

Hipatia é máis muller que serea. Vive máis na terra que no mar. Prefire as contas aos cantos, porque a Hipatia fascínanlle os números. Sabe cantos peixes hai nun banco, cantas escamas ten unha sardiña ou cantos augamares caben nunha charca.Pensa, como Pessoa , que o binomio de Newton é tan fermoso como a Venus de Milo.
É moi humana. A súa capacidade para poñerse nas escamas dos demáis non ten igual e o seu sentido da xustiza vai parello a súa paixón polos números. Gústalle a exactitude, por iso a súa frase preferida é :
" AS COUSAS COMO SON "
"Moitas veces síntome máis próximo dos matemáticos que dos meus compañeiros artistas. Todo os meus traballos son xogos . Xogos serios"
Escher
Les Luthiers -











