfico. Clic.
    Apto pra pederastas?
    JU

    ResponderEliminar
  2. Insisto, amigo. Esa mirada...
    Pero esa é a túa visión , tan válida e respetable como calquera outra.
    O que está claro é que non deixa indiferente.
    A min ségueme parecendo un pintor extraordinario. Ademáis da súa refinadísima técnica ,cada obra de Valls é un universo en sí mesmo. Ollar as súas pinturas é mergullarse nun pozo inagotable e misterioso de significacións. Provoca no espectador profundas emocións, non todas agradables. As súas inquietantes pinturas descubren revelacións internas. Falo por min, que é de quen podo falar.
    Como ves, estou fascinada e seguiréi un tempo afundida neste profundo val de Valls. Que lo sepas.
    Unha aperta e grazas por polemizar.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.