"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 6 de noviembre de 2011

Os contos de Don Álvaro. O GATIPEDRO



"A húmida sombra do gatipedro"



Gatipedro
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Álvaro Cunqueiro, Escola de menciñeiros

Cando eu era nena e mexaba na cama, non era o o gatipedro o causante da "catástrofe" . Eu tiña un soño recurrente : soñaba que me transformaba nunha botella de auga mineral, concretamente Auga de Sousas, que era a que ,naquel entonces , se consumía na casa familiar. Algún adulto abría a botella (ou sexa, a min mesma) e.......... psssssssssssss....... a húmida catástrofe era inminente.


ambiental - musica celta








2 comentarios:

  1. Gatipedro ya pertenece a nuestra pequeña memoria colectiva que, como buenos detectives, damos a conocer. Seguid en esta linea que blogs con personalidad son los realmente necesarios.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas.
    Seguirei ilustrando a Cunqueiro, con moita humildade e torpeza pero cun enorme respecto. O que merece un autor da talla de Don Álvaro.

    Agardo que poida desculpar o meu atrevemento alá onde estea.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.