"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung
“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot
C.G.Jung
“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot
miércoles, 2 de abril de 2014
SÉPTIMA PORTA : A MULLER SALVAXE
"A angustiosa realidade é que a vida cotiá do ser humano áchase atrapada nun complexo inexorable de opostos -día e noite, nacemento e morte, felicidade e desdita, ben e mal.
Nin sequera estamos seguros de que un deles poida subsistir sen o outro, de que o ben poida superar ao mal ou a alegría derrotar o sufrimento.
A vida é un continuo campo de batalla. Sempre o foi e sempre o será. Se non fose así nosa existencia chegaría á súa fin. "
C. G. Jung
Extraer as partes de Barba Azul é como extraer as partes medicinais do beleño ou as substancias curativas da beladona e utilizalas coidadosamente para sandar e axudar. Entón as cinzas que queden do depredador volverán cobrar vida, pero cun tamaño moito máis reducido, moito máis identificable e con moito menos poder para enganar e destruír, pois xa se terán extraido moitos dos seus poderes destrutores e estes estarán dirixidos ao útil e o pertinente.
Barba Azul é un dos moitos contos didácticos que ao meu xuízo son importantes para as mulleres que son novas, non necesariamente en anos, nalgún lugar das súas mentes. É un conto que xira en torno á inxenuidade psíquica, pero tamén en torno ao valoroso quebrantamento da prohibición de "mirar". É un conto que xira en torno á descuartización do depredador natural da psique e á extracción da súa enerxía.
Creo que o propósito do conto é o de poñer novamente en marcha a vida interior. O conto de Barba Azul é unha medicina que hai que utilizar cando a vida interior dunha muller está atemorizada, paralizada ou acurralada. As solucións do conto reducen o temor, administran dose de adrenalina nos momentos oportunos e -o máis importante para o eu inxenuo atrapado- abren portas nunhas paredes que previamente estaban en branco.
É posible en suma que o conto de Barba Azul faga aflorar á conciencia a chave psíquica, é dicir, a capacidade de formular calquera tipo de pregunta acerca da propia persoa, a propia familia, as propias actividades e a vida circundante. Entón, como unha criatura salvaxe que olfactea unha cousa e a osma por arriba, por abaixo e por todas as partes para descubrir o que é, a muller é libre de buscar as verdadeiras respostas ás súas máis profundas e escuras preguntas. E é libre de arrancarlle os poderes á cousa que a atacou e de transformar estes poderes que antes se utilizaran contra ela no seu propio beneficio. Iso é a muller salvaxe.
C. Pínkola Estés : Mulleres que corren con lobos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Moitas grazas.