![]() |
| Minotauro de Remedios Varo, 1959 |
![]() |
| Leonora Carrington, La hija del minotauro |
![]() |
Minotauros e labirintos de servidora, que buscaba ao monstro no 2019, xunto coas miñas compas do Colectivo Reviravolta. |
"Antón, Antón,
no vayas al Son,
porque en la alameda,
dicen que hay un hombrón,
con un camisón, que
a las niñas lleva."
Cantaban esta canción na miña familia cando viñamos ao Son de vacacións.
De nena pensaba que o hombrón do camisón vivía na marabillosa casa de Pepita Formoso, agora xa só na memoria..
Mensaxe de Leonora desde o lado de alá
Todos e todas somos tamén OS e AS que se foron.
Claro.
Levámolos /las dentro, enriba , ás costas...
Forman parte de nós, do noso torrente sanguíneo.
Pero a dor é nosa. Non lles pertence.
A dor pola perda forma parte do noso delirio egóico, do noso exhibicionismo emocional..."miracomosufromiracomochoro".
ELES , ELAS están ben.
Etéreos/as, disoltos/as no aire que respiramos.
Deixémolos en paz.!
Deberíamos coidar máis dos vivos.
Eles (elas) si que nos necesitan.
A pesar da profe Maruja e, se cadra, grazas a ela, porque serviu de antimodelo docente.
O meu obxectivo: non parecerme nunca á profe Maruja.
E xa levo máis de 33 anos nesta profesión.
Feliz durante todos estes anos porque é un traballo apaixoante.
Desempeñei algún cargo directivo
e sempre intentei implicarme ao cen por cen no meu traballo, máis alá do que supón cumplir un horario.
Tiven a sorte de traballar con profesionais extraordinarios . Estes si que me serviron de modelo. Moito teño aprendido deles e aínda me queda por aprender.
Pasaron polas miñas mans varias xeracións de alumn@s. A algúns creo que lles gustei un pouquechiño e a outros estou segura de que nada de nada E isto é algo que tamén leva implícito esta profesión. Son a mesma sempre pero é o que se coñece como "afinidades electivas".Non se pode pretender gustar a todo o mundo (esa necesidade é propia de adolescentes e unha xa ten unha idade).
Sempre tiven especial sensibilidade coa alumnado con problemas de aprendizaxe, entre outras cousas porque é un asunto que na nosa familia tocou de cheo. A miña filla maior cursou un programa de diversificación curricular . Iso salvouna do mal de escola , acoso escolar incluído, e reconciliuna un pouco coa aprendizaxe, aínda que as súas dificultades eran, e continúan sendo, moi importantes.
Nuestros "malos alumnos" (de los que se dice que no tienen porvenir) nunca van solos a la escuela. Lo que entra en clase es una cebolla: unas capas de pesadumbre, de miedo, de inquietud, de rencor, de cólera, de deseos insatisfechos, de furiosas renuncias acumuladas sobre un fondo de vergonzoso pasado, de presente amenazador, de futuro condenado. Miradlos, aquí llegan, con el cuerpo a medio hacer y su familia a cuestas en la mochila. En realidad, la clase sólo puede empezar cuando dejan el fardo en el suelo y la cebolla ha sido pelada. Es difícil de explicar, pero a menudo solo basta una mirada, una palabra amable, una frase de adulto confiado, claro y estable, para disolver esos pesares, aliviar esos espíritus, instalarlos en un presente rigurosamente indicativo.
Daniel Pennac. "Mal de escuela". Mondador
Penso que a profe Maruja era moiii desgraciada, por iso era tan mala.
Era unha muller moi maior, moi coxa e moiiii amargada.
Vivía soa e gozaba destrozando a infancia dos pequech@s pre-escolares.
Falo dos estertores do franquismo . Os sádicos métodos pedagóxicos da profe Maruja eran normais daquela, e se cadra, ata aplaudidos: "laletraconsangrentra".
Lembro o sabor da boliña de anís que nos daba despois das malleiras.
Nunca esquecerei aquel sabor: unha mestura de anís, azúcre, bágoas saladas, mocos, saloucos e moita angustia infantil.
Cando a xente non é feliz agroma a maldade en tódalas súas formas:
- Agresividade verbal e física.
- Falta de empatía e pracer en inflixir dano.
- Prepotencia.
- Necesidade de facer de menos aos demais.
- Tendencia ao rexoubeo constante e vixianza das vidas alleas a través das redes (patio de veciñas contemporáneo).
-Necesidade de control das vidas dos outros, real ou virtualmente.
-Envexa podre.
- Gosto por burlarse despiadadamente dos demais.
- Inclinación a sátira cruel .
-Desasosego e mala baba.
- Turbiedade.
-Egoismo patolóxico.
-Arrogancia.
-Cobiza sen límite....
E un longo etcétera de maldades sen catalogar.
Cadaquén que se mire no espello .
Nunca minte.
Por que acuso tanto os improperios, as malas contestacións, as descalificacións, as malas formas en xeral....?
Se cadra ven de moi atrás. De cando empecei a intuir a maldade humana.
De cando a profe Maruja me propinaba, diariamente , unha malleira despois do almorzo, porque eu nunca quería ir ao cole.
Menuda ironía. Xa nunca saín das aulas.
En gramática, chamamos modalidade oracional á actitude do falante ante aquelo que enuncia.
Por situacións que estou observando estes días, e sen pretender pontificar, creo que cheguei a unha conclusión.
EXISTEN DÚAS CLASES DE PERSOAS:
a) AS ASERTIVAS
b) AS DUBITATIVAS.
AS primeiras, en xeral, son arrogantes, prepotentes e maleducadas . "TodoLoSabenYtodo lo entienden" e onde elas están non medra a herba.
Pola contra, as segundas, son correctas, amables e empáticas.
Saben o delicadas que son as relacións humanas e procuran non ferir nin comportarse como elefantes nunha cacharrería.
Por desgraza, este mundo é dos asertivos/as.