"A imaxe é o vehículo da emoción, é a súa enerxía, e con ela facilítase o acceso á consciencia, é dicir, que toda emoción é factible de transformarse nunha imaxe. Toda imaxe conforma un acto creativo e é por iso que o inconsciente fundamenta a creatividade"
C.G.Jung

“Desde el punto de vista espiritual, el viaje no es nunca la mera traslación en el espacio, sino la tensión de búsqueda y de cambio que determina el movimiento y la experiencia que se deriva del mismo”.
“En consecuencia
estudiar, investigar, buscar, vivir intensamente lo nuevo y profundo, son modalidades de viajar o, si se quiere, equivalentes espirituales y simbólicos del viaje”.
J.E. Cirlot

martes, 17 de diciembre de 2013

DESPEDIDAS E AGASALLOS

Con agradecemento e cariño para  todos aqueles/as que  A VIDA, esa gran alquimista,  trouxo , levou e traerá ao meu encontro.




 "O encontro de dúas persoas é como o encontro de dúas substancias químicas. Se algo sucede, ambas as dúas sofren cambios. "

- C. G. Jung





 I

ELA A MIN AGASALLOUME CON FLORES
EU A ELA CON BOLBORETAS
ERA A NOSA DESPEDIDA
AS SÚAS FLORES AÍNDA ARRECENDEN...

QUE AS MIÑAS BOLBORETAS ENCHAN DE PRODIXIOS  E FELICIDADE A SÚA LONGA VIAXE .

II

ENTRE NOLAS DÚAS NON HOUBO SEQUERA DESPEDIDA.
TAMPOUCO AGASALLOS.
TAN SÓ UN VENTO XÉLIDO.
SECO.
NON HABÍA AMOR.
SE CADRA, NON O SUFICIENTE.




 III

EL A MIN AGASALLOUME CUNHA CAIXA CHEA DE ESCURIDADE
EU A ÉL CO ESPELLO DE NUNCA-XAMÁIS
ESA FOI A NOSA DESPEDIDA.
CO TEMPO A CAIXA ESCURA REFLEXA A LUZ COMO SE FORA UN ESPELLO.




2 comentarios:

  1. Ola.

    Agardo que este post non sexa un aviso para navegantes, de que vas a deixar de iluminarnos a vida co blog. Nós tamén vos queremos.

    Anuncio: Hoxe día de lúa chea, nace un novo blog: toluraecordura.blogspot.com, co-titulado: Entre pitos e frautas.

    Bicos e saúdos. JU

    ResponderEliminar
  2. Moito se agradecen, nestes tempos desamorados, esas expresións de afecto. O mesmo dicimos, of course.

    E non. Isto non é unha despedida. Non caerá ese breva, polo momento .

    A vida . Ela si que é unha despedida.

    Esta lúa, ademais de ser un caderno de anotar a vida, ten unha función hixiénica, terapéutica.
    Funciona como unha lavadora e, de cando en vez, preciso lavar a roupa. Experiencias, emocións, sentimentos xa pasados , e se cadra algo suxos co paso do tempo e o abandono, que é preciso limpar , planchar e arrombar nos armarios da memoria.

    Neste caso despídome de tres seres aos que lle agradezo de corazón o seu paso pola miña vida ou pola miña imaxinación, que para min ven sendo case o mesmo .

    Agora xa non están pero deixaron tras de sí unha estela luminosa por todo o que aprendín deles e , tamén , a pesar deles.

    Xa hai tempo que os deixei atrás pero ás veces o vivido volve a min , como as ondas á beira das praias. Supoño que forma parte do meu ser interno : todo en min renace eternamente. Tamén os sentimentos. Os luminosos e os máis escuros.

    Parabéns polo novo espazo. Estase ben alí.

    ResponderEliminar

Moitas grazas.