"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

domingo, 13 de mayo de 2012

CREATIVIDADE IX. A ROSA. PRÍNCIPES E PRINCESAS I

"Hai un "principiño" esperando no ceo. Gustaríalle vir e coñecernos, xa que cre ser capaz de facernos estoupar a mente. Hai un "principiño" esperando no ceo. Dixo que non nola faría estoupar porque considera que iso é todo o que vale a pena. Díxome que deixaramos aos nen@s perder a cabeza, que lles permitiramos usar a imaxinación e que os deixaramos bailar" 
David Bowie - Starman 


 E a continuación, as obras dos príncipes e princesas do IES Leliadoura. 

Profesores /as e alumnos/as sumáronse a esta aventura . 
Todo este traballo  desembocará nunha exposición interestelar, que será inaugurada o día 21 deste mes na Sala de Usos Múltiples. 
Nas próximas entradas irei mostrando estes resultados, pouco a pouco.


 INGLÉS 

As seguintes actividades interactivas foron realizadas co programa Ardora polo profesor  Bautista Ramos Saíñas.
Clica na imaxe inferior e nunha ventá nova ábrese a páxina con actividades para o alumnado de inglés. Para poder visualizar ou levar a cabo estas actividades, é preciso ter instalada e actualizada a consola de Java.





A seguinte actividade é un powerpoint interactivo. Clicando na imaxe inferior pódese descargar

  EDUCACIÓN PLÁSTICA  E VISUAL A profesora Pura Villar Martínez, é a autora das seguintes presentacións. A primeira , pretende motivar aos rapaces e rapazas antes de iniciar as súas creacións. Fai un percorrido artístico,  desde El Bosco a Arcimboldo, pero facendo fincapé no surrealismo. Unha viaxe por obras onde a imaxinación, os soños ou o inconsciente teñen especial protagonismo.Na segunda presentación, Pura invítalles a liberar a súa imaxinación  para posteriormente CREAR todas as realidades que podería conter a silueta dun sombreiro, todo aquelo que poderíamos agochar dentro del, ademais dun elefante e unha boa.Velaquí os resultados.    O Principiño. Presentación de motivación




ISTO NON É UN SOMBREIRO.












 

Moitas grazas a Bautista Ramos, que colaborou na elaboración desta entrada.


. - Starman - David Bowie





Didn't know what time it was and the lights were low
I leaned back on my radio
Some cat was layin' down some rock 'n' roll 'lotta soul, he said
Then the loud sound did seem to fade
Came back like a slow voice on a wave of phase
That weren't no D.J. that was hazy cosmic jive

(CHORUS)

There's a starman waiting in the sky
He'd like to come and meet us
But he thinks he'd blow our minds
There's a starman waiting in the sky
He's told us not to blow it
Cause he knows it's all worthwhile
He told me:
Let the children lose it
Let the children use it
Let all the children boogie

I had to phone someone so I picked on you

Hey, that's far out so you heard him too!
Switch on the TV we may pick him up on channel two
Look out your window I can see his light
If we can sparkle he may land tonight
Don't tell your poppa or he'll get us locked up in fright

CHORUS (x2)


La, la, la, la, la, la, la, la (repeat)

CREATIVIDADE VIII. A ROSA : PRINCIPIÑOS E PRINCESIÑAS II


 





















































Alicia  pon  en contacto aos "miniartistas" co neno das estrelas.
Coñecen ao principiño a través dos debuxos de Saint-Exupéry e as historias que a súa profe lles conta: os baobabs, a rosa, os volcáns, o raposo, o elefante e a boa...

 E isto é o que eles crean:





















Bach, Johann Sebastian - Bach, Johann Sebastian - Invention No. 10 in G Major for harpsichord (BWV 781) (Piano by Glenn Gould

sábado, 5 de mayo de 2012

CREATIVIDADE VI. O PRINCIPIÑO A EDUCACIÓN EN VALORES



"Educar para unha nova sociedade", collage de Mónica Montero para "O principiño e o lado dereito do cerebro"


    “O máis difícil é ver o obvio”

A mirada allea é capaz de sinalarnos aquelo que, a pesar de ser evidente,  está velado polo condicionamento no que a sociedade nos somerxe. Así O principiño , lévanos ao principio, a mirada infantil , que foi nosa,  pero que perdemos no proceso de inmersión neste sistema , no que a cobiza, o egoismo, a insolidariedade, a vaidade  e a superficialidade,  son os valores dominantes.
Neste momento de profunda crise cobran máis forza as palabras de Sábato sobre a educación:


    "Es urgente encarar una educación diferente, enseñar que vivimos en una tierra que debemos cuidar, que dependemos del agua, del aire, de los árboles, de los pájaros y de todos los seres vivientes, y que cualquier daño que hagamos a este universo grandioso perjudicará la vida futura y puede llegar a destruirla. ¡Lo que podría ser la enseñanza si en lugar de inyectar una cantidad de informaciones que nunca nadie ha retenido, se la vinculara con la lucha de las especies, con la urgente necesidad de cuidar los mares y los océanos! (...)"

"Creo que la educación que damos a los hijos procrea el mal porque lo enseña como bien: la piedra angular de nuestra educación se asienta sobre el individualismo y la competencia. Genera una gran confusión enseñarles cristianismo y competencia, individualismo y bien común, y darles largas peroratas sobre la solidaridad que se contradicen con la desenfrenada búsqueda del éxito individual para la cual se los prepara. Necesitamos escuelas que favorezcan el equilibrio entre la iniciativa individual y el trabajo en equipo, que condenen el feroz individualismo que parece ser la preparación para el sombrío Leviatán de Hobbes cuando dice que el hombre es el lobo del hombre. "
"Tenemos que reaprender lo que es gozar. Estamos tan desorientados que creemos que gozar es ir de compras. Un lujo verdadero es un encuentro humano, un momento de silencio ante la creación, el gozo de una obra de arte o de un trabajo bien hecho. Gozos verdaderos son aquellos que embargan el alma de gratitud y nos predisponen al amor. La sabiduría que los muchos años me han traído y la cercanía a la muerte me enseñaron a reconocer la mayor de las alegrías en la vida que nos inunda, aunque aquélla no es posible si la humanidad soporta sufrimientos atroces y pasa hambre. "            
"La educación no está independizada del poder, y por lo tanto, encauza su tarea hacia la formación de gente adecuada a las demandas del sistema. Esto es en un sentido inevitable, porque de lo contrario formaría a magníficos “desocupados”, magníficos hombres y mujeres “excluidos” del mundo del trabajo. Pero si esto no se contrabalancea con una educación que muestre lo que está pasando y, a la vez, promueva al desarrollo de las facultades que están deteriorándose, lo perdido será el ser humano. Y sólo habrá privilegiados que puedan a la vez comer, tener una casa y un mínimo de posibilidades económicas, y ser personas espiritualmente cultivadas y valiosas. Va a ser difícil encontrar la manera que permita a los hombres acceder a buenos trabajos y a una vida que cuente con la posibilidad de crear o realizar actividades propias del espíritu ."   
E. Sábato ; La resistencia

O 30 de decembro de 1935 o avión co que Saint-Exupéry pretendía facer o traxecto París-Saigón en tempo récord , estrelándose no deserto de Libia. O escritor e o seu mecánico,Prévot, encontráronse vivos de milagre, cun avión esnaquizado, desorientados e case sen auga nin comida. Tras uns días de espera, emprenderon a marcha en busca de axuda.Á cuarta noite e a 1.600 quilómetros de calquera poboación,  encontraron o beduíno que foi a súa salvación.
Sábato fala tamén deste episodio vivido por Saint-Exupéry, que seguramente inspirou O principiño . Con el pretende subliñar a importancia do outro, o necesario diálogo e  encontro cos demais. Un home illado non é apenas nada . A educación debe ser capaz de revelar a imbricación do individuo cos demais, os lazos que nos conectan cos outros e nos sosteñen.



El árabe nos ha mirado, simplemente. Nos ha empujado con las manos en nuestros hombros, y hemos obedecido. Nos hemos tendido. No hay aquí ni razas, ni lenguas, ni divisiones. Hay ese nómada pobre que ha posado         sobre nuestros hombros manos de arcángel.
En cuanto a ti que nos salvas, beduino de Libia, te borrarás, sin embargo, para siempre de mi memoria. No me acordaré nunca de tu rostro. Tú eres el Hombre y te me aparecerás con la cara de todos los hombres a la vez. Nunca fijaste la mirada para examinamos, y nos has reconocido.Eres el hermano bien amado. Y, a mi vez, yo te reconoceré en todos los hombres. Te me aparecerás bañado de nobleza y de benevolencia, gran Señor que tienes el poder de dar de beber. Todos mis amigos,todos mis enemigos en ti marchan hacia mí, y no tengo ya un solo enemigo en el mundo.



E agora si . A partir de aquí ven o importante : A ROSA. A flor e o froito desta aventura : o traballo de profesores/as  e alumnos/as e  a súa RE-CREACIÓN desta obra. 
Irei colgando fotos e vídeos paulatinamente , a medida que estas creacións vaian saíndo do forno. Así que ,  moita paciencia . Os barnices e as pinturas aínda non están secos. Os actores e actrices preparan os últimos ensaios. 
Deámoslle tempo . 
agardo que o disfrutedes tanto coma min.


Radio Sinfonie Orchester Frankfurt-dir. D. Kitaenko - Shostakovich - Suite n.2 per jazz orchestra - VII.Waltz2




"¿Por qué a mí se me ha caído un asteroide en el jardín?,  Asteroide B 612, figura en cartón pedra realizada por Iago Alonso de 4º C de ESO e Mónica Montero para "O principiño e o lado dereito do cerebro".

martes, 1 de mayo de 2012

CREATIVIDADE V . EDUCACIÓN HOLÍSTICA : DIÁLOGO ENTRE OS DOUS HEMISFERIOS.

"O fermoso do deserto é que en calquera parte esconde un pozo"
"Amor entre hemisferios", collage  de Mónica Montero para "O principiño e o lado dereito do cerebro"
"De la armoniosa unión del pensamiento lógico y del pensamiento poético surgirá el hombre nuevo". (Ernesto Sábato)

 Necesitamos, entón,  unha concepción integradora da educación que persiga a formación do ser humano na súa totalidade. Unha visión holística. Un diálogo real entre os dous modos de percibir a realidade.

 Así como  na actualidade a ciencia persigue unha "Teoría do Todo" que de conta da unidade subxacente a todo o que existe, a educación non debería quedar ao marxe dun empeño similar, buscando modos de desenvolver as capacidades totais dos seres humanos.

O noso cerebro é demasiado complexo como para que os educadores deamos as costas a esta cuestión e actuemos  como ata agora viñamos facendo, alleos a algo tan esencial.

Nenos/as e adolescentes serán os protagonistas dun mundo novo que  xurdirá das cinzas deste,   por iso é tan importante a reflexión permanente e responsable. A nosa labor é demasiado transcendente como para deixarnos levar pola inercia dun sistema educativo anacrónico que , para nada,  responde ás demandas da nova sociedade. Estamos nun momento en que é preciso reinventar o mundo.

 Citando de novo a Paulo Freire :


    1. A loita xa non se reduce a atrasar o que acontecerá ou asegurar a súa chegada; é preciso reinventar o mundo.
    2. A educación é indispensable nesa reinvención.
    3. Xamais aceptei que a práctica educativa debería limitarse só á lectura da palabra, á lectura do texto, senón que debería incluír a lectura do contexto, a lectura do mundo.
    4. O mundo non é, o mundo está a ser.
    5. Somos seres condicionados pero non determinados.
    6. Non hai palabra verdadeira que non sexa unión inquebrantable entre acción e reflexión.
    7. Dicir a palabra verdadeira é transformar ao mundo.
    8. Dicir que os homes son persoas e como persoas son libres e non facer nada para lograr concretamente que esta afirmación sexa obxectiva, é unha farsa.
        9.  O home é home, e o mundo é mundo. Na medida que ambos os dous se encontran nunha relación permanente, o home transformando ao mundo sofre os efectos da súa propia transformación.  
     
    • "Equilibrio", collage de Mónica Montero para "O principiño e o lado dereito do cerebro"




      O Principiño é unha fonte no deserto.
    Esta obra saca á superficie , como auga fresca , intuicións e pensamentos sobre a educación que levamos con nós hai tempo. Está cheo de suxestións , de imaxes evocadoras, de pensamentos éticos e filosóficos profundos, que logran calmar a nosa sede e  que aportan novos horizontes sobre a nosa función como educadores, que non é outra, que a de sacar ,ou despertar,  o potencial do noso alumnado, as súas halbilidades innatas. Non esquezamos que a palabra "educar" proven do latín ex- ducere, "sacar o mellor de cada un", tendo en conta as intelixencias múltiples (Gardner) , determinantes no proceso de aprendizaxe.

    Pero é que ademais, como xa anunciabamos nas primeiras entradas (creatividade III), O Principiño serve aos nosos obxectivos en moitos sentidos :

    "O pozo no deserto", collage de Monica Montero  sobre unha fotografía de Chema Madoz para "O principiño e o lado dereito do cerebro"




    1.Por un lado é un texto abordable en infantil, cunha presentación adecuada por parte da profesora. Se cadra, non tanto a partir da lectura directa , senón , contándolle a historia a través dos debuxos mediante unha presentación ou algunha edición do libro especialmente chamativa.

    2. É unha obra interesante para o noso traballo co UNIVERSO na etapa infantil. Ademais de tódalas lecturas de motivación que xa se teñen feito con eles, esta é diferente e moi nutritiva, penso que tamén para os pequechos.

    3. Trátase dun clásico literario universal que todo alumno de secundaria debería coñecer , disfrutar, valorar e RE-CREAR.

    4. É abordable desde as diferentes linguas. Por suposto, en francés, que é a lingua orixinal, pero tamén inglés, castelán ou galego. De feito contamos cunha exposición bibliográfica desta novela traducida a linguas distintas.

    5. O principiño e a educación en valores.Esta obra non serve simplemente como disparadora de suxestións sobre educación e creatividade. Ademais da súa recoñecida calidade poética , encerra gran cantidade de reflexións éticas e filosóficas, vitales para un desenvolvemento armonioso nun mundo tan complexo como o que vivimos. Este aspecto será explicado na seguinte entrada, antes de mostrarvos A ROSA, os traballos de profesores e alumnos arredor deste tema.

    6.  Nesta obra vemos reflexada ese mentalidade infantil sen condicionamentos.
     É o hemisferio dereito funcionando a pleno rendimento.

    Ademais , durante todo o relato hai unha contraposición constante entre o mundo infantil é o adulto que se corresponde coa diferencia entre hemisferio dereito /hemisferio esquerdo :
  1. NENOS (HD)                                                                                                  ADULTOS(HE)






















    Intuición                                                                                                                  Lóxica
    Imaxinación                                                                                                            Verbalidade
    Emoción                                                                                                                  Racionalidade 
    Creatividade                                                                                                           Temporalidade
    Espontaneidade                                                                                                       Rixidez
                                                                                              


     No principiño, esta dicotomía atravesa todo o relato:



    "Todas as persoas maiores foron ao principio nenos. (Aínda que poucas delas o recordan.) "
    Fonte: Dedicatoria

    "As persoas maiores nunca son capaces de comprender as cousas por si mesmas, e é moi aburrido para os nenos ter que darlles unha e outra vez explicacións. "
    Fonte: Capítulo I


    "Cando o misterio é demasiado impresionante, é imposible desobedecer. "
    Fonte: Capítulo II

    "Camiñando en liña recta non pode chegar un moi lonxe. "
    Fonte: Capítulo III

    "Pero nós, que comprendemos a vida, burlámonos dos números. "
    Fonte: Capítulo IV

    "Aos maiores gústanlles as cifras. Cando se lles fala dun novo amigo, xamais preguntan sobre o esencial deste. Nunca se lles ocorre preguntar: " Que ton ten a súa voz? Que xogos prefire? Gústalle coleccionar bolboretas? " Pero en cambio preguntan: " Que idade ten? Cantos irmáns? Canto pesa? Canto gaña o seu pai? " Soamente con estes detalles cren coñecelo. "
    Fonte: Capítulo IV.


    "Coñezo un planeta no que vive un señor moi colorado. Nunca uliu unha flor. Nunca contemplou unha estrela. Nunca amou a ninguén. Nunca fixo outra cousa que sumas. Pásase o día dicindo, como ti: " Son un home serio! Son un home serio! " o que o fai incharse de orgullo. Pero iso non é un home, é un fungo!. "

    "É tan misterioso o país das bágoas... "
    Fonte: Capítulo VII

    Non se debe nunca escoitar ás flores. Só se lles debe contemplar e ulir. A miña perfumaba o meu planeta, pero eu non era capaz de alegrarme diso. "
    Fonte: Capítulo VIII



    Débese pedir a cada cual, o que está ao seu alcance realizar. "
    Fonte: Capítulo X

    "Bebo para esquecer que son un borracho"

    "Foi o tempo que pasaches coa túa rosa o que a fixo tan importante. "

    "O fermoso do deserto é que en calquera parte esconde un pozo"

    "Os homes ocupan moi pouco lugar sobre a Terra... Las persoas maiores non lles crerán, seguramente, pois sempre se imaxinan que ocupan moito sitio. "

    Non era máis que un raposo semellante a cen mil outros. Pero eu fíxenlle o meu amigo e agora é único no mundo. "

    "Para os vaidosos todos os demais homes son admiradores. "

    "Se alguén ama a unha flor da que só existe máis que un exemplar entre os millóns e millóns de estrelas, é bastante para que sexa feliz cando mira ás estrelas. "

    "Só se coñecen ben as cousas que se domestican"

    Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos".

    "Ti non es para min aínda máis que un rapaciño igual a outros cen mil rapaciños. E non te necesito. Tampouco ti tes necesidade de min. Non son para ti máis que un raposo entre outros cen mil raposos semellantes. Pero se me domesticas, entón teremos necesidade o un do outro. Ti serás para min único no mundo, eu serei para ti único no mundo... "

    "E cando te consoles (un sempre remata por consolarse) alegraraste de terme coñecido"

    " E de que che serve posuír as estrelas?
    -Sérveme para ser rico.
    -E de que che serve ser rico?
    -Sérveme para comprar máis estrelas. "


    "Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que algún día, cada un poida encontrar a súa"

    "Se vés, por exemplo, ás catro da tarde; dende as tres eu empezaría a ser ditoso"
    ..................................................................................
    "Levan ben présa… —dixo o principiño. ¿Que buscan?

    —Nin sequera o maquinista o sabe —dixo o gardaagullas."

    ..........................................................................................
    —¿Por qué vendes iso? —preguntou o principiño.

    —Porque con isto afórrase moito tempo. Os expertos fixeron cálculos e afórranse cincuenta e tres minutos á semana.

    —¿E que se fai con eses cincuenta e tres minutos?

    —Cada un fai deles o que quere...

    “Eu —pensou o principiño— se tivese cincuenta e tres minutos, camiñaría paseniño cara a unha fonte...”

    "Unicamente os nenos saben o que buscan. Perden o tempo cunha boneca de trapo que vén a ser o máis importante para eles e se llela quitan, choran... "


     De principio a fin, atopámonos con frases e imaxes que, coma lóstregos , iluminan sinteticamente unha gran extensión. Alí, condensada como nunha semente, encérrase unha árbore grandiosa de ideas, unha fonte caudalosa da que moitos podemos beber. O lado dereito é o lóstrego e o esquerdo desenvolve ese raio luminoso intuitivo de xeito analítico.