"Amor entre hemisferios", collage de Mónica Montero para "O principiño e o lado dereito do cerebro" |
Necesitamos, entón, unha concepción integradora da educación que persiga a formación do ser humano na súa totalidade. Unha visión holística. Un diálogo real entre os dous modos de percibir a realidade.
Así
como na actualidade a ciencia persigue unha "Teoría do Todo" que de
conta da unidade subxacente a todo o que existe, a educación non debería
quedar ao marxe dun empeño similar, buscando modos de desenvolver
as capacidades totais dos seres humanos.
O noso cerebro é demasiado complexo como para que os educadores deamos as costas a esta cuestión e actuemos como ata agora viñamos facendo, alleos a algo tan esencial.
Nenos/as e adolescentes serán os protagonistas dun mundo novo que xurdirá das cinzas deste, por iso é tan importante a reflexión permanente e responsable. A nosa labor é demasiado transcendente como para deixarnos levar pola inercia dun sistema educativo anacrónico que , para nada, responde ás demandas da nova sociedade. Estamos nun momento en que é preciso reinventar o mundo.
Citando de novo a Paulo Freire :
- A loita xa non se reduce a atrasar o que acontecerá ou asegurar a súa chegada; é preciso reinventar o mundo.
- A educación é indispensable nesa reinvención.
- Xamais aceptei que a práctica educativa debería limitarse só á lectura da palabra, á lectura do texto, senón que debería incluír a lectura do contexto, a lectura do mundo.
- O mundo non é, o mundo está a ser.
- Somos seres condicionados pero non determinados.
- Non hai palabra verdadeira que non sexa unión inquebrantable entre acción e reflexión.
- Dicir a palabra verdadeira é transformar ao mundo.
- Dicir que os homes son persoas e como persoas son libres e non facer nada para lograr concretamente que esta afirmación sexa obxectiva, é unha farsa.
9. O home é home, e o mundo é mundo. Na medida que ambos
os dous se encontran nunha relación permanente, o home transformando ao
mundo sofre os efectos da súa propia transformación.
O Principiño é unha fonte no deserto.
Esta obra saca á superficie , como auga fresca , intuicións e pensamentos sobre a educación que levamos con nós hai tempo. Está cheo de suxestións , de imaxes evocadoras, de pensamentos éticos e filosóficos profundos, que logran calmar a nosa sede e que aportan novos horizontes sobre a nosa función como educadores, que non é outra, que a de sacar ,ou despertar, o potencial do noso alumnado, as súas halbilidades innatas. Non esquezamos que a palabra "educar" proven do latín ex- ducere, "sacar o mellor de cada un", tendo en conta as intelixencias múltiples (Gardner) , determinantes no proceso de aprendizaxe.
Pero é que ademais, como xa anunciabamos nas primeiras entradas (creatividade III), O Principiño serve aos nosos obxectivos en moitos sentidos :
"O pozo no deserto", collage de Monica Montero sobre unha fotografía de Chema Madoz para "O principiño e o lado dereito do cerebro" |
1.Por un lado é un texto abordable en infantil, cunha presentación adecuada por parte da profesora. Se cadra, non tanto a partir da lectura directa , senón , contándolle a historia a través dos debuxos mediante unha presentación ou algunha edición do libro especialmente chamativa.
2. É unha obra interesante para o noso traballo co UNIVERSO na etapa infantil. Ademais de tódalas lecturas de motivación que xa se teñen feito con eles, esta é diferente e moi nutritiva, penso que tamén para os pequechos.
3. Trátase dun clásico literario universal que todo alumno de secundaria debería coñecer , disfrutar, valorar e RE-CREAR.
4. É abordable desde as diferentes
linguas. Por suposto, en francés, que é a lingua orixinal, pero
tamén inglés, castelán ou galego. De feito contamos cunha
exposición bibliográfica desta novela traducida a linguas
distintas.
5. O principiño e a educación en valores.Esta obra non serve simplemente como disparadora de suxestións sobre educación e creatividade. Ademais da súa recoñecida calidade poética , encerra gran cantidade de reflexións éticas e filosóficas, vitales para un desenvolvemento armonioso nun mundo tan complexo como o que vivimos. Este aspecto será explicado na seguinte entrada, antes de mostrarvos A ROSA, os traballos de profesores e alumnos arredor deste tema.
6. Nesta obra vemos reflexada ese mentalidade infantil sen condicionamentos.
É o hemisferio dereito funcionando a pleno rendimento.
Ademais , durante todo o relato hai unha contraposición constante entre o mundo infantil é o adulto que se corresponde coa diferencia entre hemisferio dereito /hemisferio esquerdo :
5. O principiño e a educación en valores.Esta obra non serve simplemente como disparadora de suxestións sobre educación e creatividade. Ademais da súa recoñecida calidade poética , encerra gran cantidade de reflexións éticas e filosóficas, vitales para un desenvolvemento armonioso nun mundo tan complexo como o que vivimos. Este aspecto será explicado na seguinte entrada, antes de mostrarvos A ROSA, os traballos de profesores e alumnos arredor deste tema.
6. Nesta obra vemos reflexada ese mentalidade infantil sen condicionamentos.
É o hemisferio dereito funcionando a pleno rendimento.
Ademais , durante todo o relato hai unha contraposición constante entre o mundo infantil é o adulto que se corresponde coa diferencia entre hemisferio dereito /hemisferio esquerdo :
- NENOS (HD) ADULTOS(HE)
Intuición Lóxica
Imaxinación Verbalidade
Emoción Racionalidade
Creatividade Temporalidade
Espontaneidade Rixidez
No principiño, esta dicotomía atravesa todo o relato:
"Todas as persoas maiores foron ao principio nenos. (Aínda que poucas delas o recordan.) "
Fonte: Dedicatoria
"As persoas maiores nunca son capaces de comprender as cousas por si mesmas, e é moi aburrido para os nenos ter que darlles unha e outra vez explicacións. "
Fonte: Capítulo I
"Cando o misterio é demasiado impresionante, é imposible desobedecer. "
Fonte: Capítulo II
"Camiñando en liña recta non pode chegar un moi lonxe. "
Fonte: Capítulo III
"Pero nós, que comprendemos a vida, burlámonos dos números. "
Fonte: Capítulo IV
"Aos maiores gústanlles as cifras. Cando se lles fala dun novo amigo, xamais preguntan sobre o esencial deste. Nunca se lles ocorre preguntar: " Que ton ten a súa voz? Que xogos prefire? Gústalle coleccionar bolboretas? " Pero en cambio preguntan: " Que idade ten? Cantos irmáns? Canto pesa? Canto gaña o seu pai? " Soamente con estes detalles cren coñecelo. "
Fonte: Capítulo IV.
"Coñezo un planeta no que vive un señor moi colorado. Nunca uliu unha flor. Nunca contemplou unha estrela. Nunca amou a ninguén. Nunca fixo outra cousa que sumas. Pásase o día dicindo, como ti: " Son un home serio! Son un home serio! " o que o fai incharse de orgullo. Pero iso non é un home, é un fungo!. "
"É tan misterioso o país das bágoas... "
Fonte: Capítulo VII
Non se debe nunca escoitar ás flores. Só se lles debe contemplar e ulir. A miña perfumaba o meu planeta, pero eu non era capaz de alegrarme diso. "
Fonte: Capítulo VIII
Débese pedir a cada cual, o que está ao seu alcance realizar. "
Fonte: Capítulo X
"Bebo para esquecer que son un borracho"
"Foi o tempo que pasaches coa túa rosa o que a fixo tan importante. "
"O fermoso do deserto é que en calquera parte esconde un pozo"
"Os homes ocupan moi pouco lugar sobre a Terra... Las persoas maiores non lles crerán, seguramente, pois sempre se imaxinan que ocupan moito sitio. "
Non era máis que un raposo semellante a cen mil outros. Pero eu fíxenlle o meu amigo e agora é único no mundo. "
"Para os vaidosos todos os demais homes son admiradores. "
"Se alguén ama a unha flor da que só existe máis que un exemplar entre os millóns e millóns de estrelas, é bastante para que sexa feliz cando mira ás estrelas. "
"Só se coñecen ben as cousas que se domestican"
Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos".
"Ti non es para min aínda máis que un rapaciño igual a outros cen mil rapaciños. E non te necesito. Tampouco ti tes necesidade de min. Non son para ti máis que un raposo entre outros cen mil raposos semellantes. Pero se me domesticas, entón teremos necesidade o un do outro. Ti serás para min único no mundo, eu serei para ti único no mundo... "
"E cando te consoles (un sempre remata por consolarse) alegraraste de terme coñecido"
" E de que che serve posuír as estrelas?
-Sérveme para ser rico.
-E de que che serve ser rico?
-Sérveme para comprar máis estrelas. "
"Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que algún día, cada un poida encontrar a súa"
"Se vés, por exemplo, ás catro da tarde; dende as tres eu empezaría a ser ditoso".................................................................................."Levan ben présa… —dixo o principiño. ¿Que buscan?—Nin sequera o maquinista o sabe —dixo o gardaagullas."
..........................................................................................—¿Por qué vendes iso? —preguntou o principiño.
—Porque con isto afórrase moito tempo. Os expertos fixeron cálculos e afórranse cincuenta e tres minutos á semana.
—¿E que se fai con eses cincuenta e tres minutos?
—Cada un fai deles o que quere...
“Eu —pensou o principiño— se tivese cincuenta e tres minutos, camiñaría paseniño cara a unha fonte...”
"Unicamente os nenos saben o que buscan. Perden o tempo cunha boneca de trapo que vén a ser o máis importante para eles e se llela quitan, choran... "
De principio a fin, atopámonos con frases e imaxes que, coma lóstregos , iluminan sinteticamente unha gran extensión. Alí, condensada como nunha semente, encérrase unha árbore grandiosa de ideas, unha fonte caudalosa da que moitos podemos beber. O lado dereito é o lóstrego e o esquerdo desenvolve ese raio luminoso intuitivo de xeito analítico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas.