"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 13 de noviembre de 2011

O TORDAVISCO



Seguimos coa fauna máxica de Don Álvaro.
Tócalle o turno ao tordavisco :

O TORDAVISCO

"A pedra de afiar as agullas" coa que os xastres burlentos chiflan nos aprendices que saen algo parvos, non é tal pedra senón o ovo dun paxaro que chaman o tordavisco. O tordavisco é coma un galo e non hai quen o mire, que de día é verde de noite é mouro e cando neva branco é. É o máis listo de tódolos paxaros: tanto é así que cando o cuco se ergue, polas mañanciñas de cedo, vai o tordavisco e métese na súa cama, e aproveita que a deixou quente o cuco.

O ovo do tordavisco é verde e fala. Asusta aos nenos que andan velando niñadas nas silveiras, dicindo a grandes berros :

-¿QUEN ANDA AÍ?


Álvaro Cunqueiro; Escola de menciñeiros.

Instrumental - Violines y Arpa






6 comentarios:

  1. que cunqueirana estás, encanta-me, encantam-me estes desenhos que che estám inspirando cunqueiro,
    havia que fazer uma ediçom ilustrada!!!
    saudades de você morena de altas torres...
    só consigo dormir ultimamente, quando acorde chamo-te para matar saudades,
    bicus

    ResponderEliminar
  2. Ola, bonita. Estou cunqueirana ,sí. Máis que nunca. Desta vez, Cunqueiro entroume polos ollos e non poido deixar de debuxalo. Espero que disculpe a miña osadía alí onde esté. Cando remate cos menciñeiros, continuo con Merlín. Iso se ti e máis eu non chegamos en breve a un acordo e colaboramos en algo. Así que retoma a túa novela que eu xa teño os lápices afiados.
    Bicos e ansias de verte tamén.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas, Aldabra.
    Só intento darlle un pouco de cor a novembro, que en estas terras é ben oscuro e , de paso lembrar o paraíso da infancia, onde residen tordaviscos, gatipedros e demáis fauna cunqueirana.
    Bicos tamén para ti.

    ResponderEliminar
  4. ai ai moniquinha, já gostaria eu de escrever essa novela ainda que só fosse porque tu a debuxasses,
    mas vai ter que esperar :-P,
    apertas apertadas

    ResponderEliminar
  5. Querer é poder e ...
    crer e crear e...
    comer e rascar
    (escribir ou pintar)
    todo é empezar.
    Ánimo artista.

    Lin o teu último post, Puzzle (http://geografiaoral.blogs.sapo.pt/), e como sempre, unha delicia.

    Biquiños.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.