"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

Mostrando entradas con la etiqueta Debuxos Mónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Debuxos Mónica. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de enero de 2013

AS MARÍAS COAS MAREAS




Hay locuras by Silvio Rodríguez on Grooveshark



 
Hay locuras para la esperanza
hay locuras también del dolor
y hay locuras de allá
donde el cuerdo no alcanza
locuras de otro color

hay locuras que son poesias
hay locuras de un raro lugar
hay locuras sin nombre
sin fecha , sin cura
que no vale la pena curar
hay locuras que son como brazos de mar
te sorprenden y te arrastran
te pierden y ya
hay locuras de ley
pero no de buscar
hay locuras que son la locura
personales locuras de dos
hay locuras que imprimen dulces quemaduras
locuras de diosa y de dios
hay locuras que hicieron el día
hay locuras que estan por venir
hay locuras tan vivas
tan sanas , tan puras
que una de ellas sera mi morir

Silvio Rodríguez




Ese sol xigante simboliza a Luz da Razón que , máis pronto que tarde, acabará impoñéndose. Tamén a forza, a poesía e a esperanza. Sairemos do túnel. Pura xustiza poética. Xa se encargan eles de cavar a súa propia tumba. Sobre a sobre, euro a euro. E nós, golpe a golpe, e verso a verso, recuperaremos o que é noso. 


"As dúas en punto paran os reloxos mais, despois dun silencio estremecido, o tempo volve correr. Maruxa e Coralia pasean do brazo. Cada día percorren as rúas de pedra apenas por faceren algo e non estar quietas porque elas viven unha vida prestada e sen futuro, sen proxectos, sen ilusións. Con roupas regaladas, e de mil cores, con esas maquillaxes atoladas de estrelas de cine, Coralia e Maruxa soben e baixan as rúas a procuraren un home. Cando o atopan, bérranlle piropos atrevidos, obscenidades, e máis unha vez teñen que escoitar −"Cala, trosma!", "Cala, puta!"− mais elas escachan a rir nunha gargallada salvaxe. Rin dos pantalóns cinxidos e dos peites, rin da inseguranza e do medo dos fillos de fascistas. Compostela, a vila recatada da catedral, segue a ser esa cidade tan provinciana como antes, quizais máis. E a xente escandalízase de que dúas vellas ousen pensar en corpos garridos. Son as dúas en punto. Cando os reloxos pararon, Coralia e Maruxa aprenderon o que saben todos os derrotados: que unha vez que che quitan a dignidade, xa nada máis poden facerche. Por iso, as dúas en punto é a hora da rebeldía. Son as dúas en punto. " 
 Teresa Moure







domingo, 13 de noviembre de 2011

O TORDAVISCO



Seguimos coa fauna máxica de Don Álvaro.
Tócalle o turno ao tordavisco :

O TORDAVISCO

"A pedra de afiar as agullas" coa que os xastres burlentos chiflan nos aprendices que saen algo parvos, non é tal pedra senón o ovo dun paxaro que chaman o tordavisco. O tordavisco é coma un galo e non hai quen o mire, que de día é verde de noite é mouro e cando neva branco é. É o máis listo de tódolos paxaros: tanto é así que cando o cuco se ergue, polas mañanciñas de cedo, vai o tordavisco e métese na súa cama, e aproveita que a deixou quente o cuco.

O ovo do tordavisco é verde e fala. Asusta aos nenos que andan velando niñadas nas silveiras, dicindo a grandes berros :

-¿QUEN ANDA AÍ?


Álvaro Cunqueiro; Escola de menciñeiros.

Instrumental - Violines y Arpa






domingo, 6 de noviembre de 2011

Os contos de Don Álvaro. O GATIPEDRO



"A húmida sombra do gatipedro"



Gatipedro
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, sona que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Álvaro Cunqueiro, Escola de menciñeiros

Cando eu era nena e mexaba na cama, non era o o gatipedro o causante da "catástrofe" . Eu tiña un soño recurrente : soñaba que me transformaba nunha botella de auga mineral, concretamente Auga de Sousas, que era a que ,naquel entonces , se consumía na casa familiar. Algún adulto abría a botella (ou sexa, a min mesma) e.......... psssssssssssss....... a húmida catástrofe era inminente.


ambiental - musica celta








martes, 14 de junio de 2011

A FONTE DA MOURA ENCANTADA (pseudopoema dadaista)


Petroglifo de corzo. Caamaño
"Galicia é un país de tesouros escusados nos castros, asolagados nas lagoas, enterrados aquí ou acolá, e caseque sempre ben gardados por mouros,enanos, xigantes,fadas, cobras...Son os que se chaman encantos (...)
Das fadas de que ouvín falar en Galicia, gardadoras de tesouros, sábese que as máis son fiadoras, e sempre están nas mañanciñas de cedo, que é cando mellor se ven, co seu fuso i a súa roca na raiola primeira do sol, i adoitan cantar cantigas que ninguén, por muitas veces que as escoite, pode adeprender. (...) A máis da roca e do fuso de ouro, as fadas teñen sempre un peite do mesmo, co que acostuman a peitearse, e tamén como o peite das sireas do mar, ó pasar polo cabelo fai música, i escoitase á mañanciña o doce son, un xílgaro trinador. Tamén se fala muito de espellos de ouro, e iso en todas partes. En Irlanda os xigantes tiñan tosos un espello de ouro, e tamén as fadas i as "sighe", as bruxas .(...)
Do que sei das fadas galegas é que son seres dunha leda infantilidá, i os tesouros que gardan dános as máis das veces porque ben lles peta a un que non se sabe por qué lles caeu gracioso".

Álvaro Cunqueiro; Tesouros novos e vellos; Galaxia



O FEITIZO
A LÚA
O LEITE

A PEDRA
O OURO
A SERPE

O AMOR
A MULLER
O PEITE

A AUGA
O SANGUE
A FLOR

O RÍO
A FONTE
O ESPELLO
A MORTE.

Mónica

miércoles, 20 de abril de 2011

A ESPADA. SUPER OMNIA VINCIT VERITAS



FORTE EST VINUM, FORTIOR EST REX, FORTIORES SUNT MULIERES, SUPER OMNIA VINCIT VERITAS
Rosslyn Chapel (Escocia)

Caderno de bitácora, Luns 18 de abril de 2011

Teño que escribilo. E teño que facelo agora que acaba de suceder , aínda que o publique máis tarde. Non podo deixar que a memoria ou a subxectividade que engade o paso do tempo altere o que realmente sucedeu.
Luns 18 de abril. Primeiro día das vacacións de Pascua. Adoito pasear durante unha ou dúas horas por unha praia cercana a onde resido. A maior parte das veces son paseos solitarios e tremendamente nutritivos. Cando regreso a casa a miña cabeza está chea de imaxes que ,sen demora , me poño a debuxar. Ás veces levo un libro: novela ou rara vez poesía. Hoxe ocurréuseme levar tremendo "tocho" : o Diccionario de símbolos de Eduardo Cirlot.Costábame suxeitalo mentres camiñaba. Son consciente de que non era precisamente unha lectura praieira pero apetecíame lelo desde o principio porque nunca o fixera. Sempre acudía a él para consultas puntuais .Estaba fascinada coa introducción e de pronto o meu cerebro cronopial comezou a construír imaxes, xerme do que será ( do que é) o meu próximo debuxo. Pero, de súpeto, percateime de que durante o paseo perdera un pequeno catálogo de libros medievais con debuxos fantásticos ,do que pretendía sacar inspiración. Detiven a lectura e recorrín toda a praia buscando o folleto perdido. Despois de bastante tempo atopeino e ,ao seu lado, este obxecto máxico que, sen lugar a dúbidas, chegoume DO OUTRO LADO DO ESPELLO.

Era o elemento que faltaba no debuxo : unha espada cunha talla dunha serpe e un león.
Para que os escépticos, lóxicos e racionais poidan rir a gusto, aclarar que a empuñadura é de plástico, pero tan duro que parece bronce.



"Quen vai pintar unha figura, se non pode converterse nela non pode debuxala " Dante, Canzionere


Alfonso X el Sabio - Cantigas de Santa Maria






domingo, 17 de abril de 2011

ENTRE CÍCLOPES E UNICORNIOS

FABULA

Unicornios y cíclopes.
Cuernos de oro
y ojos verdes.
Sobre el acantilado,
en tropel gigantesco,
ilustran el azogue
sin cristal, del mar.
Unicornios y cíclopes.
Una pupila
y una potencia.
¿Quién duda la eficacia
terrible de esos cuernos?
¡Oculta tus blancos,
Naturaleza!




Silvio Rodriguez - Mi unicornio azul








"El unicornio es símbolo de poder, de alegría y de pureza. Lorca coloca en oposición dos símbolos: el unicornio que representa la espiritualidad y la sublimación, mientras que el cíclope representa la fuerza primitiva, brutal que se opone a la fuerza espiritual.

El unicornio es , sin equivocos , el animal que simboliza el más profundo espíritu religioso porque él ha llegado a personificar a Cristo en virtud de su nobleza y de su voluntad.
El cíclope simboliza la dominación de fuerzas oscuras del instinto y la pasión. El cíclope de la tradición griega es una fuerza primitiva o regresiva de naturaleza volcánca que no podía ser vencido sino por el Dios solar, Apolo. Animal de simbología negativa desde el punto de vista de la mitología griega, se considera como un animal de fuerzas oscuras y de pasiones instintivas.
El poema Fábula coloca en oposición estos dos elementos mitológicos: el unicornio y el cíclope.
Desde un punto de vista filosófico y religioso universal el simbolismo del unicornio es positiva mientas que la significación simbólica del cíclope es negativa en virtud de la concepción mitológica griega.
El ojo único del cíclope simboliza un ser infrahumano de una fuerza sorprendente. García Lorca opone de manera simbólica la representación de dos concepciones universales a través de los siglos la infrahumana y el gigante contra la nobleza y la fuerza y nobleza del unicornio. El poema tiene una doble significación:

Sobre el acantilado
un tropel gigantesco
ilustran el azogue
sin cristal , del mar.

La belleza de “sin cristal del mar” es excepcional porque la claridad marina, la belleza y suntuosidad del mar se perciben sin espejo (…). El espejo, que en este poema no tiene vidrio representa en el plano mitológico la misma cosa que un espejo normal: este es un símbolo de la imaginación o de la consciencia que reproduce los reflejos del mundo visible en su verdadera realidad.”

Símbolo y simbología en la obra de Federico García Lorca
Manuel Antonio Arango L.

martes, 15 de marzo de 2011

O CIRCO DA LÚA PECHA AS SÚAS PORTAS TEMPORALMENTE

Os artistas están desolados e xa non querer sair a pista á despedirse. Quedaban cinco:

A muller sardiña, tan delgada que está na espiña.
O neno que non ten piollos.
A serea traga-lume, que cando canta bota fume
O home máis alto do mundo e ...
O SER MÁIS NAUSEABUNDO.

Este último non ten escrúpulos e non lle importa sair. Aquí o temos. O MAL é o seu medio natural e non ten dor de nada nin de ninguén.
Remateino o xoves pasado, un día antes da traxedia.

Son consciente de que estéticamente é un pastiche adolescente pero non é normal que nos meus debuxos aparezan tal cantidade de elementos negativos, tanta destrucción e tanta morte... nen sequera cando era adolescente de verdade.

Coa perspectiva do sucedido, non podo velo máis que como unha imaxe premonitoria.



Deus ausente.
As follas amontóanse .
Todo é abandono.
(Matsuo Basho, 1644-1694)


Mischa Maisky - J.S.Bach - Suite per violoncello n.5 in do min. BWV1011 - 1.Preludio






sábado, 12 de marzo de 2011

Deus ausente. As follas amontóanse .Todo é abandono. (Matsuo Basho, 1644-1694)




Sumatra, Haiti, Chile , China, Xapón...

Terremotos, maremotos, volcáns...

¿que lle está pasando á Terra?

Preciso explicacións científicas, filosóficas ou poéticas.

Apocalípticos, absterse.

O que sinto con claridade e que formamos parte dunha comunidade de veciños dun edificio chamado TERRA. Os cimentos cambalean e non é momento para o "sálvese quen poida" senón para a SOLIDARIEDADE con maiúsculas.



O que agardo e que, despois do sucedido, xa non quede no mundo ningún defensor da enerxía nuclear.



O que penso e que sigo vivindo na utopía. Mentres sigamos gobernados por políticos irresponsables que nos venden mentiras como a da seguridade nuclear ,entre outras moitas, todo seguirá igual.


"En declaraciones remitidas a los medios de comunicación, el director de la campaña contra la nucleares de la organización (Greenpeace), Jan Beranek, afirma: "Cualquier cantidad de radiación que se libere a la atmósfera pone en riesgo la salud de las personas de la zona, la salud pública y el medio ambiente. Tanto en el caso de que se haya producido una fuga en la central nuclear de Fukushima, como si se ha forzado deliberadamente el escape, el hecho de que se hayan vertido a la atmósfera gases contaminados radiactivamente procedentes del reactor implica que han fallado claramente las medidas de protección física diseñadas para aislar la radiactividad del medio ambiente".

"La industria nuclear nos dice que accidentes como este no pueden pasar con reactores modernos, pero hoy Japón está en medio de una crisis de consecuencias potencialmente devastadoras por culpa de la energía nuclear", ha añadido Beranek.
12/3/2011 ,El País





Mercedes sosa - yo vengo a ofrecer mi corazon









Alain Juppé, ministro francés de Exteriores, asegura que la situación en Japón es "extradamente grave". Los países de la UE se reúnen hoy para examinar la seguridad de sus centrales. Varios expertos plantean que Europa debería estudiar un futuro sin energía nuclear. El País, 15/03/2011

jueves, 10 de marzo de 2011

DESFILE FINAL DO CIRCO DA LÚA: MATÍAS



Aquí está o meu amigo Matías. É o malabarista deste circo, O MALABARISTA MENTAL, e tamén quixo vir a despedirse.

Cando o meu cerebro cronopial está moi axitado, cheo a rebordar de conceptos e preconceptos , de xuízos e prexuízos, ideas contradictorias, de garda ou peregrinas, meto todo o contido nun saco , chamo a Matías, e entrégolle o material. El non só é un gran amigo senón tamén un artista fabuloso e , visto e non visto , converte o caos que eu lle entreguei nuns fermosos xogos malabares.

Cando remata, todo volve o seu sitio armónicamente. De pronto , a vida e máis fermosa,o sol brila máis que nunca, os paxariños cantan, as nubes se levantan...

Así estou hoxe ...FELIZ, despois dunha sesión intensa de malabarismo mental.





Susannah McCorkle - Agua De Marco (The Waters Of March)






domingo, 6 de marzo de 2011

DESFILE FINAL DO CIRCO DA LÚA V

A MULLER BARBUDA
QUE SEMPRE BEBE
LICOR DE RUDA.



A MULLER GUITARRA
POR ONDE PASA
SEMPRE " DA A TABARRA"



A MULLER SEN CABEZA
AÍNDA QUE PARTIDA EN DOUS,
É MULLER DUNHA PEZA





Circo del sol - Musica del circo






miércoles, 2 de marzo de 2011

DESFILE FINAL DO CIRCO DA LÚA IV

O HOME BICÉFALO


A MULLER MÁIS FORTE DO MUNDO


O SEREO TRICÉFALO

domingo, 27 de febrero de 2011

DESFILE FINAL DO CIRCO DA LÚA III

GREENMAN



GREENWOMAN




PLANTA CARNÍVORA («Sexonipollis sexonicus»).



Los Amantes, de Oliverio Girondo.

Se miran, se presienten, se desean,
se acarician, se besan, se desnudan,
se respiran, se acuestan, se olfatean,
se penetran, se chupan, se desnudan,
se adormecen, despiertan, se iluminan,
se codician, se palpan, se fascinan,
se mastican, se gustan, se babean,
se confunden, se acoplan, se disgregan,
se aletargan, fallecen, se reintegran,
se distienden, se enarcan, se menean,
se retuercen, se estiran, se caldean,
se estrangulan, se aprietan, se estremecen,
se tantean, se juntan, desfallecen,
se repelen, se enerven, se apetecen,
se acometen, se enlazan, se entrechocan,
se agazapan, apresan, se dislocan,
se perforan, se incrustan, se acribillan,
se remachan, se injertan, se atornillan,
se desmayan, reviven, resplandecen,
se contemplan, se inflaman, se enloquecen,
se derriten, se sueldan, se calcinan,
se desgarran, se muerden, se asesinan,
resucitan, se buscan, se refriegan,
se rehuyen, se evaden y se entregan.



Y después de hacer todo lo que hacen, se levantan, se bañan, se entalcan, se perfuman, se peinan, se visten, y así progresivamente van volviendo a ser lo que no son.



Cortázar agregó estas líneas al poema de Girondo "Los amantes" en su cuento Amor 77, de "La última partida".

Para ti, V. F.

Sade - Love is stronger than pride






miércoles, 23 de febrero de 2011

DESFILE FINAL DO CIRCO DA LÚA I

Todo acaba.
Tamén este circo .
Está a piques de concluir a súa xira mundial polo territorio dos soños.
Trapecistas, acróbatas, mulleres sen cabeza, pallasos e pallasas, funambulistas e malabaristas. Todos e todas desexan sair á pista e despedirse.

Foron días intensos, de fortes sentimentos, de emocións espidas e estreita comunicación con todos vós, o público do circo da Lúa.

Os artistas choran porque xa vos botan de menos e agardan , ansiosos, á proxima primavera, na que este circo lunático emprenderá de novo o seu camiño, por montañas e vales, ríos, pobos e aldeas ata chegar aquí , ao Océano, a esta praia salvaxe e solitaria , onde arrecende a MAR, a sal, a peixes, a restos de naufraxio,a corpos esbaradizos de sereas namoradas .

E agora, que comece o desfile.
Con todos e todas vós.....

A MULLER BARBUDA
QUE SEMPRE BEBE
LICOR DE RUDA
A NENA DE MOITOS OLLOS
A NENA DE MOITAS PERNAS
O NENO QUE NON TEN PIOLLOS
A MULLER SARDIÑA,
TAN DELGADA
QUE ESTÁ NA ESPIÑA
O SEREO TRICÉFALO
A FERA CORRUPIA
UNHAS VECES BOA
E OUTRAS UNHA LURPIA
A MULLER SEN CABEZA
AÍNDA QUE PARTIDA EN DOUS,
É MULLER DUNHA PEZA
A MULLER CARACOL,
A QUE LLE PON OS CORNOS AO SOL
O HOME MÁIS ALTO DO MUNDO

E O SER MÁIS NAUSEABUNDO...




A NENA DE MOITOS OLLOS



A NENA DE MOITAS PERNAS


Nicoletta ceccoli




Circo del sol - Musica del circo






domingo, 20 de febrero de 2011

O CIRCO DA LÚA :MULLERES VOADORAS

Para Mermaid (http://mermaidlullaby.blogspot.com/)e para tódalas mulleres voadoras que tanto zurcen calcetíns como escriben diccionarios (García Márquez, La mujer que escribió un diccionario, http://sololiteratura.com/ggm/marquezlamujer.htm )




Capítulo I.


No se me importa un pito que las mujeres tengan los senos como magnolias o como pasas de higo; un cutis de durazno o de papel de lija.
Le doy importancia igual a cero, al hecho de que amanezcan con un aliento afrodisíaco o con un aliento insecticida. Soy perfectamente capaz de soportarles una nariz que sacaría el primer premio en una exposición de zanahorias; pero eso sí ¡y en esto soy irreductible! no les perdono, bajo ningún pretexto, que no sepan volar. Si no saben volar ¡pierden el tiempo las que pretendan seducirme!
Esta fue - y no otra- la razón de que me enamorase, tan locamente, de María Luisa.
¿Qué me importaban sus labios por entregas y sus encelos sulfurosos? ¿Qué me importaban sus extremidades de palmípedo y sus miradas de pronóstico reservado?
­María Luisa era una verdadera pluma!
Desde el amanecer volaba del dormitorio a la cocina, volaba del comedor a la despensa. Volando se preparaba el baño, la camisa. Volando realizaba las compras, sus quehaceres...
¡Con qué impaciencia esperaba que volviese, volando, de algún paseo por los alrededores! Allí¡ lejos, perdido entre las nubes, un puntito rosado!
"María Luisa! ­ María Luisa!"... y a los pocos segundos, ya me abrazaba con sus piernas de pluma, para llevarme, volando, a cualquier parte.
Durante kilómetros de silencio planeábamos una caricia que nos aproximaba al paraíso; durante horas enteras nos anidábamos en una nube, como dos ángeles, y de repente, en tirabuzón, en hoja muerta, el aterrizaje forzoso de un espasmo.
¡Que delicia la de tener una mujer tan ligera..., aunque nos haga ver, de vez en cuando, las estrellas! ­¡ Que voluptuosidad la de pasarse los días entre las nubes... la de pasarse las noches de un solo vuelo!
Después de conocer una mujer etérea, ¿ puede brindarnos alguna clase de atractivos una mujer terrestre? ¿Verdad que no hay diferencia sustancial entre vivir con una vaca que con una mujer que tenga las
nalgas a setenta y ocho centímetros del suelo?
Yo, por lo menos, soy incapaz de comprender la seducción de una mujer pedreste , y por más empeño que ponga en concebirlo, no me es posible ni tan siquiera imaginar que pueda hacerse el amor más que volando.


Oliverio Girondo.-
Texto de "Espantapájaros (al alcance de todos)"



Grazas, Palabras andantes.




Clement Philibert Leo Delibes - Clement Philibert Leo Delibes - Lakme - Duo Des Fleurs






jueves, 27 de enero de 2011

O CIRCO DA LÚA :A MULLER SEN CABEZA




Debuxos de Mónica

El circo

Dos atletas saltan de un lado a otro de mi alma
lanzando gritos y bromeando acerca de la vida:
y no sé sus nombres. Y en mi alma vacía escucho siempre
cómo se balancean los trapecios. Dos
atletas saltan de un lado a otro de mi alma
contentos de que esté tan vacía.
Y oigo
oigo en el espacio sonidos
una y otra vez el chirriar de los trapecios
una y otra vez.
Una mujer sin rostro canta de pie sobre mi alma,
una mujer sin rostro sobre mi alma en el suelo,
mi alma, mi alma: y repito esa palabra
no sé si como un niño llamando a su madre a la luz,
en confusos sonidos y con llantos, o bien simplemente
para hacer ver que no tiene sentido.
Mi alma. Mi alma
es como tierra dura que pisotean sin verla
caballos y carrozas y pies, y seres
que no existen y de cuyos ojos
mana mi sangre hoy, ayer, mañana. Seres
sin cabeza cantarán sobre mi tumba
una canción incomprensible.
Y se repartirán los huesos de mi alma.
Mi alma.
Mi hermano muerto fuma un cigarrillo junto a mí.

Leopoldo María Panero "Poesía" 1970 - 1985


Para los trapecistas, A. y C.
Siempre supe sus nombres
.
Gracias, adios y buena suerte.

lunes, 12 de abril de 2010

¡UI! ¡PERDÓN!










XA ESTOU AQUÍ.TARDEI UN POUQUIÑO ¿NON SI?.E QUE FUN ESTIRAR A COLA A FISTERRA.AS SEREAS NON PODEMOS ESTAR MOITO TEMPO PARADAS NUN SITIO.É O NOSO NATURAL. DE CAMIÑO ATOPEI A UN MARIÑEIRO QUE QUEDOU PRENDADO DE MIN. NON FUN QUEN DE IGNORALO , E CLARO,TIVEMOS UNHA PEQUENA HISTORIA DE AMOR. CANDO ME DIN CONTA PASARAN XA TRES ANOS.

SINTOO, DE VERDADE.
A VER ¿ONDE QUEDARAMOS? AI SÍ, XA ME LEMBRO :

OS SERES DA AUGA PODEMOS AFONDAR NA REALIDADE, DESCORRER O VEO DO APARENTE E IR MÁIS ALÁ

martes, 30 de marzo de 2010

(CAAA) COLECTIVO ANARQUISTA DE ALIENÍXENAS AUTOXESTIONADOS

Para Karma, con mucho cariño



-¡QUE ALEGRÍA VERTE,FILLO! ¿COMO FOI A TÚA VIAXE? ¿É BONITA A TERRA? ¿COMO SON OS TERRÍCOLAS? ¿DEIXACHES ALGÚN AMOR POR ALÍ?

- A VIAXE FOI MARABILLOSA, PAI. A TERRA É INCRIBLE. MÁGOA QUE NON A COIDEN COMO MERECE.

SÓ ATOPEI UN TERRÍCOLA.CAEU DUNHA ÁRBORE.
SON TAN PEQUENOS QUE COLLEN NUNHA MAN.
POR FÓRA ESTÁN CUBERTOS DE PINCHOS PERO POR DENTRO SON DOCES E SUAVES.

¿SABES? NA TERRA HAI UNHA COLONIA DE ALIENÍXENAS.
ALGÚNS SON CASIOPEOS, OUTROS ORIONITAS E OUTROS DE GALAXIAS MOI LONXANAS.
COMO SON TAN DISTINTOS E DE PLANETAS TAN DISTANTES, AS VECES NON SE ENTENDEN. AÍNDA ASÍ, HABITAN ÁRMONIOSA E AMOROSAMENTE NUN ESPAZO SIDERAL, CHAMADO BRISAS.
ALÍ SEMPRE ESTÁ O LUME ENCENDIDO, SEXA INVERNO OU VERÁN.
A ALIENÍXENA MAIOR, CASIOPEA COMO NÓS,TEN SEMPRE A PORTA DO CORAZÓN ABERTA, A MESA DISPOSTA E UN SORRISO XENEROSO E CAUTIVADOR QUE ENFEITIZA A TÓDOLOS PRESENTES.

QUE SI DEIXEI ALGÚN AMOR ? SI, PAI , ESTOU NAMORADO E PRONTO REGRESAREI A VER Á MIÑA AMADA.

QUEDEI ENGAIOLADO COS SEUS CANTOS.
A SÚA ESTRAÑA BELEZA ROUBOUME O CORAZÓN.
PERO ESA É OUTRA HISTORIA.

THE END



AQUÍ REMATA A PRIMEIRA ENTREGA DE…

AMORES SIDERAIS

lunes, 29 de marzo de 2010

HOME,SWEET HOME

sábado, 20 de marzo de 2010

AMORES SIDERAIS :CASIOPEO DE VISITA POR GALIZA

"XX"$234456cgdssdwhghycs nb 12º fdfu"
TEXTO TRADUCIDO Ó GALEGO :"¡Carai, que bonito!. Galiza compite en beleza co planeta Pandora.
Ai! como morde esta criatura que teño nas mans.
¿será un terrícola?"


domingo, 7 de marzo de 2010

TERRA