"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 6 de febrero de 2014

LÚA-ESPELLO

Chelsea Hotel No 2 [Leonard Cohan Cover] by Lana Del Rey on Grooveshark


"Si. O conto hai moito tempo que rematou , pero cando despertei o meu reflexo  aínda estaba alí."

Obras de Delvaux

Estamos ante unha nova fase da lúa : nin crecente, nin minguante, nin chea, nin nova.

  E a fase lúa/espello.
  Eu e o meu reflexo.
  A lúa e a súa cara oculta.

 Soedade que rima con verdade.

 Tan só ELA I EU. 
 Fronte a fronte..
 ( e algún outro despistado/a que cae por aquí)

Lembro cando esta lúa era nova.  Igual que Narciso chamaba  a Eco, así buscaba eu o meu reflexo nos outros, mendigando migallas de atención aquí ou acolá, co meu,  tan característico,  pudor exhibicionista.

Xa non (ou non tanto, creo ).

Seguen sendo benvidos/as os /as navegantes que chegan a estas costas pero agora non os necesito. A serea xa non canta ou, se o fai, e polo puro pracer de escoitarse a si mesma.
“Nin seducir nin ser seducido”. (ou si?).
Mal que me pese , unha segue sendo un catro e xa se sabe de que pé coxeamos os catro.

A lúa agora ten vida autónoma. Fala na súa propia linguaxe, cunha gramática dos soños que non deixa de sorprenderme. A súa voz ven da cara oculta , o  meu inconsciente, supoño. Un libro aberto cheo de mensaxes alquímicas. As veces son enigmas que tardo días en resolver. Outras son lóstregos que enchen de luz situacións cotiáns.

A lúa foi unha porta aberta cara outras espazos desto que  eu son.
 Xa non hai marcha atrás.
Tras cada porta hai moitas máis esperando ser abertas.


Seguirei alimentando a este animal lunático. O meu dinosaurio verde e escuro.
Da  moito máis do que pide.