"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

martes, 7 de febrero de 2023

Mal de escola




 Nunca saín das aulas.

A pesar da profe Maruja e,   se cadra,  grazas a ela,  porque serviu de antimodelo docente.

O meu obxectivo: non parecerme nunca á profe Maruja.

E xa levo máis de 33 anos nesta profesión.

Feliz durante todos estes anos porque é  un traballo apaixoante. 

Desempeñei algún cargo directivo 

e sempre intentei implicarme ao cen por cen no meu traballo, máis alá do que supón cumplir un horario. 

Tiven a sorte de traballar  con profesionais extraordinarios . Estes si que  me serviron de modelo. Moito teño aprendido deles e aínda me queda por aprender.

Pasaron polas miñas mans varias xeracións de alumn@s. A algúns creo que lles gustei un pouquechiño e a outros estou segura de que nada de nada E isto é algo que tamén leva implícito esta profesión. Son a mesma sempre pero é o que se coñece como "afinidades electivas".Non se pode pretender gustar a todo o mundo  (esa necesidade é propia de adolescentes e unha xa ten unha idade).

 Sempre tiven especial sensibilidade coa alumnado con problemas de aprendizaxe, entre outras cousas  porque é un asunto que na  nosa familia tocou de cheo. A miña filla maior cursou un programa de diversificación curricular . Iso salvouna do mal de escola  , acoso escolar incluído, e reconciliuna un pouco coa aprendizaxe, aínda que as súas dificultades eran, e continúan sendo,   moi importantes.


Nuestros "malos alumnos" (de los que se dice que no tienen porvenir) nunca van solos a la escuela. Lo que entra en clase es una cebolla: unas capas de pesadumbre, de miedo, de inquietud, de rencor, de cólera, de deseos insatisfechos, de furiosas renuncias acumuladas sobre un fondo de vergonzoso pasado, de presente amenazador, de futuro condenado. Miradlos, aquí llegan, con el cuerpo a medio hacer y su familia a cuestas en la mochila. En realidad, la clase sólo puede empezar cuando dejan el fardo en el suelo y la cebolla ha sido pelada. Es difícil de explicar, pero a menudo solo basta una mirada, una palabra amable, una frase de adulto confiado, claro y estable, para disolver esos pesares, aliviar esos espíritus, instalarlos en un presente rigurosamente indicativo.

Daniel Pennac. "Mal de escuela". Mondador



lunes, 6 de febrero de 2023

A maldade.



 Concordo con Mary Shelley cando di por boca de Frankestein: "Son malo porque son desgraciado"

Penso que a profe Maruja era  moiii desgraciada, por iso era tan mala.

Era unha muller moi maior,  moi coxa e  moiiii amargada.

Vivía soa e gozaba  destrozando a infancia  dos pequech@s pre-escolares.

Falo dos estertores do franquismo . Os sádicos métodos pedagóxicos da profe Maruja eran normais daquela, e se cadra, ata aplaudidos: "laletraconsangrentra".


Lembro o sabor da boliña de anís que nos daba despois das malleiras. 

Nunca esquecerei aquel sabor:  unha mestura de anís, azúcre, bágoas saladas, mocos, saloucos e moita angustia infantil.

Cando a xente non é feliz agroma a maldade en tódalas súas formas: 

- Agresividade verbal e física.

- Falta de empatía e pracer en inflixir dano.

 - Prepotencia.

- Necesidade de facer de menos aos demais.

- Tendencia ao rexoubeo constante e  vixianza das vidas alleas a través das redes (patio de veciñas contemporáneo).

 -Necesidade de control das vidas  dos outros, real ou virtualmente.

-Envexa podre.

- Gosto por burlarse despiadadamente dos demais.

- Inclinación a sátira cruel .

-Desasosego e mala baba.

- Turbiedade.

-Egoismo patolóxico.

-Arrogancia.

-Cobiza sen límite....


E un longo etcétera de maldades sen catalogar.

Cadaquén que se mire no espello .

Nunca minte.

A profe Maruja


 Ás veces pregúntome de onde me ven a mín esta pel tan fina.

Por que acuso tanto os improperios,  as malas contestacións,  as descalificacións, as malas formas en xeral....?


Se cadra ven de moi atrás. De cando empecei a intuir a maldade humana.

De cando a profe Maruja me propinaba, diariamente , unha malleira despois do almorzo,  porque  eu nunca quería ir ao cole. 

Menuda ironía. Xa nunca saín das aulas.

jueves, 2 de febrero de 2023

Estreando ano na lúa



Da exposición  Sueño de Navegante , colección de pintura cubana.Abanca.Santiago de Compostela.



 



En gramática, chamamos modalidade oracional á actitude do falante ante aquelo que enuncia.

Por situacións que estou observando estes días, e sen pretender pontificar, creo que cheguei a  unha conclusión. 

EXISTEN DÚAS CLASES DE PERSOAS:


a) AS ASERTIVAS

b) AS DUBITATIVAS.


AS primeiras, en xeral,  son arrogantes, prepotentes e maleducadas . "TodoLoSabenYtodo lo entienden" e onde elas están non medra a herba.

Pola contra, as segundas, son correctas, amables e  empáticas.

Saben o delicadas que son as relacións humanas e procuran non ferir nin comportarse como elefantes nunha cacharrería.


Por desgraza,  este mundo é dos asertivos/as.