
Son consciente de que esta lúa é un lugar cada vez máis inhóspito para os vistantes .
Un deserto case siniestro. Con moi pouco que ofrecer aos viaxeiros : nin auga fresca, nin víveres , nin un alma coa que falar.
Sin embargo , para min está sendo un verxel, un espazo ameno , máxico e cheo de sorpresas. Un lugar onde mostrarme (case) tal cual son, onde se reflexa, sen maquillaxe, a miña dinosauria interior
Si. Lúa-sumidoiro outra vez.
E Lúa-dragón.
E Lúa-espello. Porque o que vexo en ti , tamén está en min.
Aviso aos escasos navegantes que aínda se achegan por aquí : esta lúa hoxe vai apestar.
Abrirei a tapa do sumidoiro. O cheiro pode ser insoportable pero entendo que se trata dun proceso natural , novo e necesario.Os detritus non poden atascar a corrente vital. Hai que remexer e soltar. Coller impulso na terra e, mesmo nadar na lama, para poder voar máis alto. Estamos feitos para o azul. Somos paxaros.
Se cadra é que estes días estou rematando a Melusina metamorfoseada en dragón.
A Melusina libre. Fóra da lata, coas ás despregadas e o corpo multicolor cuberto de escamas.
Se cadra é que estou neses días...
Se cadra é que por fin atopei a miña dinosauria interior: esa que da alaridos. Que non se corta un pelo. Brava, impúdica, malfalada e iracunda...
Se cadra é que a quen llo teño que dicir non me escoita, NUNCA ME ESCOITOU.
(".....grshjkffffggrrrrrrrr.......gggggggrrrrrrrrrrrrrr.........gggrffffffffffeefffffffffffffgghhhbbbbb GRRRFFSHHHTTHHHY JKKKRTTFFHU AHHHHHHH JJJHHHHHASSSDDD GHTRSSD FFSSghdfrssssssttrf NBBFGTTDSAQEWES ÑÑLOIK BFGFDREZXAHHHHHH ALLLLL AHHHHH....
.... (alaridos e berros censurados por respecto ao escasos e delicados visitantes que aínda veñen por aquí)")
Pretendo drenar, limpar pero tamén pechar outra porta máis. Viaxar camiño á indiferenza. Nin frío nin calor. Como cos outros personaxes arcádicos. Creo que vou ben pero aínda queda algo de cariño reconvertido no seu contrario. Emocións lastres que non me deixan despegar.
Polo momento.
Pero xa vexo o azul.
Agradezo de corazón ter vivido nese charco de lama , chamado Arcadia, e por traerme a onde agora estou.
Agradezo de corazón a esta lúa o seu gran traballo alquímico con cronopios emocionais e dinosáuricos coma min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas.