
"O que fago como artista é afondar na parte máis escura e descoñecida de ser humano. A miña pintura viría a ser un xeito de manchar o branco." Dino Valls
yan tiersen -
... E con nova figuración queremos dicir pintura inquietante e fermosa, ateigada de conceptualidade e de desasosego. Demostra o seu dominio do debuxo, a artesanía transcendida na arte do óleo, o oficio de mirar. Dino Valls viaxa, dende a claridade e a conciencia, cara á escuridade que nos habilita e nos conforma intimamente. Desvela estados psíquicos, angustias, visións dobres que irrompen dende o fondo do espello, e avísanos de que baixo as roupaxes da beleza, tras a pel do desexo, se oculta a fraxilidade e a turbiedade, mulleres de mirada ferida, criaturas que combaten a insoportable melancolía do sono. Velaquí un pintor extraordinario e inadvertido, rigoroso cos materiais e consigo mesmo, que transcende a realidade e nos sitúa no bordo do abismo, no albor mesmo da dor e do calafrío.
Antón Castro
Exposición Retrospectiva 1990-2000, Pazo de Sástago, Zaragoza, xaneiro 2001.
1, 2 polemizando...Bon dibuxo, inquedantes olladas, Cómix, demasiada información nalgún lenzo, case fotográfico. Clic.
ResponderEliminarApto pra pederastas?
JU
Insisto, amigo. Esa mirada...
ResponderEliminarPero esa é a túa visión , tan válida e respetable como calquera outra.
O que está claro é que non deixa indiferente.
A min ségueme parecendo un pintor extraordinario. Ademáis da súa refinadísima técnica ,cada obra de Valls é un universo en sí mesmo. Ollar as súas pinturas é mergullarse nun pozo inagotable e misterioso de significacións. Provoca no espectador profundas emocións, non todas agradables. As súas inquietantes pinturas descubren revelacións internas. Falo por min, que é de quen podo falar.
Como ves, estou fascinada e seguiréi un tempo afundida neste profundo val de Valls. Que lo sepas.
Unha aperta e grazas por polemizar.