"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

miércoles, 7 de diciembre de 2011

COIDADO CO KRAMPUS

A min este Krampus recórdame a alguén : unha mistura entre Sarkozy, a Merkel e Mariano Rajoy.












" Krampus, é un demo, servente de San Nicolás, que se encarga de castigar os nenos malos nas vésperas a Nadal, e metelos no seu saco. Ensínalles que o mal sempre se inclina ante o ben. É proveniente de Europa e moi común nas aldeas do Alpes.
Europa tivo unha gran variedade de "demos do Nadal", produto das súas raíces pagás. Krampus, é un deles. Recibe o seu nome dunha palabra que quere dicir "gacela", polos seus longos cornos. A súa longa lingua vermella, incrementaba o medo. Na idade media, o nadal se parecia ás festas de Halloween, xa que a xente se difrazaba de "demos do Nadal", e pedian comida e bebida nas rúas.

A palabra Krampus provén do antigo alemán "krampen", que significa pouta. É coñecido tamén como: Knecht Ruprecht, Klaubauf, Pelzebock, Schmutzli.

Este demo aparece na tarde do 5 ou 6 de decembro, roldando as rúas durante dúas semanas facendo sonar campás e cadeas oxidadas que usa para asustar coa súa presenza. A súa aparencia é representada por unha criatura parecida ao íncubo, cun rostro diabólico acompañado dunha longa lingua vermella, con cornos na fronte e mirada enfermiza. O seu corpo está cuberto por unha escura e mesta pelaxe, as súas patas son similares ás dun fauno. En moitas imaxes é ilustrado cunha canastra nas súas costas, onde leva os nenos malos para despois levalos ao inferno."

Traducido de http://eltallerliterario.com.ar/navidad/krampus-el-demonio-de-la-navidad/

Rajoy recibe el respaldo de EEUU a su plan de reformas y recortes en España
El futuro presidente prepara su estrategia para distanciarse de Italia y de Monti

* Los populares no renuncian a reclamar los eurobonos
* Rajoy estudia crear un 'banco malo', según 'The Wall Street Journal'


2 comentarios:

  1. Vaia personaxe. En tempos, nos Países Baixos (logo, resulta que son moi altos) ameazaban ós nen@s ca figura do duque de Alba, inspírame máis confianza o que presentas. JU

    ResponderEliminar
  2. Arrrrrepiante...verdade, Ju?. Esa lingua vermella e lonnngaaaa, ¿para que a utilizará?. Curiosidade científica.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.