"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

jueves, 26 de abril de 2012

O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO

"Teño razóns ben serias para crer que o planeta de onde viña o principiño é o asteroide B 612. Este asteroide non foi visto máis que unha vez, con axuda do telescopio, por un astrónomo turco, no ano 1909.


O dito astrónomo fixera entón unha gran demostración do seu descobrimento nun Congreso Internacional de Astronomía. Pero ninguén lle creu por culpa do seu vestido. As persoas maiores son así.

Felizmente para o asteroide B 612, un dictador turco impuxo ó seu pobo, baixo pena de morte, a obrigación de se vestir á europea. O astrónomo informou de novo sobre o seu descubrimento, no ano 1920. Ía vestido dun xeito moi elegante e todo o mundo aceptou a súa demostración."

 







  Imos facer un alto nesta viaxe creativa para repostar , recobrar forzas e reanudar o camiño nas próximas entradas . E que mellor que nutrirnos de libros.

Invitámosvos a visitar esta mostra : leva por título "O principiño arredor do mundo"  e trátase dunha colección de principiños, propiedade da  Fundación Carlos Casares .

   O escritor Carlos Casares sentía unha enorme  paixón  polo libro de Saint-Exupéry, polo que el  mesmo traduciu a obra ao noso idioma en 1972. A partir daquel momento foi mercando calquera edición que atopaba nas súas viaxes polo mundo e todas elas forman parte desta interesante exposición.




"A bufanda cósmica", montaxe realizado polo equipo da Biblioteca sobre "Le petit price Leliadourado" de Mónica Montero.

Linguas xermánicas

Linguas túrquicas




Principiño negro e loiro, debuxado por un neno orfo de Burundi.



Linguas romances


Linguas eslavas




Pódese visitar esta mostra na biblioteca do IES Leliadoura ata o 14 de maio.



Fotografías de Camila Mora Torres, 4ºC de ESO.


Kroke - time 4 time










2 comentarios:

  1. Que entrada tan fermosa e entrañable! O Principiño, ese que todos levamos connosco, en múltiples versións... E con cada lectura da historia, cada vez que volve falarnos o Principiño, aprendemos e sentimos algo novo. Mil primaveras máis para o Principiño.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Rosa.
    Como explicarei na próxima entrada, O Principiño é unha fonte inesgotable, un pozo marabilloso cheo de tesouros que calman a nosa sede.

    Coas túas palabras : sempre que un volve a el, aprende e sinte algo novo.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.