"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

martes, 3 de enero de 2012

ANÉMONAS







ARTE DA ANÉMONA

Non pensa en ningún príncipe a princesa.
O sol ergueuse polo oeste e péchanse tódalas chagas.
Arte da anémona: errar e traslucir a mímese,
un doado e hostil recoñecerse.
No meu expedicionario corazón non teño almea.
Nin vereas, nin ruinas que acariciarme.
Pero hoxe o sol ergueuse polo oeste
e eu conto de memoria os trazos da paraxe.
Nada hai en min que non vaia presentir cando me ocupe.
Sopro anterior a todo e nunca antes.
Galería de Damas: suicídase esa imaxe.
Todo o que a miña cabeza podía saber de min.
Conxuga ese verbo intransitivo; transita sen pés por esta onda.
Presaxia esta anémona: abrirse a cada araxe
inédita á vez e parte da miña pel.
Que cada esforzosamente trepada certeza se me mate.
Que me sorprenda o escuro.
O inevitable misterio da súa anémona.
O sangue xa velado no teu pulso.

Yolanda Castaño



4 comentarios:

  1. Ola. Canto colorido anemónico. Supoño que están no Museo do Mar da Coruña. Quedan moi ben na cabeceira do blog, mágoa que as letras non se vexan ben. Ciao. JU

    ResponderEliminar
  2. Pois non, querido Watson, están un pouco máis abaixo, no Oceanario lisboeta.

    ResponderEliminar
  3. E por certo, tes razón , estou máis aneMónica que nunca, nun doado e ,ás veces, hostil autorrecoñecemento, igual que elas.

    E alá abaixo, no profundo, como elas, onde "toooodooo es de colorrrrr".

    Máis feliz e inxenua que nunca. Anemónica perdida, sí.

    Larán, larán, larito.

    ResponderEliminar
  4. Gracias Anemónica Cronópica. JU

    ResponderEliminar

Moitas grazas.