"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

martes, 21 de enero de 2014

Mecanismo

The Clocks by Howard Shore on Grooveshark 

"Ás veces veño aquí de noite aínda que non teña que revisar os reloxos, só para mirar a cidade. Gústame imaxinar que o mundo é un enorme mecanismo. Ás máquinas nunca lles sobra nada, sabes? Sempre teñen as pezas xustas para funcionar. E entón penso que, se o mundo é un gran mecanismo, ten que haber algunha razón para que eu estea nel. E outra para que esteas ti, claro,".

 A INVENCIÓN DE HUGO CABRET - BRIAN SELZNICK
























  O nome verdadeiro
"É un paxaro de verdade. Non sei como é. Xamais o vin. Só o escoitei. O paxaro-que-dá-corda póusase nunha árbore de por aquí e, pouco a pouco, vai dándolle corda ao mundo. Mentres tanto fai ric-ric. Se el non lle dese corda, o mundo non funcionaría. Pero iso ninguén o sabe. Todos, absolutamente todos, cren que é un enorme mecanismo, moito máis impoñente e complexo, o que move o mundo con man férrea. Pero non é así. A verdade é que o paxaro-que-dá-corda vai dun lugar a outro accionando o resorte que fai funcionar o mundo. É un mecanismo tan sinxelo como o dun xoguete de corda. Abonda con facer xirar unha chaveciña. Pero esa chaveciña só a pode ver o paxaro-que-dá-corda." Crónica do paxaro que dá corda ao mundo (Haruki Murakami)

14 comentarios:

  1. Xente perdida
    Na cápsula do tempo
    Levita en París.

    HaiJU 2/14

    ResponderEliminar
  2. Coidado co demo Eva!!
    Deus xa non pincha nen corta, só cala ante a constatación da súa incompetencia e polo desastre que crearon @s bich@s humanxs que o invocan nos templos da guerra.
    Hai varios xeitos de levarse ben con Lucifer, unha é, vestindo de Prada.
    Saúdos a Adán.

    JUilton.

    ResponderEliminar
  3. O demo levámolo todos incorporado. Non hai que terlle medo. Aínda que non guste recoñecelo, forma parte de cada un de nós.Viña no pack desde que somos quenes somos, así que hai que miralo aos ollos e abrazalo, nada de proxectalo fóra. Ao meu demo xa lle pedín amistade no facebook. Calquera día saímos xuntos de copas. Adán queda saudado. Saúdos e bicos de volta para ti e a túa Alma. Merci.

    ResponderEliminar
  4. Xa coñece a miña inclinacion cara a Jung e os seus junguianitos. Pois elen din cousas así:

    "Tras las tinieblas de lo reprimido -lo que ha sido y está enraizado- y detrás de la sombra personal -lo que todavía no es y está germinando- se halla la oscuridad arquetípica, el principio del no-ser, lo que se describe y denomina Diablo, Mal, Pecado Original, Muerte, Nada."
    James Hillman

    Así mesmo é.

    ResponderEliminar
  5. - Cordero de dioooos, que quitas el pecado del muuundo.

    - Ten pieeedad de nosoooootros.

    -Cordero....(bis)

    -Danooos la paaaz.

    ---------------------------------

    Si e Non.
    Qué quere que lle diga?
    O peso da doctrina católica, pode ser un pesadelo, como así o demostran os resultados socio-políticos deste país carpetovetónico, ancorado nunha herdanza sufridamente masoquista.
    Acho que un ser humano criado fóra deste adoctrinamento, teña conciencia do que vostede comenta.
    A auga é boa, pero pode facer moito mal (somos un 70% auga), algúns combinados con espírituosas
    libacións e outros mexunxes. Exudamos pra comuicarnos.

    Así tamén podería ser.

    Dr. GaJung Bo

    ResponderEliminar
  6. Madame Cronopie.

    Non lle parece unha contradición, decir que o demo ven incorporado e logo solicitar amizade vía caralibro ou sair con él de copas.
    Ocúrreseme que o único xeito de abrazalo e ser testemuña é facelo diante dun espello. Non sei.
    Unha vez estiven con ÉL, baixo a influenza do estramonio. Aprendín moito.
    ABRACADABRA. JUmeini.

    ResponderEliminar
  7. Ai Bradomín, non nos entendemos. Non hai contradicción algunha no que dixen. Era un xogo. Sempre estamos na mesma: vostede coloca o mal fóra e servidora pensa que a oscuridade forma parte de todos nós (duns máis que outros). E iso non é nin bo nin malo. Simplemente, é.

    ResponderEliminar
  8. Estimada señora.
    Amósase vostede como unha galega de pura cepa, nos comentarios,...pola ambigüedade ou indefinición.
    Coñecelo mal e as súas consecuencias é un bo material literario/vital, mais, o xogo endiañado pode sairlle a un pola culata e pasa o que pasa.

    Di vostede que non hai que terlle medo, volto a discrepar ou a poñer en dúbida que vostede coñeza
    realmente ó demo/mal.
    Convivimos con seres envidiosos,
    mediocres, fachendosos, tacaños, inopes da magnaminidade do ser humano. En definitiva...pobres de espíritu que rechean a súa vida cun materialismo patético. Son as máis das veces os que por diante aparentan o que non son. Dase moito na secta católica e algunha utra relixión, pode se-la persoa máis infame do planeta, no problem, confesión, acto de contrición, perdón dos pecados, catro avemarías, tres paternoster e unha convidada a xantar nas festas ao párroco lambón.
    Bula-Gula en nome do crucificado. A maioría dos veciños foron criados así, na escuridade, no medo, na escravitude, no mal uso dun ideal traizoado. Amón Ra. JU

    ResponderEliminar
  9. Coñezo, coñezo...como todo fillo de veciño/a.
    Sombra, demo, escuridade. O nome non importa.
    De tódolos xeitos ¿que mais da? ¿a onde nos conduce esta absurda discusión?. Para mín é un tema esencial e que explica moitas cousas pero non teño ningunha intención de convencelo a vostede nen a ninguén. É algo obvio a pouco que un mire para dentro. Pero moitas veces é o obvio o máis difícil de ver.
    Xa non lle dou máis a lata. E falando de latas ¿que soñan as sereas enlatadas?

    ResponderEliminar
  10. Quén da máis?
    Volta a contradición pangalaica.
    Só quero ampliar a miña pobre visión ao respeito. Mal que me pese, se tivera unha capacidade visionaria, aforraríame unha chea de problemas antes de seren maltratado ou ninguneado por seres viles que pululan por esta aldea ou tal vez a teña e faga o que faga, estes tratarán de malear a opinión pública contra min. Entón, é obvio, a mao negra, os mediocres cainitas actúan a traizón e cobardeMente. Teñen medo !!
    Olhe, Madame Cronopie, olleos en fite, a faciana e non lle baixe a mirada, verá como se desfán, notará que a coraza de lata ca que se protexen, os apreta. Afogándoos no seu propio canto de sereas de falsa alarma impostada. JU

    ResponderEliminar
  11. uf!
    ven capitán Trueno, haz que gane el bueno!

    É un latazo darlle tanta importancia a xente que non a merece. Hai que voar. Sair da charca de lama e voar.
    Veña, vou preparar a cea porque nesta casa xa nos saen as conservas polas orellas.

    Por certo, non tiredes as latas que as necesito.

    ResponderEliminar
  12. "Es una lata, el trabajar.
    Todos los días me tengo que levantar
    Y aparte de eso, gracias a dios.
    La vida pasa felizmente, si hay amor"
    Luis AJUilé.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.