lunes, 6 de febrero de 2023

A profe Maruja


 Ás veces pregúntome de onde me ven a mín esta pel tan fina.

Por que acuso tanto os improperios,  as malas contestacións,  as descalificacións, as malas formas en xeral....?


Se cadra ven de moi atrás. De cando empecei a intuir a maldade humana.

De cando a profe Maruja me propinaba, diariamente , unha malleira despois do almorzo,  porque  eu nunca quería ir ao cole. 

Menuda ironía. Xa nunca saín das aulas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Moitas grazas.