"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

lunes, 15 de abril de 2013

ESCENA SEGUNDA E VIXÉSIMO QUINTA DA PEZA DE TEATRO CHINÉS CHAMADA " A DAMA QUE ENGANADA POR UN DEMO ELEGANTE QUIXO COMPRARLLE O VENTO A PERDIZ QUE FALABA" OU "A VERDADEIRA HISTORIA DUN MANDARÍN QUE POR NON GASTAR QUEDOU CORNUDO".

"O home é un pobre actor que sobe unha hora a escena e alí axítase e, ao cabo, ninguén volve a oír falar del"(Macbeth, Shakespeare).






























O DEMO ELEGANTE E A DAMA FROL DE PEXEGUEIRO

A escena desenrólase no patín das esposas, na casa do mandarín Tu Fu. Hai un xardín de trampa, con rocas e bambús, e un laranxo enano con tres laranxas.
Demo
¡Xa me tardaba quitarme as roupas de muller!
Dama
¡Acaíche mui ben a camisa verde! ¡Coidei que viñas en coiros debaixo!
Demo
¡Había por pasarme a tanto! Xa sabía que me tiña que mudar diante de ti.
Dama
Un demo non é un home.
Demo
¡Coida que eu son un demo namorado!¡Soño contigo!
Dama
¿Soñades os demos?
Demo
¡Ai, si cho digo!
Dama
¡Non me cales nada!
Demo
Mira, si soio soñamos sete veces cunha cousa, ésta nunca se cumpre, pro si pasamos de sete e chegamos a doce, entonces todo pasa como o soñado.
Dama
¡Eu son a casta esposa de Tu Fu!
Unha fala ou un baile, eso non coroa a un marido.
Demo
¡Si soño doce veces que me meto na túa cama, caíche!
Dama
¡Pon unha vela acesa entre ti e o teu soño! ¡É o que fai a xente educada!
Demo
Con nosco non rexe
Dama
¡Pois eu non che deixo soerguerme o faldellín!
Demo
¡Ai, os agarimos dun demo é como pasar entre ramas de cerdeira en frol!¡ Aínda me has pedir un segundo repaso!
Dama
¿Eu quero ser fidel a Tu Fu!
Demo
¡Cómo non haber! Pra iso tiña teu home que mercarlle ao vento a perdiz que fala.
Dama
¡Mércoa eu!
Demo
¡Non vale! Tén que ser o teu home, con cartos de seu. Amén de libralo dos cornos, é unha distración moi grande, que a perdiz é letrada. Pós a perdiz na cama, i eu non poido entrar, que me denuncia a berros. I eu, aborrecido, voume, e paso a outra cousa, e alí póñome a soñar con outra.
Dama
¡Pero perdo o parrafeo contigo!
Demo
¡O meu parrafeo xa sabes en que acaba!
Dama
¡Ai, matrimoñal castidade, que caro me custas!
Demo
Tamén podías apearte de tanta virtude, puñeta!
Dama
¡Ai, quero mortificarme! O meu temperamento agradece as espiñas.
Demo
Eu son moi brando prás dóres. E pra todo. Non durmo ben si se me enruga a sabán de embaixo. Son un delicado crisantemo de final do verán. ¿Poderei poñerme na túa boca e agardar o orballo da mañán?
Dama
¡Qué ben falas!
Demo
Perfumarei con verbas de amor os teus desmaios! ¡Non lle digas a Tu Fu que merque a perdiz! Déixame ser o teu galo cantonés.
Dama
¡Non, non!
¡Quero chegar a ser unha viuva meritísima!¿A faladora perdiz gardara o leito nupcial!¡Vaite, encantador!¡Xa que non sabes ser continente, apártome de ti!
¡Ai, ai!
¿Onde eu atoparei o amor cortés, que se contente con ver que choro?

Vaise, tapándose a cara coa ponta do mantón. O demo vístese con roupas de muller.

Demo
¡Cen pesos contantes costa a perdiz do vento!¡ Ou perdiz ou cornos, sabio Tu Fu!

A. Cunqueiro; Se o vello Sinbad volvese ás illas.


                                                                  CAI O PANO





C O N T I N U A R Á

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.