"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 26 de enero de 2014

I CONCURSO INTERNACIONAL "O BERRO DE MELUSINA "




Se es poeta, esteta, anacoreta ou bolboreta, non dubides en participar. Absterse proxenetas.

Deberás respostar á pregunta : 


¿QUE SOÑAN AS SEREAS ENLATADAS?
 
A mellor resposta recibida na web de facebook
O berro de Melusina obterá como premio unha serea enlatada de cola verde e , por suposto, todo o noso recoñecemento e honores.


O prazo remata o venres 31 de xaneiro.

Ánimo e participa!

Podes axudar a promocionar o concurso compartindo esta entrada.

24 comentarios:

  1. Boa idea.
    Irei visitar a unha que coñezo e logo transcribo o que me conte.
    Boa semana. JU

    ResponderEliminar
  2. Apúntoche no mega concurso internacional , entón?

    ResponderEliminar
  3. Apunta, a punta, a pum ta ta tatarata...tá.
    Viva Galicia, ceibe de galegos como dios manda !! JU

    ResponderEliminar
  4. Pero lembra que o que escribas irá ao caralibro. Son as bases do concurso. A que avisa non é traidora é avisadora. Hai tamén outra modalidade :fóra de concurso para os alérxicos ao face. Pénsao.

    ResponderEliminar
  5. Por recomendación da doutora Prudencia Permanente a consulta da miña alerxia ó virus caralibro.
    Aportarei fóra de concurso.

    JUdio pero contento.

    ResponderEliminar
  6. Unha dúbida, JU: viva Galicia ceibe? Ou viva Galicia ceibe de galegos como Deus manda? O poder dunha coma...

    ResponderEliminar
  7. Non teña dúbida.
    Tal como está, acho que non fai falta explicar, dios en minúscula, por favor(xa coñece a miña teima),e a coma ou en coma, é como imos quedar tralo paso destes gobernos de tahúres herdeiros dun anano golpista ferrolán. Lembre, Fraga tamén morreu na cama (en Gasteiz non esquecemos), é o pai político destes malnados, entón, Paca "La Culona" ven sendo o avó.
    Xa sabe como é a mafia: La Famiglia. Aclarado? JU


    ResponderEliminar
  8. Deusa tamén con minúscula, non si ?

    ResponderEliminar
  9. Depende, tal como vostede o enuncia na pregunta, parece correcto.
    Afrodita, Deméter, Flora, Isis, Perséfone, Mut, Kali, Morgana, Venus, Ceres, Atenea, Driadas, etc...Son nomes propios de deusas, que se saiba o deus invocado polos católicos-cristianos non tiña parella. Pódese deducir e atrévome a decir que este é un deus misóxino e parece que chochea.

    Rin Tin Tin era un pastor alemán, non si?

    JU

    ResponderEliminar
  10. Cada un coas súas cadacuneces...

    ResponderEliminar
  11. Non coñezo o significado da verba, cadacunez. Sería tan amable de explicarmo? Sona ben. Gracias. JU

    ResponderEliminar
  12. Os aprendices de cronopio /a temos estas cousas : adoramos inventar palabras tanto como os calamares, os sándwiches de queixo , as mangueiras azuis, ou bailar tregua ou catala, facendo burla dos famas.

    Cadacunez é algo así como "idiosincrasia". Tamén pode significar "teima", "obsesión", "manía".

    ResponderEliminar
  13. Apunto.
    Xa gardo unha lata de luras ensirenadas na súa tinta que non deben chegar ó mar. Que es el morir?

    JUlepe Macanudo

    ResponderEliminar
  14. Xa falei coa serea.
    A miña resposta podera ser: Nada. Tamén podería facer un exercicio de imaxinación, e decir calquera barbaridade ou poemizar sobor o enlatamento sirenio.
    Parece ser que esta representación é errónea. Orixinalmente o corpo inferior destes seres, non era de peixe, se non de ave. Cambia o conto, querida amiga.
    Elas soñan o que queiras soñar, pero si se dera o caso de atopar cunha delas, que sexa de cola dobre e que afine co serrucho, (así imaxino o seu canto), ao ritmo das ondas batendo nos cantís.
    Sona a serea, vou embarcar. Kalinicta.

    JUlises

    ResponderEliminar
  15. Teñen que soñar, Bradomín. Híbridas e enlatadas ¿como non van soñar?

    ResponderEliminar
  16. Terei que ve-las ao natural e tal vez consiga imaxinar o que soñan ou non soñan. Quén sabe?

    JUlises

    ResponderEliminar
  17. Ao natural ou en salsa de vieira. Se cadra, mellor na súa tinta.

    ResponderEliminar
  18. "Soñaron que enlataban a tódolos patróns conserveiros que abusan, explotan e maltratan as/os empregadxs que traballan nas súas factorías" JUlises

    ResponderEliminar

Moitas grazas.