"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 16 de marzo de 2023

Coser e "chorar":


A XOSEFA TOLRA.


https://lalunaquesemeceternamente.blogspot.com/2016/02/xosefa.html?showComment=1455564405911#c1736833510096921514







Tapices de Josefa Tolra

 Nada de coser e cantar.

 Coser e chorar.

 A miña relación co fío e a agulla nunca foi boa.

Foi tráxica , sen eufemismos.


Coa lei Villar Palasín tiñamos   a asignatura de "Labores" en primaria .

Eu odiaba as labores. 

Moito teño pinchado os dedos coa agulla e moito teño chorado con aqueles manteis inacabables  que nunca aprendín a facer. 

Sempre remataba coa labor de punto de cruz manchada de  sangue, suor ou bágoas. A  verdadeira cruz  para mín era todo aquel ritual da costura. Poñíame enferma. 

Odiaba tanto a costura como os cadernos rubio de matemáticas, que de tanto borrar naquel papel tan finiño e macilento sempre conseguía facerlle un burato.

 Trátase do mesmo cole "entrañable" onde a profe Maruja  ( da que xa falei entradas atrás http://lalunaquesemeceternamente.blogspot.com/2023/02/veces-preguntome-de-onde-me-ven-min.html?m=1)  torturaba aos  máis pequenos mentres qué a profe  Manolita maltrataba  e amedrentaba aoa maiores.

Eran os últimos días do franquismo.

Manifestacións de estudantes diante do cole, grises, carreiras,  pelotas de goma,   sereas ouveando na rúa   ....e a profe Manolita ameazando cun futuro moi, moi,  negro , pouco menos que  con outra guerra civil unha vez que Franco morrera.

Eu só quería que rematara aquela tortura da costura.  Que me importaba a mín ese vello agonizante ou a guerra civil?

Moitisimas décadas despois, collo de novo o fío e a agulla , pero desde outro lugar. A ver se consigo contar unha historia .

A  propia costura  formará parte do relato . Pero non a costura como "Diosmanda", senón a costura que eu sei facer... "a lo bestia" . 

Xuntar pintura con fíos de cores e ver que sae da mestura. 

Que en cada puntada vaia unha emoción, unha ferida, unha dor da infancia, un berro da idade adulta, un pensamento.

 Que cada pincelada vaia cargada de revelacións, de posibilidades, de  intuicións sorprendentes.

Arte bruto .

Arte de outsider, marxinal e compulsiva.

 Iso é o que creo que busco.

Se cadra o de ARTE quedaralle grande.

Veremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.