(Figura realizada en cartón pedra por Mónica) |
(Cartaz realizado por unha alumna de 4º de diversificación curricular sobre unha ilustración dunha nena de Educación Infantil) |
-->
COMO NACE ESTE
PROXECTO?
Este traballo nace da colaboración
entre profesorado de secundaria e profesorado de educación infantil.
É posible que sexa un dos poucos proxectos no que traballen xuntas
dúas etapas educativas tan diferentes, por iso resulta tan motivante
e enriquecedor.
Non é a primeira vez que docentes do
IES Leliadoura colaboran con profesorado de infantil. Os dous cursos
pasados, dúas compañeiras deste centro coordinaron proxectos como
“atelieristas” seguindo a filosofía das escolas Reggio Emilia.
O primeiro ano centrámonos no MAR “Sentindo o mar” . O curso
seguinte, a TERRA, en concreto ás árbores e os bosques.
Este curso miraremos cara o CEO e
intentaremos abordar o tema partindo dun clásico da literatura
universal: O principiño de Saint-Exupéry. A intención e que todo o
traballo desemboque nunha exposición común durante a semana
cultural que se celebrará no mes de maio no IES Leliadoura.
Non deixa de ser un experimento.
As conclusións chegarán ao final (se
chegan), cando levemos á práctica as nosas intuicións sobre o
tema.
Que precioso, querida tía. Tanto como tú.
ResponderEliminarTe quiere Escarlata Pataca.
Ay qué mona, mi niña! Qué bueno que viniste!.
ResponderEliminarA ti que te gustan tanto los páramos. aquí tienes uno y bien grande.
¿Qué hace Melibea?
Besos, guapetonas.
"¿Me acompañas a los páramos, mi querida sobrina victoriana?"
ResponderEliminar