"A metade do ser humano é soño. Ou máis." A. Cunqueiro
"O soño, como todo elemento de conexión psíquica, é un resultante da totalidade da psique, por iso debemos estar preparados para encontrar nel , todo aquilo que, dende épocas primitivas importou na vida da humanidade.
A vida humana en si non se limita a tal ou cal instinto fundamental senón que se constrúe sobre unha multitude de instintos, desexos, necesidades e condicionamentos tanto físicos coma psíquicos,".
Non me cansarei de repetir que nin a lei moral nin o concepto de Deus, nin ningunha relixión lle veu ao Ser Humano dende fóra senón que este, todo o leva dentro de si como en xerme".
Enerxética psíquica e esencia do soño. (fragmentos)
C.G.Jung
Sempre me gustou, desde que exerzo.
Non antes, porque non imaxinaba o que me agardaba. Pensaba que a investigación , a universidade era o meu destino, ata que a vida colocou unha anaco de xiz na miña man e un grupo de adolescentes diante de min... Aí descubría a miña verdadeira vocación.
A miña profesión é moi intensa , moi humana, esencial...
Necesito escribir o que pasou onte na clase.
4º de Diversificación Curricular.Ámbito Sociolingüístico. Estamos case no ecuador do curso :
1ª Guerra Mundial, Revolución Soviética, 2ª Guerra Mundial, as vangardas artísticas, o surrealismo, Freud e Jung... Nada menos.
A curiosidade deste grupo é infinita. Preguntan, comentan, participan, comparan coa realidade actual... en fin , un luxazo.
Como actividade de motivación, pedínlle que escribiran un soño recente. Era a primeira hora da mañá. Unha rapaza, normalmente alegre e despreocupada , traía un xesto ríxido, serio. Comezou a escribir e de pronto rompeu a chorar. Moito.
Conseguiu escribir o seu soño: un pesadelo terrible arredor da morte súbita da súa nai. Rematado o exercicio o seu rostro cambiara. Estaba relaxada, feliz.
Cando rematou a clase , chamou por teléfono a súa casa para comprobar que , efectivamente, fora un mal soño.
Nada máis que comentar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas.