Hai moitos anos, antes de que o tempo fora tempo e cando as cousas podían ser ou non ser, unha meiga , chamada Mari Crono ,vivía , casi feliz, nunha antiga e fermosa árbore.
Foi herdanza dos seus antepasados que durante séculos tiveron alí a súa morada. Mari Crono coidaba a súa casa con esmero , gozaba e agradecía todo o que a árbore lle podía ofrecer.
Pero desde nena tiña unha inquedanza: gardaba nunha caixiña nacarada aquel anaco de mapa que a súa nai lle entregara antes de morrer e tódolos días lembraba con emoción as súas últimas palabras:
“Querida filla, teño que partir. Só quero que sempre conserves esta caixiña. A árbore na que ti agora vivirás, oculta un tesouro. Deberás atopar os outros anacos dispersos polo mundo e unha vez que os xuntes poderás conseguir o tesouro e vivirás feliz para sempre”.
Maricrono pediu axuda aos páxaros que voaron por todo o mundo espallando a mensaxe.
Un día , cando a meiga varría as follas secas, chegou pola porta unha morea de personaxes pintorescos . Todos traían unha caixiña de nácar, similar á que Maricrono posuía. Cada un deles tiña un anaco daquel mapa. Decidiron celebrar aquel encontro cunha gran festa baixo a árbore.
De súpeto , todos e todas sentiron nos seus corazóns unha profunda ALEGRÍA.
Non foi necesario abrir as caixiñas e compoñer o plano. Alí estaba o tesouro.
Cando despertaron , o tesouro seguía alí.
Mari Crono seducindo ao príncipe de Bichimelandia. |
A meiga Mari Crono despois do bico desenfeitizante que a converte en fada |
A duquesa de "Míramenonmetoques" charlando amistosamente co mago de Xerusalén. No espello, as fadas Coralia e Maruxa , unidas polo reflexo, observan a escena. |
O cabaleiro "Ferdinand Corazón de León" acariciando ¿amorosamente? ao
meigo de Xerusalen. Desde o espello, unha mirada baixo un sombreiro
observa todo. |
. |
As fadas Maruxa e Coralia a piques de saír voando entre libélulas e volvoretas . En direccións opostas pero cara a un único destino: ELAS mesmas. |
O mago de Xerusalén namorando á nínfula dos bosques. |
A nínfula dos bosques, despois de aceptar as proposicións deshonestas do meigo de Xerusalén. "As rexoubonas" seguen observando desde o outro lado do espello. |
A autora espiritual deste relato en pleno proceso creativo. |
Cando despertaron, o tesouro aínda estaba alí. |
"Las huellas de las personas que caminaron juntas nunca se borran" Proverbio congo.
ResponderEliminar"Cada uno de nosotros posee en sí mismo un tesoro, una zona de su ser completamente equilibrada y fuerte. En ciertos momentos, esta zona se deja sentir a través de un bienestar ilógico, que no está ligado a ningún acontecimiento en particular. No se trata de un bienestar excitado, rayano en la euforia, sino de un estado profundo y estable: una valiosa joya que todo ser humano posee. Y el destino de cada uno de nosotros es reencontrarla, mantener el contacto con ella, y permanecer centrado como un hermoso árbol."
ResponderEliminarA memoria é selectiva e caprichosa. Os tesouros son pescudas absolutaMENTE solitarias. Buscade e atoparedes. SHhhhhhhh. JU
ResponderEliminar