"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 25 de abril de 2013

O SOÑO DE UXÍA (debuxado e escrito por ela)

Soñarei by Guadí Galego e Guillermo Fernández on Grooveshark


Namentres a xente nosa fale do ouro escondido, é que estará viva en nós a ledicia imaxinativa, e seremos aínda máis ricos por soñar con tesouros que tendo tódolos tesouros do mundo nunha arca gardada. Valen máis escondidos. Vai un por un camiño, nos doces mediodías de outono, e choviña, e parece que naquela miranda veciña brilla algo entre a herba, e un párase e soña cunha fada que ten na súa man un peite de ouro. Esto non fai dano a ninguén. Na aspereza da vida cotiá, soñar é necesario, e perder o tesouro dos ensoños é perder a merindade dos tesouros do mundo. Cando eu escoito nagunha aldea nosa falar de tesouros, coido que na nosa pobreza aínda somos ricos.De Tesouros novos e vellos. Algunhas imaxinacións sobre tesouros. «Discurso de ingreso na Real Academia Galega». Alvaro Cunqueiro











O Bolimarte é algo así como unha salamanquesa; outros din que o que semella é un alacrán. Ten crista roxa, coma de galo, na cabeza. Medirá unha media cuarta e o máis do seu corpo é rabo. Pon un ovo cada sete anos, e precisamente no niño do moucho; os ovos de moucho son brancos e o do Bolimarte é mouro, pero o moucho non se decata. Cando o Bolimarte nace o primeiro que fai é xantar as crías do moucho.
O Bolimarte vese poucas veces, pero cando se ve é porque vai haber un eclipse de sol. O Bolimarte tenlle medo ás fin do mundo e nas ocasións bótase a procura da campaña do home. Para que un home o reciba na casa en vispera do eclipse total de sol, o Bolimarte dá calquera cousa, é decir dá ouro ou di onde o hai. Recibido na casa, hai que alimentalo ben: dous pitos por día. Abonda con desplumalos que os come crus. Un amigo qué me conta do Bolimarte, dime que sabe más dunha familia, que se fixo rica dando de comer o Bolimarte, e cama cando ten medo. O Bolimarte por enriba do corpo trae unha camiseta, entre a camiseta e o corpo, ouro en fío, este dállo a quen o serve, pero non hai que tocar o fio de ouro deica unha hora que queima.
E como di que hai ouro o Bolimarte? Moi ben! Brinca unha fiestra e desde alí cospe forte, como unha tira-bolas de estopa, onde cae o cuspe fai un pouquiño de lume. Cando chegas co ouro, o Bolimarte ponse nas patas traseiras, e asubía.


A.Cunqueiro; Escola de menciñeiros


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.