"... e o meu propio é faguer imitante a verba escrita á cousa, verbigracia que a verba NAO semelle unha nao, estendendo a cunca do a, i entón pásome a pórlle pola parte do rabicho unha bandeiriña verde, e cousas parecidas fago con paxaro, granada, vento , lume...A verba lume sempre a escribo en bermello, aunque todo o máis da carta vaia en mouro, e póñolle mui vagante derriba un esprito afumado, azuleado. Nunha carta que lle escribín a un piloto de Moara contándolle como cheguei as neves mariñas levado pola balea, puxen "lume" como acostumo, e facía tanto frío naquela miña ousada navegación, e tan ben llo contaba eu que o meu amigo léndo o párrafo, arrimaba as suas mans á escrita "lume", por quentalas " Cunqueiro ; Se o vello Sinbad volvese ás illas
"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung
“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 7 de abril de 2013
AS PALABRAS E AS COUSAS
"... e o meu propio é faguer imitante a verba escrita á cousa, verbigracia que a verba NAO semelle unha nao, estendendo a cunca do a, i entón pásome a pórlle pola parte do rabicho unha bandeiriña verde, e cousas parecidas fago con paxaro, granada, vento , lume...A verba lume sempre a escribo en bermello, aunque todo o máis da carta vaia en mouro, e póñolle mui vagante derriba un esprito afumado, azuleado. Nunha carta que lle escribín a un piloto de Moara contándolle como cheguei as neves mariñas levado pola balea, puxen "lume" como acostumo, e facía tanto frío naquela miña ousada navegación, e tan ben llo contaba eu que o meu amigo léndo o párrafo, arrimaba as suas mans á escrita "lume", por quentalas " Cunqueiro ; Se o vello Sinbad volvese ás illas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
arre carai............!ou o que é o "mesmo": sen comentarios
ResponderEliminar(non son un robot, anque moitas veces..........gostaría de selo....)
Ola Carmen. Arre carai ¡que agradable sorpresa verte por aquí! ¡Benvida á lúa!
ResponderEliminarFollas en branco
ResponderEliminarAs palabras que queiman
Iluminan o ar
HaiJU
Ola Haiju, xardiñeiro que enches a lúa de rosas perfumadas.
ResponderEliminarJopetas! relendo o comentario anterior desde a distancia que da o día seguinte de escribilo, que cursi me quedou o tal comentario.
ResponderEliminarDecididamente son a raíña das chorradas e cursilerías varias. Imaxino o teu sorriso fanequil, oh rosa perfumada!.
Non me parece cursi, tendo en conta que son xardiñeiro a tempo parcial e que botando en falta as primeiras rosas desta primavera enchoupada e tardia, vou inventando. Agradécense os cumplidos ós haikus que van florecendo.
ResponderEliminarCase me molesta máis que te arrogues o título de raiña, por anacrónica e innecesaria autodenominación. Este domingo é 14 de abril e a III República xa está a punto. Só falta que tomemos conciencia de cidananía de pleno dereito e soltemos lastre, pra dunha vez por todas modernizar este país. Moi interesantes os últimos informes de Wikileaks, que confirman o que xa sabíamos ou sospeitábamos. Bicos. JU
Vaaaaleeee! pois raíña non. PRESIDENTA DA REPÚBLICA DAS CHORRADAS E CURSILERÍAS VARIAS. A cúlpa foi túa, que cos teus logrados haikus, inflamaches a miña vea lírica.
ResponderEliminarMáis bicos para voçe e para esa Alma veloz e incandescente que te acompaña.
Como di a canción: Echame a mi la culpa de lo que pase.....Y allá en el otro mundo...etc....................
ResponderEliminarO certo é que imos pasando o tempo e iste e inexorable e determinante, vainos situando no espazo, camiño da mortalidade vertebrada de mamíferos ilusionados con que poden vir tempos mellores, e o caso é que esa posibilidade existe i é real.
Tes o meu voto pro-feminización da república chorra dun futuro en curso que estará en mans da libre disposición das verbas cursis, denantes que as malas xustificacións dun paiaso que mal se explica e sae vivo dun parlamento representativo do pobo gañado pola paparota populista. Aaiii, que dolor!! JU
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarFinde sen internet (Oh marabilla!). Adicada en corpo e alma á celebración do AMOR, á creación e á primavera (toma cursilería!).
ResponderEliminarP.D.: "chorrada", "cursilería" e "feminino" non son sinónimos. Conste en acta.
Son cursi de nacemento, pero non por ser muller.
Bicos lunáticos de luns para "ambos los dos". A ver se coincidimos venres, día de Venus.