"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

sábado, 29 de octubre de 2022

 

 

 

Estase ben nesta lúa.

Disfruto moito  con cada regreso. Todo é igual en apariencia, pero xa nada é o mesmo

Facía moitos días   coas súas noites , que non voltaba a este lugar.

Silencio e soedade.

Soa cos meus delirios.

Co meu excesivo pasado e co meu escaso futuro.

Soa neste PRESENTE con maiúsculas

Co que me ven a cachola, sen límites nen censuras.

Pregúntome a quen lle pode interesar o que aquí escribo . 

Hai ollos cada día que se achegan. 

Con que afán?

Que pode haber aquí de interese para ninguén?

En min permanece o exhibicionimo de antano de  lianta impenitente. Pensar que pode haber alguén a outro lado estimula o pensamento e a imaxinación.


De tódolos xeitos, ás  veces hai algunha cousa que si paga a pena para visitar este espazo.

Por exemplo esta fotaza de Lestón.



A lúa no corazón.

viernes, 28 de octubre de 2022

Moinanta











Dicía miña irmá:

"Ti non es filla de papá e mamá.A ti deixáronche na porta".

Pois creo que era certo.







































 











jueves, 27 de octubre de 2022

Viaxe no tempo.








 
Buscando materiais para facer unha presentación de literatura sobre o realismo e o naturalismo para o alumnado de ESO, atopeime de novo con isto.
Mimadriña!
Cantos anos van alá!
O peor de todo (ou o mellor, depende) e que aínda podo recoñecerme nesa mociña. 
Na mociña e na nena que encabeza esta lúa.

miércoles, 26 de octubre de 2022

De cabeza.


Hai épocas tan marabillosas que habería que enmarcalas.
Falo do período de licenza do último trimestre do pasado curso, traballando man a man co crack Bautista Ramos Saíñas .
Canta aprendizaxe , cantas horas e canta ilusión!
Iso pasa por xuntarse cos bos e xenerosos.
Hai proxectos aos que hai que tirarse de cabeza, sen moito pensar.

 

 

 




 

 

 

 

 

 


 


martes, 25 de octubre de 2022

CANSAS

 32 anos e 8 meses traballando no mesmo lugar, rodeada de mulleres queridas ás que vin evolucionar década a década , sempre carrexando moitas cousas na cabeza. 

Cestos de ideas para motivar á rapazada, caldeiros de súor de formación permanente, lotes de vocación incombustible, caixas de ilusións renovadas cada curso...

Agora véxoas cansas.

Exhaustas .

Cinco leis educativas, unha pandemia e unha inmersión tecnolóxica  á brava , coa que tamén se enfrentan agora a diario . 

A isto  hai que sumar a  burocracia sen xeito e sen fin :


Caldeiros de programacións...

Cestos de memorias...

Caixas de  documentos varios...

Paquetes de informes ...

Lotes de actas...

 

 

Cansancio.

Extenuación.

As miñas mulleres queridas están cansas. 

Cansas e tristes.