

Estes días estou atrapada por elas: por María Zambrano, Maruxa Mallo, Remedios Varo, Leonora Carrington , Frida...e tantas outras.
MULLERES.
Mulleres e artistas, filósofas, poetas..
Mulleres doutros tempos, doutras circunstancias, con outras condicións vitais e a pesar de ter tódolos ventos en contra , que LIBRES foron, que xeito de construírse a si mesmas, que VONTADE DE SER, nun mundo hostil, feito por homes e para os homes.
Creo que vou estar un tempo atrapada aquí, empapándome da súa vida e a súa obra, da súa experiencia vital, das súas reflexións.
E vouno facer por vontade propia, porque sí, porque quero, porque llo debo, porque elas puxeron as condicións para que EU sexa un pouco máis libre. Foron intrépidas, auténticas, comprometidas e abriron camiños para todas nos.
Grazas ,Alicia, polo documental. Encantoume e desde aquí o recomendo tamén: http://bibliotecademujeresartistas.blogspot.com/2010/12/maruja-mallo-mitad-angel-mitad-marisco.html
"As persoas mídense pola soedade que poden soportar" Maruxa Mallo