"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 29 de abril de 2010

EPÍLOGO A HISTORIA XAMÁIS CONTADA DE MAN DE CAMELLE

OITO ANOS DESPOIS: GOLFO DE MÉXICO

N U N C A
M Á I S



CAPÍTULO XII : ÚLTIMO CAPÍTULO DA HISTORIA XAMÁIS CONTADA DE MAN DE CAMELLE

MAN MORREU DE PENA , COA ALMA ANEGADA EN CHAPAPOTE, O 28 DE DECEMBRO DE 2002, DÍA DOS SANTOS INOCENTES.

F I N






Cando Man vivía, entregáballe ós visitantes do Museo unha libretiña e uns lapis de cor para que deixaran aí as impresións sobre a súa obra . Man dicía que deste modo conservaba a alma da xente que pasaba por alí.

Eu Mariña, a serea de Sálvora , invítoche a ti , visitante deste blog, a que deixes tamén a túa pegada, un anaquiño da túa alma.

Sei que hai moitos seres silenciosos que pasan de puntiñas e nunca comentan (Maruzza, Teodora e outras sereas amigas), outros berran amorosos e desinhibidos e comentan sempre, outras miran polo burato da fechadura e marchan sen dicir nada. A todas esas almas invito desde aquí a que "falen agora ou calen para sempre".Podedes falar do que queirades: do tempo que fará esta finde, dos amores entre casiopeos e seres de auga, inventar outro final para esta historia... pero escribide, por favor , deixade aquí a vosa alma.

domingo, 25 de abril de 2010

CAPíTULO XI : O BERRO DE MAN

EU, MARIÑA, A SEREA DE SÁLVORA, FUN TESTIGO DA SÚA INFINITA TRISTEZA. EU ESCOITEI AS SÚAS ÚLTIMAS PALABRAS

«yo decir que esto no debe limpiarse nunca...,Ser episodio de la Historia. Quedar así debe, para todos recordar quién es hombre, porque hombre no querer a hombre, ni a mar, ni peces ni playa»















martes, 20 de abril de 2010

CAPÍTULO X: NEGRA SOMBRA




LA VOZ DE GALICIA

* 14 de noviembre del 2002


TRAGEDIA EN EL MAR

Los tanques del «Prestige» pueden reventar al hundirse

La sombra de destrucción de la marea negra amenaza de nuevo las costas gallegas. Una vía de agua en el costado de estribor del petrolero de las Bahamas Prestige puso ayer de nuevo en estado de máxima alerta a los equipos de Salvamento Marítimo. El buque, que lanzó el SOS a las 15.15 horas a sólo 28 millas (50 kilómetros) al oeste del cabo Fisterra, amenaza con irse a pique en cualquier momento con las 77.000 toneladas de fuel que lleva en sus tanques. La carga podría llegar al litoral gallego si los tanques revientan tras el hundimiento, hipótesis que ha cobrado peso con el paso de las horas.



ALGÚNS SERES DE AUGA CONSEGUIMOS FUXIR CANDO A GRAN ONDA NEGRA CHEGOU.
MARUXAINA , NON.

QUEDOU ATRAPADA NAQUELA MASA PEGAÑENTA E VISCOSA.A SÚA COLA NON TIÑA FORZA BASTANTE PARA PODER FUXIR.TÓDOLOS INTENTOS DESESPERADOS DE MAN POR RESCATALA DAQUELA MORTE NEGRA FORON INÚTILES.

domingo, 18 de abril de 2010

CAPÍTULO IX: SEREI ,SEREA, AS TÚAS MANS




Foi o deles un amor de anos,lento, intenso e tan profundo que botou raices no mar.Ceo e terra fundidos nun único ser.

Cando Man morreu atoparon este poema entre os seus escritos:


"EU SON MAN
E SEREI , SEREA, AS TÚAS MANS
SERENA A TÚA ALMA, MEU AMOR
NON TEÑAS MEDO.

OLLARTE FOI ASOLAGARME
NUN MAR DENTRO DO MAR
TEU SER E SER SEREA
E SER SEREA É CANTAR.

DEIXA VOAR A TRISTEZA NO CANTO
COMO SÓ AS SEREAS FAN.

NON TEÑAS MEDO,MEU AMOR
SEREI ,SEREA ,AS TÚAS ÁS.











madeleine peyroux - dance me to the end of love







sábado, 17 de abril de 2010

CAPÍTULO VIII: MARUXAINA, A SEREA MUTILADA




Eramos mociñas a piques de dar ó triplo salto mortal a idade adulta. Moi amigas desde a infancia, a nosa relación era moi estreita. Nunca saíamos a unha sen a outra. Maruxaina era alegre, sempre sorría aínda que non houbera moitas razóns para facelo.Era doce, cariñosa e moi curiosa.Eu ía detrás dela porque sempre fun máis medorenta. Maruxaina non lle tiña medo a nada.Gústaballe descubrir novos espazos submarinos,seres abisais nunca antes vistos. Tamén tiña un vicio segredo: espiar ós seres humanos nas praias de Camelle.
Aquel día ,ela repetía : "Algo está a piques de suceder".
Como era moi fantasiosa non lle fixen moito caso. Demoreime observando a danza silenciosa das augamares e perdina de vista. De pronto escoitamos un ruído brutal, un estoupido infernal no medio do mar.Chamei a berros por ela e a resposta foi unha queixa case muda.Diante de min pasaron os seus brazos como peixes tráxicos.


Unha néboa vermella de seres de auga desfeitos foi o último que vin antes dun segundo estoupido.A aquela destrución ,os humanos chamábanlle PESCAR.

CAPIÍTULO VII: DE PROFUNDIS

AQUELA MAÑÁ , MAN SOMERXEUSE NAS AUGAS COMO O VIÑA FACENDO DESDE QUE CHEGARA A CAMELLE.

ALÍ , NAS PROFUNDIDADES AGRADABÁMOLO NÓS, OS SEUS AMIGOS, ALIADOS E CONFIDENTES.

ALÍ, XUNTO A MIN, TAMÉN ESTABA ELA, A SEREA MUTILADA.

OLLÁRONSE, E DESDE ESE MOMENTO O SEU AMOR FOI TAN PROFUNDO COMO O SEU DESTINO.




jueves, 15 de abril de 2010

CAPÍTULO VI: O REINO DE MAN











MAN RECOLLÍA TODO O QUE MAR VOMITABA:CUNCHAS,PEDRAS,ESPIÑAS DE BALEAS,REDES,CORDAS,RESTOS DE NAUFRAXIOS,ESQUELETOS DE SEREAS...

CON TODO ISTO FOI CREANDO O SEU MUNDO, UN REINO ONÍRICO A IMAXE E SEMELLANZA DO SEU PLANETA DE ORIXE.
TAMÉN PINTABA OBSESIVAMENTE CÍRCULOS DE CORES NAS MEDIANEIRAS DAS CASAS, NOS BALOS OU NOS MONTES QUE RODEAN CAMELLE.
SEN DÚBIDA ERAN MENSAXES SECRETAS PARA OS SEUS IRMÁNS CASIOPEOS, POR SE ALGÚN ATERRABA NA COSTA DA MORTE.

miércoles, 14 de abril de 2010

CAPÍTULO V: MAN E OS SERES HUMANOS


A RELACIÓN DE MAN COS SERES HUMANOS FOI IRREGULAR. O PRINCIPIO ERA MÁIS CORDIAL, E FORON OS PROPIOS PESCADORES OS QUE LLE AXUDARON A CONSTRUÍR A SUA CASA. PERO POUCO A POUCO, CANDO MANFRED SE CONVERTIU EN MAN, AS COUSAS CAMBIARON.A XENTE DO POBO ENCHEUSE DE DESCONFIANZA, NON ENTENDÍAN A AQUEL, TOLO,BOHEMIO E EXCÉNTRICO QUE ERA TODO MENOS CONVENCIONAL: NIN TIÑA TRABALLO, NIN COCHE, NIN HIPOTECA, NIN NINGUNHA DAS CADEAS QUE LOCEN AS PERSOAS DE BEN. ERA LIBRE, COMÍA FROITAS , ALGAS E VERDURAS, CORRÍA E NADABA GRANDES DISTANCIAS VESTIDO TAN SÓ CO SEU TAPARRABOS E DEDICABA O SEU TEMPO A CREAR UN MUNDO DELIRANTE E SEN SENTIDO PARA OS OLLOS DA XENTE.

O MOMENTO MÁIS TRÁXICO FOI CANDO LLE DERON UNHA MALLEIRA PORQUE NON CONSENTÍAN QUE MAN LLE COBRARA ÓS VISITANTES 100 PESETAS PARA ENTRAR NO SEU REINO. PARECE SER QUE ESTAS FORON AS SÚAS ESTRAÑAS PALABRAS:

"Soy Man, el hijo del hombre y hace dos mil años me han tratado como hoy. Poco después de estas palabras, unos dos minutos o así, me dieron con los palos y tuve que estar dos meses en cama, sin poder correr”.

CO TEMPO AS COUSAS FORON CALMANDO, E A XENTE DE CAMELLE COMEZOU A ACEPTAR A MAN.FORMABA XA PARTE DA PAISAXE DA COSTA DA MORTE, COMO O FARO DE FISTERRA OU O SANTUARIO DA BARCA.

OS PAIS BUSCABAN A MAN PARA FACER A FOTO DOS SEUS FILLOS NO SEU DÍA MÁIS SINALADO .

CAPÍTULO IV: MAN E OS SERES DE AUGA




MAN INSTALOU O SEU REINO PECULIAR ENTRE O MAR E A TERRA, NAS ROCHAS DO PORTO DE CAMELLE, NUN ESPAZO DE TODOS ( SERES HUMANOS E MARIÑOS) E DE NINGUÉN.
ALÍ CONSTRUIU A SÚA CASA E CREOU A SÚA OBRA.

A SÚA RELACIÓN CON NÓS, OS SERES DA AUGA, SEMPRE FOI MOI BOA.
CABALIÑOS DE MAR, ESTRELAS, AUGAMARES, BALEAS E SEREAS FOMOS OS SEUS MELLORES AMIGOS, ALIADOS E CONFIDENTES. EU MESMA PRESENTEILLE Ó SEU ÚNICO E INFORTUNADO AMOR , A SEREA MARUXAINA.

TIÑA POR COSTUME SUMERXIRSE A DIARIO NAS FRÍAS AUGAS DO MAR DE CAMELLE, FOSE INVERNO OU VERÁN.SENTÍASE COMO PEIXE NA AUGA. FALABA O NOSO IDIOMA E MOVÍASE NO MUNDO SUMERXIDO COMO SE FOSE UN DE NÓS.O MEDIO MARIÑO FOI O GRAN INSPIRADOR DA SÚA OBRA.

lunes, 12 de abril de 2010

CAPÍTULO III: MAN DE CAMELLE


EU , MARIÑA, SER DE AUGA,VIN O QUE A MAIORÍA DOS HUMANOS NUNCA PODERÁ VER. MAN SURCOU O UNIVERSO PARA CHEGAR ATA AQUÍ.NAVEGOU POR ESA NEGRA NOITE ENXOIADA DE OLLOS QUE SON AS ESTRELAS. PROCEDÍA DUN PLANETA DA CONSTELACIÓN DE CASIOPEA.ESTO NON É NADA RARO. AS VISITAS DOS SERES DE FÓRA ESTÁN REXISTRADAS NOS LIBROS MÁIS ANTIGOS. OS AMORES ENTRE SERES MARIÑOS E SIDERAIS, TAMÉN.
DIN QUE OS PEIXES NON TEMOS MEMORIA, PERO MENOS TEÑEN OS HUMANOS QUE XA NON LEMBRAN AS ANTIGAS APARICIÓNS DE SERES DO ALÉN (¿ANXOS ?) NOS SEUS VIMANAS OU MER-KA-BAS.


MAN VIAXOU ATA AQUÍ EXCITADO POLAS NARRACIÓNS DOUTROS CASIOPEOS QUE LLE FALABAN DUN PLANETA AZUL MARABILLOSO (CHAMADO TERRA E NON AUGA COMO SERÍA O NATURAL) ,UN PLANETA CHEO DE VIDA ,DE SERES DIVERSOS E FASCINANTES TAN ENTRELAZADOS ENTRE SÍ QUE SEMELLAN UN FERMOSO TAPIZ CHEO DE INFINITOS DETALLES.
O SEU ESPÍRITU AVENTUREIRO TROUXOO ATA AQUÍ.
CAMELLE FOI A SÚA ÍTACA E AQUÍ DECIDIU QUEDARSE.

PARA DISIMULAR A SÚA CONDICIÓN ALIENÍXENA, CHAMOUSE A SÍ MESMO MAN (O HOME UNIVERSAL). O SEU CORPO FOISE ADAPTANDO AS CONDICIÓNS DE VIDA NA TERRA .

A IMAXE QUE APARECE AQUÍ DELATA CLARAMENTE A SÚA VERDADEIRA NATUREZA.¿VEDES AS ÁS NAS SÚAS COSTAS?SON A PROBA IRREFUTABLE DA SÚA CONDICIÓN ALIENÍXENA.


CESAR ANTONIO MOLINA APÓRTANOS A SÚA VERSIÓN DE CÓMO NACEU ESTA IMAXE :

"Un día le invadieron su territorio. Las máquinas, para construir el muelle de abrigo, arrojaron hormigón y cemento. ¿Cómo podía luchar un artista contra estos monstruos? Se colocó pacíficamente delante de ellas, luego tumbó su cuerpo desnudo sobre la masa gris, aún blanda, y garabateó: Man (Hombre). ¿Puede existir alguna performance más inquietante, original y verdadera? Con este gesto Manfred construyó una obra maestra: su autorretrato y el autorretrato de la humanidad. Pocas obras de arte me emocionan tanto".

Man, un artista sin mérito
VIVIR SIN SER VISTO

¡UI! ¡PERDÓN!










XA ESTOU AQUÍ.TARDEI UN POUQUIÑO ¿NON SI?.E QUE FUN ESTIRAR A COLA A FISTERRA.AS SEREAS NON PODEMOS ESTAR MOITO TEMPO PARADAS NUN SITIO.É O NOSO NATURAL. DE CAMIÑO ATOPEI A UN MARIÑEIRO QUE QUEDOU PRENDADO DE MIN. NON FUN QUEN DE IGNORALO , E CLARO,TIVEMOS UNHA PEQUENA HISTORIA DE AMOR. CANDO ME DIN CONTA PASARAN XA TRES ANOS.

SINTOO, DE VERDADE.
A VER ¿ONDE QUEDARAMOS? AI SÍ, XA ME LEMBRO :

OS SERES DA AUGA PODEMOS AFONDAR NA REALIDADE, DESCORRER O VEO DO APARENTE E IR MÁIS ALÁ

domingo, 11 de abril de 2010

BÚSCASE



RESPONDE Ó NOME DE MARIÑA, MARIÑA DE SÁLVORA. DESAPARECIDA NA MADRUGADA DO DÍA 10 DE ABRIL.

METADE MULLER, METADE PEIXE.OLLOS VIOLETAS. A COR DOS SEUS CABELOS VARÍA EN FUNCIÓN DA LUZ: AZUIS, VERDES, LARANXAS...

É FUXIDÍA, FEITICEIRA.
AÍNDA QUE É UN SER DE AUGA, ADOITA TER SEMPRE MOITOS PAXAROS NA CABEZA. PERTENCE A UNHA ANTIGA ESTIRPE DE NARRADORES EMPARENTADOS CON SCHEREZADE. OS SEUS CANTOS E CONTOS ENGAIOLAN ÓS QUE OS ESCOITAN, DE XEITO QUE QUEDAN PARA SEMPRE ENCADEADOS.

SE ALGUÉN A VE, POR FAVOR, PÓÑASE EN CONTACTO COA CRONOPIA NAI.É MOI URXENTE.
NECESITAMOS SEGUIR ESCOITANDO A HISTORIA XAMAIS CONTADA DE MAN DE CAMELLE.


R E C O M P E N S A R A S E

BUSCANDO A MARIÑA DESESPERADAMENTE



- ¿Pasou por aquí a serea Mariña?
-Pois non, hai tempo que non a vemos.
-Vaia!. Deixounos sen rematar a historia de Man. ¿será posible?.Esta Mariña é tremenda...
En fin , non teño máis remedio que seguir buscandoa.
MARIÑAAAA....,MARIÑAAAA ¿ONDE ESTÁS?
VOLVE. NON NOS DEIXES ASÍ.
MARIÑAAAAAA

sábado, 10 de abril de 2010

CAPÍTULO II : MAN










MAN CHEGOU A CAMELLE ALÁ POLOS ANOS 60.A XENTE DO POBO DICÍA QUE O VERDADEIRO NOME DE MAN ERA MANFRED E QUE PROVIÑA DE ALEMAÑA.COMENTÁBASE QUE ERA MOI CULTO E DE FAMILIA ACOMODADA E QUE, CANDO CHEGOU, ERA UN HOME APARENTEMENTE CONVENCIONAL,QUE VESTÍA DE TRAXE E ÍA Á MISA OS DOMINGOS.

A XENTE DI TAMÉN QUE A CAUSA DA SÚA "LOUCURA" FOI O DESAMOR. TIÑA UNHA MOI BOA RELACIÓN COA MESTRA DO POBO QUE MÁIS TARDE CASOU CUN CAPITÁN DE BARCO. O DESENGANO E A DOR FOI TAN GRANDE QUE MAN DESAPARECEU UN TEMPO: SEGUNDO DIN AS XENTES, TOLEOU E FOISE A VIVIR Ó MONTE .CANDO REGRESOU Ó POBO, CUN ASPECTO TOTALMENTE DIFERENTE (CABELOS E BARBAS LONGAS E TAPARRABOS)INSTALOU O SEU REINO NAS ROCHAS DO PORTO DE CAMELLE.

EU, MARIÑA, A SEREA DE SÁLVORA, COÑEZO A OUTRA HISTORIA, A HISTORIA XAMAIS CONTADA .

OS SERES DA AUGA PODEMOS AFONDAR NA REALIDADE, DESCORRER O VEO DO APARENTE E IR MÁIS ALÁ.

CAPÍTULO I. COSTA DA MORTE .CAMELLE


GALLAECIA ESTÁ RODEADA DE MAR.
HAI UNHA LOITA PERMANENTE ENTRE A TERRA E O MAR. UNHA PARTE DESTA COSTA CHÁMASE "COSTA DA MORTE".FORON MOITOS OS NAUFRAXIOS (60 NAVÍOS EN POUCO MÁIS DE CEN ANOS) E SON MOITAS AS LENDAS E AS HISTORIAS MÍTICAS QUE XURDEN NESTES ACANTILADOS DO FIN DO MUNDO.

CIDADES SOLAGADAS COMO VALVERDE OU DUIO, FONTES DE AUGA SANADORA, PEDRAS CON PODERES MÁXICOS...

CAMELLE ESTÁ AQUÍ , NA COSTA DA MORTE.
AQUÍ CHEGOU MAN,COMO ULISES, DESPOIS DUN LONGO PERIPLO.

viernes, 9 de abril de 2010

A HISTORIA XAMAIS CONTADA DE MAN DE CAMELLE.












Vouvos contar unha historia triste.
É tamén unha historia de amores imposibles .Como fondo, unha paisaxe mariña que cheira a sal.Océanos de espuma,areas douradas,gaivotas, restos de naufraxios,espiñas de baleas, peixes, augamares e sereas.
As historias de amor entre Casiopeos e Sereas veñen de moi atrás.Case que desde que o mundo é mundo.Non é algo novo. Hai unha atracción moi forte entre a realidade somerxida e a sideral.

Eu son Mariña, a serea de Sálvora.Coñezo ben a historia.Maruxaina era a miña amiga e vivín aqueles amores moi de cerca.
Todo comeza hai moito tempo, alá polos anos 60. Foi aquí, nesta esquina atlántica, no país de Gallaecia, concretamente nun lugar chamado Camelle.


Fotografías de Manuel L.

miércoles, 7 de abril de 2010

NON CHORES MÁIS. TÓMATE UN TÉ CON TOMATE.


LA NIÑA DE MUCHOS OJOS
Por poco me da un ataque
paseando un día por el parque
porque me encontré a una niña
que muchos ojos tenía.
Era en verdad muy hermosa
(me tenía impresionado!)
pero ví que tenía boca
y acabamos conversando.
Hablamos del mar, los peces
y sus cursos de poesía,
y del lio que tendría
si necesitara lentes.
Es estupenda esa chica
que tantos ojos mira,
mas te deja hecho una sopa
cuando se entristece y llora.

Autor: TIM BURTON
Libro: La melancólica muerte de Chico Ostra

AGRADECEMENTO


RESURRECCIÓN
Perdí a la niña
que habitaba en mí
perdí a la adolescente
y a la joven
y a la mujer madura.
Inesperadamente
una luz en la sombra:
surgen hadas
sirenas
caballos de madera
paladines
dragones
se dilatan mis ojos
se me arrebola el rostro
todo dura un instante
pero he resucitado
con la risa de un niño
se revirtió mi tiempo.

Claribel Alegría (Managua, Nicaragua, 1924)

Para todas/os vos , un poema e unha flor.


Moitísimas grazas Alenka (http://alenkaatravesdelespejo.blogspot.com/)
Moitísimas grazas Victoria (http://elmundodeviky.blogspot.com/)
Moitísimas grazas Tati (http://www.madridpaperart.com/)
Moitísimas grazas Mavi (http://mavispagnuolo.blogspot.com/)
Moitísimas grazas Joy (http://espirituavalon.blogspot.com/)
Moitísimas grazas Li (http://liferreiranhan.blogspot.com/)
Moitísimas grazas Mermaid Lullaby(http://mermaidlullaby.blogspot.com/)
Moitísimas grazas Charo(http://oleossobrelienzosdancolramivida.blogspot.com/)

Moitísimas grazas GATO

Muchísimas gracias a todas.



Ahí va mi cita :

"El pájaro que no conoce el agua dulce tiene el pico mojado en agua salada todo el año"
(Proverbio oriental)

lunes, 5 de abril de 2010

MÁIS DE AMORES IMPOSIBLES



EL CHICO ANCLA

Había una vez una chica
que venía de la mar.
Y había tan solo un sitio
donde ella quisiera estar.
Con un tal Paquito Serra
que tocaba en un conjunto.
Por él se iría a la tierra
y dejaría el océano.
Porque él sólo y sólo el
le había quitado la calma.
Y por eso ella quería
robarle a Paquito el alma.
Para el parto utilizaron
grúa, cincel y barrena:
el cordón umbilical
era una gruesa cadena.
Era feo y tenebroso,
duro como un cigüeñal.
No tenía la piel rosada
sino vil y gris metal.
El bebé, que suponían
los iba a juntar muy juntos,
en realidad los volvió
adustos y cejijuntos.
Aprovechando una gira,
se largó Paquito Serra.
Y a partir de ese momento
se quedó a vivir en tierra.
Con su niño (un ancla gris)
ella sola se quedó.
Él se volvió tan pesado
que con el tiempo la hundió.
Mientras se hundía hasta el fondo
sin sus sueños realizar,
eran ella sola y su hijo…
y los peces de la mar”.

( Tim Burton; La melancólica muerte de Chico Ostra)